APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 9 de diciembre de 2012

"LA FELICIDAD"


"Si lloras por haber perdido el Sol, las lágrimas no te dejarán ver las estrellas". Rabindranath Tagore
"La felicidad no es hacer lo que uno quiere, sino querer lo que uno hace". J.P. Sartre

 

A busca da felicidade é a motivación que dirixe á maioría das nosas accións. Entre os elementos que contribúen á sensación de felicidade podemos citar: a saúde, o amor, o prestixio social, a fé relixiosa, o diñeiro, o poder, a fama, a arte, etc. Pero ningún destes elementos é totalmente esencial e non hai fórmulas máxicas de felicidade.

Desde os Vedas, nos que se dí que Brahma se revela na ledicicia e na felicidade, coas súas influencias en  Lao-Tsé e no Budismo, pasando polos pensadores Presocráticos; por Sócrates, Platón e Aristóteles e a influencia que estes deixaron no pensamento Xudeo-cristiá e rematando coas persoas que máis influiron no pensamento contemporáneo e nas artes: Schopenhauer, Freud, Nietzsche e Heidegger, unha das teses centrais dos seus argumentos foi a felicidade.

Para Lao-Tsé, a felicidade acompaña moi de preto á desgracia. O Budismo ofrécenos a renuncia para liberarnos do sufrimento. Para Parménides a felicidade é a contemplación do Ser. O pensamento Xudeo-cristiá pídenos que escoitemos a Deus e o sigamos. Heráclito, Sócrates, Platón e Aristóteles dinnos que non hai felicidade sen virtude. Para Schopenhauer e Freud, inspirados nos Vedas, a felicidade consiste en evitar a dor e o sufrimento. E por último, Nietztsche ofrécenos a felicidade como pracer por sentirse vivos e Epicuro invítanos a vivir do pracer suprimindo o temor e a dor, dinos que o home debe coñecerse e reducir as "verdadeiras necesidades" para non sucumbir ao desexo do que non ten.

Uns propoñen ser virtuoso, é dicir, ter por hábito obrar ben, pero o ben e o mal pertencen ao ámbito da moral e a moral obedece ós costumes e ás normas de conducta dunha cultura, polo que un ben universal como a felicidade non debería reducirse a un privilexio duns poucos.

O Bhagavad Gita, o Xudeo-cristianismo e Parménides aos que podemos xuntar Schopenhauer, Freud e Heidegger,  sitúana no alén, no trascendente, e deste xeito, recoméndannos renunciar ao corpo, á paixón e ao desexo; debemos ser só psique (alma) e voltar á esencia do Ser. Epicuro e Nietzsche ofrécennos vivir do pracer (satisfacción), o primeiro, renunciando ao temor e á dor, e o segundo, aceptando que só somos vida, non hai trascendente. Deus morreu, diria Nietzsche.

A felicidade, ao igual que a verdade, son expresións do "Logos", lei ou razón universal que goberna o mundo. Filón de Alexandría dicía que o Logos é un axente espirutual-persoal que fai de mediador entre Deus e o mundo. Para San Xoán, o Verbo é fillo de Deus e é Deus mesmo. E para Heidegger o Logos é a posiblidade do desvelamento do Ser, a súa manifestación a traveso da palabra. Parafraseando a Lao-Tsé, diríamos que non hai felicidade sen desgracia, sen dor e sen sufrimento. Aquel ou aquela que queira ser feliz, ten que aceptar a vida e con ela a traxedia. Terá que descartar os valores absolutos e aceptar que a vida é un constante devir, unha permanente creación artística que se reafirma no presente. O absoluto está ao servizo da razón e a ciencia forma parte da historia dos erros consolidados. Estamos con Schopenhauer en que o mundo é "voluntad e representación", pero a vontade debe servirnos para modificar a representación, non deixarnos levar únicamente polo "instinto cego". A vida, e polo tanto o devir, pertenécenos, atrevámonos a vivir. Non rexeitemos nada, tampouco "os trasmundos", pero fagamos fincapé no fenómeno que se nos presenta como o que somos agora. Temos que aceptar a vida e con ela, a enfermidade, a vellez e a morte como sucesos que non podemos parar. Non nos detamos naquelo que non nos incumbe. Non lle temamos ao presente e non arrastraremos con cadeas as rémoras do pasado. A incertidume e a inseguridade non son malas para a creación, agudizan o inxenio. Podemos vivir sen seguridades, sen medo á vida e á morte, son dous elementos dun ente que se complementan, unha non ten razón de ser sen a outra, vivamos con intensidade e logo de vivir morramos, pero non morramos en vida polo busca dalgún absoluto moral.

"La felicidad es una mera ilusión, y apenas la dejamos, estamos abocados a la muerte." Heidegger

"No es más feliz quien más tiene, sino quien menos necesita". Anónimo


martes, 4 de diciembre de 2012

DOR VERSUS SUFRIMENTO


"El que quiere vivir el placer sin el dolor, y el orden sin el desorden, no entiende las leyes del cielo y de la tierra". Chuang Tse (filósofo taoísta)

Tradicionalmente considerouse a dor e o sufrimento como un mal en si mesmo polo que tendemos a rexeitalo. Pero o sufrimento forma parte da naturaleza humana e pode facernos madurar e medrar na nosa vida persoal se o aceptamos e o vivimos en positivo.

Para a relixión xudeo-cristiá a dor é a consecuencia do pecado orixinal que introduciu a vulnerabilidade na existencia humana. A igrexa católica instituiu a dor e o pecado como a forma de redimirse e sacrificarse para chegar a Deus. Para Sidharta a dor e o sufrimento son universais. Están causados pola paixón e os desexos. Compre renunciar a eles para liberarse do sufrimento.

O budismo e o xudeo-cristianismo esquecen que a vida é o don máis preciado para o ser humano. Sen o desexo e sen a paixón a vida valéirase de contido. Igual que non renunciamos ao pracer e á satisfacción, non podemos renunciar á dor e ao sufrimento. É unha experiencia que podemos vivir en positivo, somos nós os que decidimos como imos vivir no noso interior o sufrimento. Se non o vivimos como experiencia, o negamos e o rexeitamos, o sufrimento remata apoderándose de nós.

A "Asociación internacional para o estudo da dor" define a dor coma unha "vivencia sensorial e afectiva desagradable, asociada a lesión tisular ou potencial que se describe nos termos de dita lesión". A dor total, ten que ver con aspectos como a dor física, as emocións (depresión, ansiedade, obsesión, desamor, percepción de indiferencia afectiva...), aspectos espirituais como os proxectos de vida, o medo ao alén, a conciencia do mal,  aspectos sociais como a burocracia, a familia, os amigos, e aspectos económicos.

O sufrimento é un "desgarro" interior ante unha ameaza polo medo a estar indefensos, interveñen nel, a memoria, a intelixencia e a imaxinación, e inclúe o presente e o futuro. É unha dor anticipatoria do devir, do futuro, que se fai presente pola imaxinación, pero tamén do pasado, actualizada polo recordo.

A dor non podemos evitala, pero o sufrimento podemos controlalo por medio dos seus síntomas deixando que nos faga medrar buscándolle un sentido. Para atoparlle sentido ao sufrimento, compre ter en conta que ten un compoñente transcendente e que nos serve para madurar. Fuxir da dor xera ansiedade que alimenta e aumenta o sufrimento. O sufrimento mal asumido leva á desesperanza.


Temos que aceptar que as cousas son así, non como nos gustaría que fosen. Buscar a forma de medrar aceptando o que hai e ser funcionais, non rexeitar a realidade. A persoa que sofre, comprende mellor a existencia humana. Pola experiencia do sufrimento podemos comprender e aproveitar do presente algo verdadeiramente importante para un mesmo. Esta comprensión, fainos máis tolerantes e comprensivos do que lles ocorre aos demais. Abre unha vía ao transcendente e pode provocar un cambio no noso sistema de crenzas. Pode axudar a atoparlle sentido á vida.

"El hombre no se destruye por sufrir; el hombre se destruye por sufrir sin ningún sentido". V. Frankl