APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 17 de mayo de 2013

A NEUROSE OBSESIVA

"La neurosis es la incapacidad para tolerar la ambiguedad". Sigmund Freud

A maioría das persoas  realmente non queren a liberdade porque a liberdade implica responsabilidade e lle ten medo á responsabilidade. A Psicoanálise afirma que, para protexerse da angustia, as persoas recorren a mecanismos de defensa como a represión, a proxección, a negación, a intelectualización e o desprazamento.

Para S. Freud, as neuroses de angustia incluían as fóbicas, as obsesivas e as depresivas. As describe como un estado de elevada excitabilidade expresada como "espera angustiosa" sobre a que o suxeito elabora expectativas funestas sobre o seu futuro baseadas en simbolismos (determinado sonido pode significar que un familiar pode morrer, un xesto pode acarrexar mala sorte...etc).

O neurótico posúe un caudal de angustia que se vai depositando en forma de medos e ataques de ansiedade (angustia): taquicardia, taquipnea, sudoración...etc. Os neuróticos son aquelas persoas que só conseguiron, baixo os reclamos culturais, unha satisfacción aparente e un progresivo fracaso das súas pulsións e por iso só cun grande gasto de enerxía e co empobrecemento interior poden costear o seu traballo, e de tempo en tempo teñen  que suspendelo en calidade de enfermos. Seguindo a Paul Janet diremos que as funcións superiores, adaptativas, provocan, cando se ven alteradas ou disminuidas, un estado "neurasténico" ou de nervosismo no que se sobreexpresan outros estados inferiores como a axitación ou a histeria.

Para a Psicoanálise un síntoma non é unha forma de procesar un desexo intolerable para o suxeito. Un síntoma é unha solución. A culpabilidade e os reproches van estar moi presentes na neurose obsesiva. Se culpa de algo que descoñece, de algo que non fixo. Este é o conflicto principal na neurose obsesiva. Por un lado estarán as prohibicións, medidas preventivas e penitencias e, polo outro, satisfacións sustitutivas disfrazadas simbólicamente, ainda que o verdadeiro triunfo da formación de síntomas se dá cando se unen ambas tendencias, cando as prohibicións, as medidas preventivas e as penitencias, proporcionan satisfación ao suxeito. Un supereu moi severo outorgaralle ao eu límites éticos que obedecerá desenrolando hipermoralidade e nalguns casos limpeza e compasión excesivas.

O obsesivo vai de representación en representación constantemente, producindo as ideas ou representacións obsesivas. A representación queda desafectivada, aparece como un recordo consciente pero non ten ningún sentido, ningún valor.  Ante a represión, a sociedade sabe máis dos instintos do suxeito que el mesmo. Síntese agredido pola sociedade e ainda que se sente inocente, experimenta un sentimento de culpabilidade,  unha responsabilidade que non pode explicarse. As esixencias que lle veñen de fóra impulsano a buscar a satisfación nos síntomas.

Ante as esixencias da realidade e a conciencia, o suxeito erotiza o pensamento e desenrola técnicas para a creación de síntomas como o desfacer o sucedido e o aillamento. Aparece a ambivalencia amor-odio, ama esaxeradamente algo que odiou previamente no seu pensamento. Acto que se repite incesantemente. E despois de un acto desagradable, precisa unha pausa, o aillamento. O laberinto do obsesivo perturbará, entre outras cousas, o traballo e as relacións persoais e familiares, debido á súa constante distracción e á perda de tempo das incesantes interrupcións e repeticións.

O aillamento supón para o obsesivo un dos seus mandamentos máis importantes: o tabú do contacto. O tocar e o contacto constitúen a fin máis próxima á carga de obxecto que pode ser agresiva ou amorosa. Nun principio persegue o contacto erótico e logo da regresión persegue o contacto disfrazado de agresión. Con este síntoma o obsesivo evita "ser un mortal entre os mortais". Evitará o desexo (situación perigosa) que lle provoca unha angustia insoportable formando síntomas para librarse dela. Fuxirá de todo o que lle recorde a mortalidade e desenrolará síntomas tremendamente floridos que logren satisfacer o seu desexo imposible de inmortalidade.

"A morte tamén é unha construcción dos nosos desexos". Paráfrase dos aforismos
de M.A. Menassa.