APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 29 de enero de 2013

SENTIMENTO DE INFERIORIDADE E AFÁN DE PODER (Educar ao meniño/a)


"No hay individuo humano que encuentre reposo bajo el yugo de un sentimiento de inferioridad". A. Adler

Alfred Adler, opinaba igual que Rousseau, que o neno nace cun potencial intrínsicamente bo, pero consideraba que pode sentir que vale menos que os demais, que é menos querido, menos aceptado ou menos forte, o que xerará no meniño ou na meniña un sentimento de inferioridade que vai tentar complementar no seu quefacer cotiá.
Educamos aos nosos fillos/as de acordo con tres tipos de educación: Uns facémolo baixo unha educación autoritaria na que os nenos e nenas non chegan a sentirse queridos nin apreciados, séntense humillados, impotentes e maltratados. Outros utilizamos unha educación de "laissez-faire" ou deixar facer o que lles pete, coa que os nenos e nenas non aprenden a respectar aos demais. Por último, estamos os que sobreprotexemos aos cativos e cativas e os criamos "entre algodóns".
As tres formas de educación poden dar como resultado un neno ou unha nena con sentimentos de inferioridade. Nos tres casos non aprenden a valerse por sí mesmos. Os nenos consentidos, educados cun estilo de "laissez-faire" e os reprimidos, educados de xeito autoritario vanse sentir inferiores, e como o sentimento de inferioridade é un sentimento doloroso e difícil de tolerar tentarán non só compensalo, senón sobrecompensalo: o que se sente excluido, quere ser incluído a costa de excluir aos demais; o que se sente humillado quere vingarse; e o que en toda a súa infancia viu satisfeitos todos os caprichos, de adulto precisará escravos ao seu carón para manter a sú importancia e o seu poder. É deste xeito como nace o afán de superioridade ou afán de poder.
O afán de poder é a expresión patolóxica dunha persoa que se sente inferior. Este sentimento non vai causar unha neurose, senón que a sintomatoloxía vai ser unha forma de fuxir do sentimento de inferioridade e de sentir poder. O sufrimento psicolóxico vai ser o custo que o neurótico ten que pagar para evitar enfrontarse co problema real. Pero vai dominar aos demais mediante a súa "debilidade", o cal non quere dicir que o faga de xeito consciente, a neurose alimentarase da sombra no inconscente.



CULTURA VS LIBERDADE VS IDEOLOXÍA

"Una mentira no tendría sentido si la verdad no fuera tan peligrosa". Alfred Adler

"Se te preguntas por qué non entendes, unha de dúas, ou non te esforzas o suficiente, ou existe unha ideoloxía interesada en neutralizar a túa conciencia par que non entendas...".


Desde décadas atrás e impulsado pola influencia norteamericana, estamos sufrindo un ataque virulento por parte dos grupos de poder que xa se deixou ver hai uns anos na supresión por parte dos poderes públicos da cultura clásica, eliminando as ciencias humanas e a filosofía das aulas en beneficio das tecnoloxías.

Xorde así, unha nova cultura "os mass-media" (medios de comunicación) que se articulan sobre un complexo proceso de creación de valores nos que a competitividade e a posesión de diñeiro trocan os valores do ben común.

Aparecen unha falsa cultura e unha falsa educación que fai aflorar unha pseudociencia na que a manipulación e a persuasión crean unha industria cultural de productos ideolóxicos ao servizo do mercado e do beneficio económico dos xestores do planeta.

Preséntase á persoa como portadora de dereitos e liberdades, pero son conceptos abstractos nos que o individuo se ve mergullado de xeito imaxinario. O estado é o auténtico patentador deses dereitos e o individuo non é máis que unha peza nas accións das institucións.

O individuo cre seguir unha actividade moral autónoma, cando o que lle sucede é que segue a norma que importa, a imposta. A pseudocultura na que estamos inmersos posibilita a violencia exercida sobre as conciencias e é incompatible coa liberdade.

A educación devén en mera formación técnica e a comunicación funciona como negocio empresarial que leva á economía de acumulación e á catástrofe profunda na que vivimos. Neutraliza as nosas conciencias e leva ao sufrimento de millóns de vidas nas que a alienación e a explotación poñen en evidencia a falsa conciencia elaborada actualmente mediante complexos procesos de persuasión e manipulación de masas.

"El cine no es un trozo de vida, sino un pedazo de pastel". A. Hitchcock


 


jueves, 17 de enero de 2013

PSICOPATOLOXÍA E SOCIEDADE

"La locura, a veces, no es otra cosa que la razón presentada bajo diferente forma" J.W.Goethe

La verdadera locura quizá no sea otra cosa que la sabiduría misma que, cansada de descubrir las verguenzas del mundo, ha tomado la inteligente resolución de volverse loca". Heinrich Heine

"A psicoloxía no poderá nunca desvelar a verdade sobre a loucura porque é a loucura a que posúe a verdade sobre a psicoloxía" ¿...?

Michel Foucault, na súa obra "El nacimiento de la clínica" alude a unha curación por parte de Pomme dunha histérica facéndolle tomar "baños de dez a doce horas por día, durante dez meses completos". Ao final da cura, Pomme viu, "porcións membranosas, parecidas a fragmentos de pergamiño empapado desprenderse con lixeiras dores e sair diariamente co mexo, desenrolarse á súa vez o uréter do lado dereito e sair enteiro pola mesma vía". E, en menos de cen anos, un médico percibiu nunha lesión anatómica do encéfalo e das súas envolturas que se trataba de "falsas membranas" que se achan con frecuencia en suxeitos afectados de "meninxite crónica". As falsas membranas son ás veces transparentes, pero polo común teñen distintas cores, o espesor varía moito e a organización presenta moitas variedades (Bayle).

O texto anterior  fálanos da linguaxe das pantasmas, pero quen pode asegurar que un médico do século XVIII non vía realmente o que dicía ver. Os dominios do lugar quimérico que transitaban médicos, enfermos e psicólogos non desapareceron, máis ben foron desprazados pola singularidade do enfermo ao carón dos "síntomas subxectivos" que definen para o médico o coñecemento da enfermidade; o vínculo fantástico entre o padecemento e o saber. As imaxes da dor cambiaron a configuración na que se apoia o discurso racional do coñecemento médico. Para comprender esta mutación do discurso médico, compre reparar na rexión onde as "palabras" e as "cousas" non están separadas, onde a maneira de ver e a maneira de dicir van xuntas. É preciso poñer en dúbida a distribución do visible e o invisible, o que se dí e o que se cala, para poñer en evidencia a linguaxe médica e o seu obxecto. Compre manterse nun nivel de especialización e verbalización do patolóxico aló onde xurde, recollida pola "locuaz" mirada que o médico pousa sobre o corazón enfermo das cousas.

En 1764, Meckel, utiliza o método racional para estudar as modificacións do encéfalo diante un determinado número de afeccións. Pretendía determinar mediante a comparación do peso dos seus volumes que sectores do cerebros estaban disecados, cales obstruídos e a qué obedecían tales enfermidades. Bichat, Récamier e Lallemand utilizaron o "martelo rematado nunha superficie ancha e delgada" para aplicar pequenos golpes no cráneo. Nos nenos pequenos, os osos son demasiado flexibles para romperse, demasiado delgados para ser aserrados polo que será preciso cortalos con tesoiras. A axilidade artesanal de romper o cráneo mudou a precisión científica da pesa. As formas da racionalidade médica múdanse á percepción, ofrecendo como a primeira cara da verdade, o grao concreto das cousas: a súa cor, as manchas, a dureza, a adherencia. O dominio da experiencia identifícase coa mirada atenta. O ollo convértese no depositario e na fonte da claridade, ao abrirse, inicia un punto de inflexión coa antigüidade clásica, o paso das luces ao século XIX.
Para Descartes e Malebranche ver era percibir, pero sen despoxar á percepción do seu corpo sensible, facela transparente ao mundo do espírito. A luz, anterior a toda mirada, era o lugar de orixe, o ideal, imposible de designar. A finais do século XVIII, a permanencia da verdade no lugar sombrío das cousas está está ligada á mirada empírica das cousas que fan da noite o día. O discurso racional apóiase na permanencia escura das cousas previa a todo saber, onde se xuntan a orixe, o dominio e o límite da experiencia. Tocáballe a esta linguaxe das cousas autorizar a propósito do individuo un saber que non fora simplemente de orde histórico ou estético. Que a definición do indivíduo fora unha tarefa infinita non era un obstáculo para unha experiencia que aceptando os seus propios límites prolongaba o seu quefacer no ilimitado. A mirada non é xa redutora, senón fundadora do individuo na súa calidade de irredutible, por iso se fai posible organizar en torno a el unha linguaxe racional. O obxecto do discurso pasa a ser un suxeito. Esta reorganización formal é a que fixo posible o nacemento da experiencia clínica.

A experiencia clínica,  a relación do ser humano consigo mesmo e da linguaxe coas cousas, foi tomada pronto por un aparellamento simple dunha mirada a un corpo mudo, dunha ollada a un rostro como a forma xeral do coñecemento científico. A medicina liberal invoca á súa vez a un mercado aberto para propoñerlle a cada enfermo un tratamento que se adapte perfectamente a cada enfermidade e a el mesmo. A experiencia nos amosa que "as milagres" non son tan doados.

É moi probable que esteamos nunha época cuxa ausencia de filosofía nos evoque a cada momento o reino da fatalidade. Para I.Kant, a necesidade dunha crítica estaba vinculada ao feito de que hai un coñecemento. Con Nietzsche podemos comprobar que a linguaxe e as palabras, sexan razoables ou insensatas, demostrativas ou poéticas, poden tomar un sentido que cae enriba de nós para conducir a nosa cegueira. Pero tamén esperan na escuridade da nosa conciencia para saír á luz e poñerse a falar. Estamos condenados pola historia á tarefa paciente de elaborar discursos sobre discursos, de oir o que xa se dixo. No comentar histórico hai un resto non formulado do pensamento que a linguaxe deixou na sombra pero que tamén se acocha na palabra e ao interrogala pódese facer falar cun contido que non estaba expresado. Hai sempre significado que permanece e ao que compre darlle a palabra. O comentario apóiase no postulado de que a palabra é un acto de tradución e ten o perigoso privilexio de amosar ocultando e pode ser indefinidamente mudada por ela mesma nunha serie aberta das repeticións discursivas. Apóiase nunha interpretación da linguaxe que sinala o estigma da súa orixe como verbo que se fai carne, sempre segredo, sempre máis aló de sí mesmo.

miércoles, 16 de enero de 2013

DEMONIZACIÓN DA CLASE OBREIRA

A Psicoloxía utilízase na actualidade como disciplina básica no desenrolo da publicidade como mecanismo persuasor de venda de productos de todo tipo.O uso da mensaxe subliminal está xeralizado nunha sociedade que se sustenta no consumo coma unha fin en sí mesma, constituíndose nunha "bomba" de tempo de manipulación inconscente da mente humana.
As mensaxes publicitarios e de propaganda nacen en Estados Unidos despois da Segunda Guerra Mundial . Desde os anos 50 e 60,  que comenzaron a utilizarse de forma solapada, negada siempre, invaden hoxe a nosa vida cotiá apoderándose da nosa intimidade manexando a vontade e as nosas volicións en detrimento do noso cremento persoal.  Pártese da esixencia política de convencer á poboación ou grupos sociais determinados da importancia de aceptar como positiva unha determinada idea. As mensexes subliminais acceden ao noso sistema cognitivo sen que nos decatemos. Xa Demócrito dicía, "hai moitas máis cousas perceptibles das que podemos percibir conscientemente". Platón e Aristóteles recoñeceron fenómenos equivalentes.
As persoas non son conscentes de que son manipuladas cos falsos mitos da liberdade humana, o falso mito da racionalidade, o falso mito da conciencia e o falso mito da percepción obxectiva. A información camuflada que se recibe de forma inconscente provoca emocións e desexos consumistas na poboación respostando aos intereses de quenes a manipulan con fins comerciais financieiros e políticos, manipulando o mecanismo máis íntimo, profundo e complicado do sistema nervoso humano. A psicoloxía pode utilizarse para crear a maquinaria que penetre a cognición humana para levala a pensar, sentir e actuar do xeito que se propoñan.
A publicidade crea ou excita as necesidades, os desexos, as paixóns e minimiza os esforzos da persoa para satisfacelos. Para que sexa efectiva é preciso que exista o xerme dun desexo ou de opinións comúns, por iso os medios atraen a atención sobre temas recurrentes como o futbol ou os roles en películas e series, etc., para asociar a estes intereses a mensaxe do "producto" que se quere vender ou a idea que se quere insertar.
Owen Jones publica  é o autor dun exitoso ensaio no que trata a demonización interesada da clase obreira. Ainda que a palabra chav resulta intraducible a outras linguas, é un concepto recurrente nos medios de comunicación do Reino Unido. O chav é unha persoa de clase baixa e a miudo xove, adepta á roupa deportiva e de marca (real ou de imitación). "un ser vulgar  que raia no comportamento antisocial". Na serie de humor "Little Britain" pódese identificar a personaxe de Vicky Pollard, nai solteira e adolescente que viste un chandal rosa, rouba chuches no supermercado e busca novos embarazos para seguir cobrando o cheque de axuda social. Non fai falla observar con moita atención a serie para comprobar que detrás de Vicky acóchase a mensaxe subliminal do estereotipo ao que foi reducida a clase traballadaora por parte dunha élite política e xornalística: "unha especie irresponsable, indesexable e parásita na que ninguén se recoñece".
"A pobreza e o paro xa non son percibidos como problemas sociais, senón en relación cos defectos individuais: se a xente é probe, é porque é vaga. A isto hai que engadir a demonización e radicalización interesada das protesta lexítimas polo dereito á educación, á sanidade, á vivenda, ao traballo e así un longo etcétera de dereitos despreciados en favor en moitos casos de políticos corruptos. É evidente que hai grandes intereses en mudar o antigo concepto de clase obreira respetada como un dos puntais da economía até a conversión na "escoria que pretende o establishment neoliberal". É chamativo o papel dos medios de comunicación transformados "nunha élite pechada nunha burbulla de privilexios e desconectada dos problemas da xente corrente". "Eles contribúen a forxar no imaxinario colectivo a perniciosa noción do chav".

martes, 15 de enero de 2013

O ARQUETIPO FEMININO


Para Freud, o inconscente posuía a particularidade de ser persoal e os contidos que incluía podían ser tanto actos latentes e temporalmente inconscientes (desexos, intencións, etc.), como procesos persoais reprimidos. Jung sen embargo, propón unha dimensión interpersoal ou colectiva que amplia o concepto de inconscente proposto por Freud. Para Durkheim, "as representacións colectivas son o produto dunha inmensa cooperación estendida non só no tempo, senón tamén no espazo, que unha multitude de espiritos diferentes asociaron, mesturando e combinando as súas ideas e sentimentos para elaboralas; amplas series de xeracións acumularon nelas o seu saber. Concéntranse nelas un capital intelectual moi particular, infinitamente máis complexo que o individual". Estas experiencias colectivas de Durkheim diferéncianse do inconsciente colectivo de Jung na calidade da información que é consciente. Neste senso, a noción de inconsciente colectivo de Jung recollería elementos tanto do inconsciente freudiano como das representacións colectivas de Durkheim.
O inconsciente colectivo de Jung representa o conxunto de elementos sociais e culturais nos que o suxeito está inmerso e non é consciente. Incluiría tanto elementos do folclore e os costumes, como actitudes, valores, crenzas e disposicións relixiosas. Dentro deste inconsciente colectivo sitúa Jung os arquetipos, que son ideas ou formas preconcebidas que actúan sobre os individuos determinando as súas accións e comportamentos. Neste sentido, "...non só representa algo que foi e que pasou hai moito tempo, senón tamén algo actual (...) e está destinado a compensar e correxir os inevitables utilitarismos extravagancias da conciencia". O inconsciente busca o equilibrio e a compensación siempre na psique da persoa, por exemplo, unha persoa introvertida pode buscar compensación nos seus soños e verse coma unha persoa extravertida. Deste xeito a manifestación dos arquetipos está en función das necesidades persoais e da súa situación psicosocial. Nos mitos atopamos as tendencias psíquicas normativas da sociedade. Os seus contidos expresan as necesidades inconscientes e os medos ou conflictos das sociedades antigas e modernas. Todo isto contribúe ao equilibrio psíquico e social do grupo.
Os dous principais arquetipos femininos que Jung recoñece son a nai e a ánima. Segundo Jung, a imaxe da nai transcende o plano persoal para chegar a un máis colectivo. A nai non é só a persoa que nos pariu senón que está determinada por un conxunto de valores, actitudes, roles e expectativas arraigadas na tradición sociocultural (María no cristianismo, Parvati no hinduísmo, Deméter na mitoloxía grega, Isis no antigo Exipto, etc.) o que implica que o arquetipo de nai posúe varias dimensións, algunhas positivas, como por exemplo, todo o relacionado coa protección e a fertilidade; e outras negativas como a morte, o poder destrutivo da nai natureza ou simplemente "o descoñecido". Axúdanos a entendelo pensar que a nai humana se explicou nas primeiras manifestacións relixiosas como a terra fértil, que é á vez creadora, o lugar de orixe e a tumba; ambos se unen no ciclo da vida. O enterramento en vasillas no mundo antigo ten este simbolismo, as cinzas do finado volven a un recipiente que simboliza o útero materno, no que esperan un novo nacemento máis aló da morte.

ARQUETIPO DA NAI

As catro categorías que Jung estableceu para o arquetipo da nai son:

1.Autoridade, sabedoría e altura intelectual máis aló do intelecto.

Un sentido totalmente positivo do arquetipo de nai o expresan as representacións alegóricas que identifican á muller coa xustiza e a filosofía nos frescos de Rafael (1508-1511) nas estancias do Papa no Vaticano. A muller tamén tivo en distintas tradicións  unha importante autoridade relixiosa. Un exemplo disto son as Sibilas gregas que Miguel Anxo (1508-1512) pintou na Capela Sixtina, contrapoñendo estas adiviñas pagáns aos profetas do Antigo Testamento; ou a coroación da Virxe na pintura de do Greco ((1591-1592).

2.O Bondadoso, protector, sustentador, o que dá crecemento, fertilidade e alimento (o maternal).

Identificar á muller coa fertilidade, a reproducción e a protección é outro dos aspectos típicos do arquetipo de muller. As imaxes da muller ovípara (Lichosthenes, 1557) e a Musa amamantando (Lavater) representan esaxeracións destes valores.

3.Lugar da transformación máxica, do renacer; o instinto ou o pulo que axuda.

Segundo a mitoloxía grega, cada vez que Perséfone sae do reino de Hades cara a Terra, atopándose coa súa nai Deméter (Deusa da Terra), iníciase a primavera e cando volve ao inferno, comenza o inverno. Este renacer e transformación máxica que ocorre tras a unión nai-filla, represéntase tamén na pintura "O regreso de Perséfone"  (Giordano, 1634-1705), que amosa as características de transformación e renacer da natureza expresados no arquetipo de nai. Ademais, a representación da muller facendo énfase en atributos emocionais e instintivos de axuda vese reflectido na imaxe da loba dando de mamar a Rómulo e Remo na orixe mitolóxica de Roma.

4.O segredo, agochado, tenebroso, o abismo, o mundo dos mortos, o que devora, seduce e envelena, o angustioso e inevitable.

Nunha sociedade dominada polos homes é moi doado atopar o aspecto tenebroso do arquetipo. O poder destrutivo da natureza, o inesperado da mesma, o descoñecido e o misterioso son cualidades do arquetipo de nai. A imaxe de Pandora (Marolles, 1965) que trae consigo a caixa coas desgrazas para os homes. A escea de bruxas en Goya (1798) amosa tamén ese aspecto de muller maior, illada do culto, que seduce, tenta e dana ao inocente.










ARQUETIPO DE ÁNIMA

Na teoría de Jung a ánima representa a parate feminina do home, mentres que o ánimus representa a parte masculina da muller. Tan importante é que o home acepte a súa feminidade como que a muller a súa masculinidade. Este arquetipo compensa os elementos conscientes asociados á identidade de xénero. Todo home leva a imaxe da muller en sí sempre. A ánima opera principalmente sobre as emocións e os afectos outorgando virtudes e rasgos que son  socialmente asociados á muller. Describiu tres categorías dicotómicas nas que se podía expresar a ánima:

1.Vella vs nova.

Deste xeito, o home infantil acostuma ter unha figura de ánima maternal e un maduro, unha figura máis nova. Pero o "demasiado vello" estaría compensado por unha figura moi nova, incluso por unha nena. Deste xeito, Gauguin encarnaría nas súas pinturas tahitianas á nativa sensual dun país novo e de natureza exuberante que o home europeo que procede dunha civilización gastada, esgotada, soña para reabastecerse.

2.Fada boa vs bruxa.

Unha boa parte do medo que inspira en moitos homes a figura feminina provén da imaxe da ánima. Este arquetipo amosa a muller que outorga dons e a personaxe malvada que os arrebata. Imaxes coma a da Muller arpía e a do Antipapa de Aldrovandi (1599-1642), ou a muller diaño (
Biutler, 1709). Segundo a mitoloxía grega, medusa coa cabeleira de serpes e a súa mirada pétrea era unha das tres irmás gorgonas que habitaban o confín occidental do mundo (Caravaggio, 1598). Na pintura de Brueghel (1568-1625), "A abundancia" e ba de Bayeu (1786) "A Deusa do bo consello" amosan o aspecto benébolo do arquetipo. É de destacar o medo que unha sociedade machista amosa con este arquetipo contra a muller.

3.Santa vs pecadora ou sedutora.

Pode verse a representación que fai Tiziano (1514-1515) en "Amor sacro e amor profano". No século XVI a xustaposición dunha muller espida portando unha chama (símbolo da mente, a caridade e a fe cristianas) e unha dona vestida con adornos era considerada a antítese entre os valores eternos e os temporais. O Amor sacro é a espida que representa a beleza universal e eterna. A muller vestida simboliza a beleza da terra, dos homes, os animais, as flores, as árbores, o ouro, as obras creadas pola arte ou a destreza. Tiziano representa a harmonía entre a beleza interior e o visible. Detrás da muller vestida hai unha cidade fortificada e dúas lebres que representan o amor animal e a fertilidade. Ao longo da historia realizáronse numerosas representacións de mulleres santas e un grande número de mulleres sedutoras, recórdese a Eva, ofrecéndolle a mazá a Adán, que ao igual que Pandora, continúa sendo o chivo expiatorio sobre o que recaen as desgrazas do home.

 



O LIBRE ALBEDRIO


O concepto de "liberdade" significa ausencia de obstáculos que impiden o movemento de obxectos e suxeitos. Fálase dunha persoa libre cando non existen "cadeas", ameazas de coacción ou lesións físicas que impidan as súas accións.

Pero cando se apela ao libre albedrío, trátase da autonomía do querer que fai posible ao individuo como suxeito das súas accións. Para I. Kant, se a liberdade debe ser unha propiedade de certa causa dos fenómenos, debe ser, con relación a estes últimos, unha orde de comenzalos por sí mesma. Schopenhauer, tendo presente a definición kantiana, considera que afirmar a liberdade de arbítrio, implica negar a universalidade da razón (suficiente), unha acción libre sería aquela que non estivera determinada por nada, e isto é un absurdo. Para el, todos os fenómenos, incluídas as accións son necesarias. Todos os individuos teñen a facultade de representar simbólicamente as causas que subxacen á súa conduta polo que estas se manifestan como motivos. O home, como todas as cousas, non pode moverse sen antes recibir un impulso, e este non depende da súa vontade. Só ten a capacidade de darlle unha razón a eses impulsos. é dicir, de falar dos motivos que determinan os seus actos. Esa capacidade é tamén a fonte da que nace a ilusión de que existe un libre albedrío.

O ser humano, ainda que non haxa un obstáculo físico, non fai o que quere. Non está nas súas mans transformar determinadas volicións xa que a finalidade da vida o transcende e como os demáis obxectos da experiencia, é un fenómeno no espazo e no tempo. Pero existe a posibilidade de mudar, aceptando os propios límites do ser humano, co coñecemento dos motivos do comportamento para empregalos como un instrumento de cambio; unha ferramenta para tomar o control e para participar como suxeito de maneira activa na construción da propia realidade fenoménica.

 A felicidade como finalidade da existencia humana é unha falacia. A vontade só quere crear vida e sérvese da comida, a auga, o sono e o sexo para mantela de xeito imperecedoiro no seu devir. Compre non confundir a gatificación que nos aporta a satisfacción destas necesidades coma unha fin en sí mesma como fai Freud co instinto sexual, Adler coa vontade de poder (véxase Nietzsche), ou Skinner utilizando a gratificación como único determinante da conducta no condicionamento operante.

Schopenhauer, sen querelo, danos a resposta en "El mundo como voluntad y representación": "Albedrío se llama a la voluntad cuando la alumbra el intelecto (...) la diferencia entre los movimientos voluntarios e involuntarios refiérense no a lo esencial y primario que es en ambos, la voluntad, sino a lo secundario (...) al intelecto...". O cerebro posúe posibilidades infinitas que funcionan de acordo a como foron estimuladas, inclúen funcións herdadas que se irán transformando ou non, en función de cómo sigamos estimulándoas.

Precisamos tomar conciencia do poder que obra en nós, ter fe nas nosas posilibidades. Temos que despoxarnos do medo como compañeiro de viaxe. A dor é contraria á vontade e o pracer é acorde con ela, por iso tendemos a rexeitala, converténdoa en algo definitivo e necrosado que infesta a nosa vida de enfermidade. Ambas son complementarias no devir da ixistencia humana, son as dúas caras da mesma momeda. Compre que mudemos o discurso e a nosa forma de pensar, que utilicemos outra linguaxe, outros conceptos para definir as nosas relacións para medrar.

Temos que coñecer para comprender qué e cómo interiorizamos. O inconscente colectivo invade a nosa conciencia e aliena o noso pensamento. Ao igual que nos perturba a nosa sombra, a sombra colectiva pode dobregar a nosa vontade, apoderarse dela para manexar as nosas volicións coma marionetas. Podemos ser críticos sendo creativos.

lunes, 7 de enero de 2013

O AMOR ("ESE NENO QUE QUERE NACER")


¡O vosotros los sábios, de alta y profunda ciencia que habéis meditado y sabéis dónde, cuándo y cómo se une todo en la naturaleza, el porqué de todos esos amores y besos; vosotros, sabios humildes, decídmelo! ¡Poned en el potro vuestro sutil ingenio y decidme dónde, cuándo y cómo se me ocurrió amar, por qué se me ocurrió amar! G.A.Bürger

O amor é o principal argumento de todas as obras dramáticas, tráxicas ou cómicas, románticas ou clásicas, en América, en Ásia ou en Europa. É tamén o máis fecundo dos asuntos para a poesía lírica e para a poesía épica. Isto sen falar do incontable número de novelas que desde hai séculos se producen cada ano en todos os países do mundo con tanta regulariedade como os hipermercados.

Empédocles concibeu o amor coma o principio que une aos diversos elementos cósmicos, pero foi quizais Platón o que máis se ocupou do amor, sobre todo en O Banquete e O Fedro:O amor, en tanto que eros (amor sensible) pode transformarse en amor á sabiduría, polo que se pasa dunha forma terrenal de amor a outra divina.  O amor culmina no desexo do ben, xa que o amor ao particular e humano reflexa unha participación na Idea do Bello por excelencia (A divinidade). San Agustín (Cristianismo) considera o amor humano que non se sustente no amor a Deus coma un mal. Tamén se ocupou do amor Rousseau en O discurso sobre a desigualdade, Kant, no Tratado sobre o sentimento do bello e do sublime, Platner, na súa Antropoloxía, Spinoza que o trata con suma sinxelez, Schopenhauer para o que non é lícito dudar da realidade do amor nin da súa importancia, Freud que diría que, "a namorada precisa fagocitar ao namorado", e así un longo etcétera.

É unha experiencia xeral que o amor pode medrar e superar pola súa violencia a todas as demais paixóns, botar ao carón todas as consideracións, vencer todos os obstáculos cunha forza e unha perseverancia increíbles, ata o punto de ariscar a vida sen vacilación por satisfacer o seu desexo e até perdela se non hai esperanza.

Cando o instinto dos sexos se manifesta na conciencia individual dun xeito vago e xenérico, sen determinación  precisa, o que aparece fóra de todo fenómeno, é a vontade de vivir. Cando se especializa nun individuo determinado aparece o amor, que non é, no fondo máis que unha vontade que aspira a vivir nun novo ser.

Deste xeito, o amor subxectivo, ilusiona por completo á conciencia co disfraz dunha admiración obxectiva. A naturaleza precisa unha estratexia para lograr as súas fíns. Por desinteresada que poida parecer a admiración pola persoa amada, o obxectivo final é a creación dun novo ser. A proba disto é que o amor non se contenta cun sentimento recíproco, senón que esixe a posesión mesma, o esencial, é dicir, o goce físico.


Os namorados aspiran ao hermafroditismo primixenio, voltar ao Un. No principio, o Ser hermafrodita divideuse en dous seres de sexo complementario. Do seu posterior axuntamento procede o mundo, todas as afinidades e antagonismos que se poidan verificar nel son a contraposición dos dous principios complementarios, un activo masculino e outro receptivo femenino. No Ser que é Un, en esencia hai tres mundos. O ser humano está integrado pola alma, o corpo e o espíritu; o mundo da materia compóñeno tres elementos: o azufre, a sal e o mercurio. Toda na naturaleza é Un e Tres. O home (1) e a muller (1), son utilizados pola vontade para crear a vida (3) que poboará o mundo. Baixo a diversidade de formas con que se nos presenta a naturaleza, ocúltase un só Ser cunha esencia común a todo. O que un neno sexa enxendrado, é o único fin de todo escea de amor, ainda que os namorados non o sospeitan. No cruce de miradas, preñadas de desexo, acende unha nova vida, anúnciase un ser futuro.

Este novo individuo é unha idea do Ser, e como toda idea, irrumpe violentamente para conseguir manifestarse no mundo dos fenómenos, ávida de apoderarse da materia favorable ás leis da causalidade para realizarse como fenómeno. Esta enerxía, este ímpetu, é proporcional á paixón que os futuros pais senten o un polo outro. O individuo faise así escravo inconscente da naturaleza pensando obedecer aos seus propios desexos.