APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 20 de junio de 2013

TERTULIANOS E MILONGAS


"La televisión nos proporciona temas sobre los que pensar, pero no nos deja tiempo para hacerlo". Gilbert Cesbron.

Noam Chomsky elaborou unha lista con 10 estratexias de manipulación a traveso dos medios de comunicación:

O elemento fundamental de control social é a estratexia da distracción, que consiste en desviar a atención do público dos problemas importantes e dos cambios decididos de antemán polas élites políticas e económicas para manternos ocupados en actividades e informacíóns insignificantes "...de volta á granxa como o resto dos animais" (cita do texto: "Armas silenciosas para guerras tranquilas").

A segunda estratexia consiste en crear un problema para logo ofrecer solucións; se crea unha situación prevista para causar unha reacción no público a fin de que éste sexa o que demande as medidas que se desexa que aceptemos; por ejemplo, crear unha crise económica para facer aceptar como un mal necesario o retroceso dos dereitos sociais e o desmantelamento dos servizos públicos.

Para que se acepte unha medida inaceptable, basta aplicala gradualmente. Deste xeito se impuxeron as condicións do neoliberalismo durante as décadas dos oitenta e os noventa no mundo e se están a impoñer en España co Goberno actual, respaldados polos Lobbys e os poderes económicos mundiais e nacionais (FMI, Unión Europea, CEOE, Banco de España...): privatizacións, precariedade, felixibilidade laboral, desemprego en masa, salarios indecentes que provocarían unha revolución se se impuxeran dunha soa vez.

A estratexia de diferir consiste en presentar a proposta como "dolorosa e necesaria" tratando de obter a aceptación pública para o futuro (reforma das pensións, recortes salariais,...), porque é máis fácil aceptar un sacrificio futuro que inmediato.

Dirixirse ao público con discursos, argumentos, personaxes e entonación infantís, como se o espectador fora un neno ou un deficiente mental.

Utilizar o aspecto emocional moito máis que a reflexión para implantar ou inxertar ideas, desexos, medos e temores, compulsións ou reducir comportamentos...

Manter ao público na ignorancia e a mediocridade; a calidade da educación para as clases sociais inferiores debe ser o máis pobre e mediocre posible, de tal forma que a distancia en medios e educación entre as clases inferiores e as superiores sexa imposible de alcanzar.

Estimular ao público para que sexa complacente coa mediocridade, crer que é moda o feito de ser estúpido, vulgar e inculto...

Reforzar a autoculpabilidade; facerlle crer ao individuo que é o culpable da súa desgraza, pola súa probe intelixencia, da falta de capacidade ou de non facer esforzos, o que xera un estado depresivo na poboación cuios efectos son a inhibición.

Coñecer aos individuos mellor do que se coñecen eles mesmos. Nos últimos 50 anos, a ciencia xerou unha crecente fenda entre os coñecementos do público e os das élites dominantes. O sistema consiguiu coñecer ao individuo mellor que el a sí mesmo.

As élites e os poderes dominantes (Lobbys), utilizan os medios de comunicación social: prensa, televisión e radio (Telediarios, tertulianos, publicidade...) como instrumentos para conseguir implementar aquelas medidas que lles interesen entre a poboación. Calquera que se deteña a analizar calquera tertulia ou tertuliano dos actuais programas de televisión non terá que facer moito esforzo para decatarse que, o que nos contan son milongas e que,  o único que perseguen é, utilizando as estratexias mencionadas, servir da mellor maneira posible a quen lles paga.



"La televisión ha hecho mucho por la psiquiatría: no sólo ha difundido su existencia, sino que ha contribuido a hacerla necesaria". A. Hitchcock

BUROCRACIA E DISONANCIA COGNITIVA

"Lupus est homo homini, non homo, quom qualis sit non movit". Plauto
"Lobo es el hombre para el hombre, y no hombre, cuando desconoce quién es el otro"


"Somos la especie más peligrosa del mundo no porque tengamos los dientes más grandes, las garras más afiladas, los aguijones más venenosos o la piel más gruesa, sino porque sabemos proveernos de instrumentos y armas mortíferas que cumplen la función de dientes, garras, aguijones y piel con más eficacia que cualquier simple mecanismo anatómico. Nuestra forma principal de adaptación biológica es la cultura, no la anatomía". Marvin Harris


Non queremos poñernos de parte de J. C. M. Vincent de Gournay, nin moito menos do liberalismo económico, pero aquí, as oficiñas, os funcionarios de determinados organismos, os secretarios, inspectores, e demáis persoal non son nomeados para beneficiar ao interés público, máis ben parece que o interés público foi inventado para que todas estas oficiñas poidan existir.

Con toda probabilidade, burocracia deriva de bureau, oficiña, e cracia, poder. Segundo M. Weber, a "clase dominante" exerce o poder a traveso do Estado utilizando como instrumento a burocracia. K. Marx escribía: "En realidad, la burocracia como la organización civil del Estado se opone al Estado Social de los civiles". Existe unha "alta burocracia" constituida por dirixentes políticos do estado, incluidos os técnicos e os asesores e unha "baixa burocracia" contratada polo superior, a maior parte das veces non sobre a base dos méritos do desempeño, senón utilizando as relacións de compadrazgo, amizade, intereses clientelares e de grupo.  Por último, tamén existe unha ampla base de empregados públicos ao servizo dos poderes do Estado.

Nesta época de recortes na que os distintos Gobernos, a CEOE, a Unión Europea, e o FMI, pretenden utilizar aos empregados en xeral e aos públicos en particular, como "chivo espiatorio" dunha crise provocada polo sistema financieiro internacional, é incomprensible que poidan existir empregados públicos (indignados lexítimamente porque lle recortan o salario e lle restrinxen e limitan os seus dereitos) que sigan afondando no distanciamento entre o prestador de servizos públicos e o usuario dos mesmos, provocado por unha, cada vez máis, esaxerada adherencia aos regulamentos e rutinas, con procedementos e métodos que o cidadá percibe como un instrumento pesado, complicado e en moitos casos costoso.

Leon Festinger chamoulle "disonancia cognitiva" á tensión ou disarmonía interna do sistema de ideas, crenzas e emocións que percibe unha persoa ao manter ao mesmo tempo dous pensamentos que están en conflicto ou por un comportamento que entra en conflicto coas súas crenzas; é dicir, á incompatilidade de dúas cognicións simultáneas que poden impactar sobre a súa actitude. A teoría explica que toda persoa busca o éxito, que non é outra cousa que o reforzo ou a recompensa ao seu esforzo. Pero cando esta recompensa non se dá, a persoa sintese fracasada e sente unha forte disonancia cognitiva, polo que tentará reducir a súa disonancia xustificando e adheríndose ao organismo que lla provocou.

lunes, 17 de junio de 2013

INDEFENSIÓN APRENDIDA


"Indignez-vous". Stéphane Hessel

Fritz Heider (1958) chamoulle "psicoloxía inxenua" á teoría que explica o intento das persoas para comprender as cousas e as implicacións dos acontecementos que lles suceden. É dicir, que as nosas accións están controladas polo xeito no que percibimos os acontecementos máis que polo que realmente sucede. É moi interesante comprobar nas investigacións da localización da causa dos acontecementos que se dan percepcións inaxeitadas por parte de moitas persoas. Os estudos suxiren que as persoas minimizan o papel do azar e esaxeran a relación entre a propia conduta e os acontecementos "incontrolables" da vida, tendendo a ignorar ata que punto a súa conduta está condicionada por factores externos. 

Seligman (1975) suxire que o incremento dos sentimentos de autocontrol é adaptativo. É a atribución de indefensión a que lle plantexa problemas ao individuo. Wortman e Brehm (1975) pensan que hai boas razóns para considerar que a sucesión de resultados que se consideran incontrolables pode provocar sentimentos de profundo fracaso psicolóxico. Moitas clases de condutas inadaptadas atribuíronse a sentimentos de impotencia diante o medio ambiente. Moitos autores pensan que a indefensión que se desprende dos sentimentos de falta de control é un importante factor na aparición de desordes psiquiátricos, tales como a depresión ou a esquizofrenia. Seligman afirma que os sentimentos de indefensión interfiren na aptitude para respostar de forma adaptativa ante situacións de stress. Tamén se consideraron como precursores de enfermidades físicas. Algúns investigadores suxiren que incluso pode provocar a morte repentina por enfermidade coronaria ou por outras causas. A indefensión tamén se considera como causa de moitras clases de conduta antisocial.

En estudos con animais, Seligman comprobou que aqueles que aprenderan a ser incapaces, non podían actuar axeitadamente cando os poñía nunha situación para a que sí eran capaces. Someteron ratos a descargas eléctricas das que non podían fuxir e máis tarde se lles daba a oportunidade de escapar das descargas saltando a outro compartimento da gaiola, pero non o facían, non fuxían. Seligman atribuiu esta incapacidade aprendida ao feito de que os animais aprenderan que, fixeran o que fixeran, non podían evitar a descarga. Tamén se comprobou en seres humanos a indefensión aprendida. Cando as persoas non poden controlar a súa vida, xorde nelas unha sensación de tristeza e de desesperanza que pode conducir á depresión.

Se unha persoa fracasa nun acontecemento importante da súa vida, pode chegar á conclusión de que a culpa é súa e pode xeneralizarse a outras moitas situacións. A persoa pode considerarse "inútil" (vésaxe o "síndrome da muller maltratada") ou sentirse indefenso e impotente como cidadán ante un goberno e unhas institucións que considera que non o apoian, non o defenden e que o relegan a unha situación de marxinalidade e pobreza (preferentes, recortes, despidos-paro, expropiacións, etc.), mentres contempla como desde as instancias que deben protexelo se malversa, se rouba ou se apoia aos poderosos.

miércoles, 12 de junio de 2013

"REFLEXIÓNS" (I)

"El sentimiento de lo infinito solo lo alcanzo, sin embargo, cuando estou limitado al máximo". C. Jung

"AXÚDATE A TI MESMO"

Sócrates dicía que había que buscar para toparse. Que a verdade estaba nun mesmo. Escoitamos falar do poder da mente, da tremenda enerxía dinámica do pensamento. Proliferan as terapias que tentan orientarnos para que "topemos o camiño" e sexamos asertivos, pero non somos quen de topalo. Cando comenzan os problemas estamos sós,  nós e o mundo, e na maior parte das veces sucumbimos. O ser humano é un ser sociable, pero a sociedade non ten respostas para os nosos problemas máis íntimos. Sufrimos un proceso de socialización para axustarnos ás demandas da sociedade, pero tamén precisamos ferramentas para fortalecermonos como individuos, comprender a importancia do proceso de individuación, mediante o que se xera un individuo psicolóxico, unha unidade, un todo independente dos demais.

Dise que os primeiros filósofos son os nenos, porque non deixan de facer preguntas. Quizais temos que comezar por simplificar a nosa vida, reflexionar 5 minutos diarios no noso "espacio físico e psicolóxico" para facernos preguntas e buscar respostas. Non existe ningunha verdade transcendente á que poidamos chegar, tranquilos. Trátase de que comprendamos que somos unha construcíón do noso pensamento e, unha de dúas, construímonos nós ou nos constrúen desde o contorno.

Como seres humanos precisamos ter un sistema de crenzas firme, pera á vez flexible, que non se derrube ante o primeiro embate. Somos o que pensamos, pero tamén o que pensan os demáis de nós. Non só somos volicións: quero isto, quero aquilo...É preciso que busquemos protección coas respostas a tres preguntas fundamentais: Quen somos?, de onde vimos? e a onde imos?. Serán os pilares da nosa construcción do "si memo". O importante é que teñamos unha idea integrada de nós mesmos, de cales son as nosas crenzas, os nosos principios e os nosos valores, que teñamos un bo autoconcepto. Haberá quen pense que primeiro foi Deus, e que procedemos de Adán e Eva; ou que, primeiro foi o Bing-bang e que procedemos do caldo de cultivo, peixes, anfibios, réptiles, himínidos...; ou, que procedemos das estrelas...Algúns datos estarán demostrados pola ciencia e outros serán cuestión de fe.

A segunda cuestión non é tan doada. Propoño como método analizarse (non avaliarse) comparándonos co perfil da persoa que nos gustaría ser. Asumamos certas premisas; debemos ser realistas e aceptar que o físico simplemente é unha parte do todo que non é máis feliz unha persoa por ser máis alta. O canon de beleza siempre é relativo e interesado. A felicidade procede dun, non se recibe desde fóra. Comecemos por buscar adxetivos que expresen características ou atributos que definan esa persoa que queremos ser: intelixente, locuaz, xeneroso, amizoso, leal, nobre, sinceiro, temperado, xusto, tranquilo...Teremos en conta que só conta o presente (o momento que vivimos conscientemente) e iremos practicando de cotío ese perfil de personalidade. Na Grecia clásica, berce do noso pensamento, consideraban a vida como un teatro no que se poñía unha determinada máscara (o concepto de persona procede de máscara) para representar un papel (rol). Como nunca somos totalmente, nunca nos completamos, cantas máis veces representemos ese rol (perfil de personalidade), máis preto estaremos de selo e de que os demais nos vexan dese xeito.

Calquera que teña un amigo ou un familiar; unha nai, un pai, un irmán ou irmá, que teña un problema mental ou unha demencia; ou tivera que sufrir a morte dun ser querido, toparase cunha disxuntiva que lle provocará dor, impotencia, indefensión e medo. Por este motivo teremos que buscar algunha explicación para a última das cuestións: a onde imos? Non se trata de ser católico, hinduista nin budista, nin sequera de ser relixioso, agnóstico ou ateo; senón de entender que a explicación alivia, que é terapéutica contra a incertidume e a dor, e que calma e serena. Dá igual que creamos no ceo, na reencarnación, ou que só somos po que volta ao po e non hai máis. A resposta a esta cuestión vai reafirmarnos na vida e vai facer que vivamos mellor e máis intensamente o momento.







lunes, 10 de junio de 2013

A CONDICION HUMANA

PROGRAMANDO Á NACIÓN

Ainda que Max Webber dixera que o "afán de lucro" e a "tendencia a enriquecerse" nada teñen que ver co capitalismo, que "son tendencias que se atopan por igual en camareiros, médicos, cocheiros, artistas, funcionarios, xogadores, mendigos, soldados, ladróns...", que en "all sorts and conditións of men, en todas  as épocas e en todos os lugares da terra, en toda circunstancia que ofreza unha posibilidade obxectiva de lograr unha finalidade de lucro", o certo é que existe unha progamación para que sexa así.

A partires da baixa Idade Media, o sistema de explotación escravista das primeiras sociedades e a vasalaxe do feudalismo desaparecen como modelos de produción para deixar paso ao capitalismo. A burguesía, coa axuda da reforma protestante calvinista logra enriquecerse aproveitando o desenrolo dun mercado fundado na actividade comercial. É o nacemento do capitalismo moderno. Dobregada a nobreza, a burguesía constitúese na oligarquía que controlará as cidades e os mecanismos electorais até os nosos días. Por outro lado, a partires de Galileo, afloran as disciplinas científicas, que van precisar envestimento, polo que estarán sempre en perigo de meterse no terreo político e socavar a súa imparcialidade. A historia pon de releve a irresponsabilidade con que se utilizou a ciencia e as súas aplicacións. B.F. Skinner en "Ciencia y conducta humana" nos alerta de que o poder do ser humano aumenta desproporcionadamente á súa prudencia: "Nunca ha estado en mejor situación para crear un mundo sano, feliz y productivo; sin embargo, nunca el panorama ha sido tan oscuro. Dos agotadoras guerras mundiales en sólo medio siglo... Los sueños de progreso hacia una civilización superior han sido truncados por el espectáculo del asesinato de millares de seres inocentes. Quizá lo peor está aún por llegar (...) Ante esta situación..., los hombres de buena voluntad se sienten indefensos y temerosos de actuar". Despoxada da súa posición de prestixio, a ciencia se ocupa en converter a guerra en algo terrible e destructivo e de servir aos grandes Lobbys que controlan o capital.

A principios do século XX, se asumía con McDougall que os instintos eran esquemas de conduta herdados. F. Galton na introducción de "El genio hereditario, examen de sus leyes y consecuencias", comenza dicindo "Me propongo señalar en este libro que las capacidades naturales del hombre se adquiren por herencia...". Logo de máis dun século, L.J. Kamin, establece na introducción de "Ciencia y política del C.I." que non hay datos para aceptar tal hipótese. A controversia xorde co Conductismo, aló polos anos vinte. Paulov é quen de condicionar a un can para que salive co son dunha campá e J.B. Watson dí que as diferenzas herdables que están no plasma xerminal xacen listas para seren conformadas de mil xeitos distintos: "Dádeme unha ducia de nenos sans e ben constituídos, e o contorno que eu especifique para que sexan educados nel e garanto que podería elexir un calquera ao azar e preparalo para que sexa a crase de especialista que eu queira, doutor, avogado, artista, home de negocios e incluso, mendigo e ladrón, sen ter en conta o seu talento, afeccións, tendencias, capacidades, vocacicóns, nin a raza dos seus antepasados". Máis tarde, B.F. Skinner chega á conclusión de que os reflexos están intimamente relacionados co benestar do organismo, que o proceso do condicionamento ten un valor de supervivencia e pode modificar a conduta pola exposición a un ambiente determinado ou facendo continxente coa conduta unha consecuencia determinada. "Utilizamos también este proceso para preparar el control futuro de la conducta". Skinner danos mil exemplos de como se condiciona: Unha "cura" para beber ou fumar consiste en engadir ao licor ou ao tabaco unha sustancia que provoque náuseas (pode verse na ficción a aversión á música de Beethoven que se provoca no protagonista da película  "La Naranja Mecánica" de S. Kubrick con este método), dores de cabeza , etc. Cando estas persoas fumen ou beban se producirán respostas desagradables como resultado do condicionamento. Se a un soldado se lle proxeitan imaxes das atrociades que fai o inimigo, será máis agresivo cando se tope con el. Está demostrado experimentalmente que determinados gustos son inducidos con facilidade se se asocian coa comida ou con outros praceres. Os publicistas saben ben que as respostas inducidas por mozas guapas, nenos ou esceas agradables, ás que se lle engade unha boa melodía, poden ser transferidas ás marcas comerciais, produtos, imaxes, etc. Os directores de cine americanos asocian dun xeito apenas perceptible imaxes subliminais nos seus filmes (véxase "El Resplandor" de Kubrick ou a filmografía de Hitchcocks, entre outros) para provocar determinadas reaccións emocionais no espectador. Este mesmo mecanismo é o que utilizan algúns grupos de Pop e de Rock para provocar determinadas reaccións no público dos grandes concertos.

Thorndike chamoulle "lei do efecto" ao feito de que a conduta "quede gravada" cando se desprenden dela consecuencias determinadas para o organismo. Skinner demostrará que se facemos coincidir unha consecuencia determinada con certos hábitos, tendencias ou predisposicións, estes aumentan a súa frecuencia. Se a isto lle engadimos que no mundo se dá unha abrumadora conformidade social e que o recén se desenrola para axustarse ás demandas da sociedade na que vive e que, como ben dixo Bandura, a aprendizaxe desde que se nace xérase por imitación e modelado, a consecuencia e conclusión, vai ser a utilización destes feitos polos grandes Lobbys para programar ao futuro consumidor; é dicir, que utilizarán o condicionamento e a aprendizaxe vicaria para controlar e trocar o comportamento e a conduta humana. Non hai máis que observar a un meniño pegado ao televisor recibindo todo o día mensaxes subliminais por medio dos debuxos animados ou as series infantís para modelar o seu gusto pola comida, os xoguetes ou a roupa. O mesmo ocorre cos adultos nos que se está a influir a cotío inducíndolles gustos e afeccións sen que se decaten. Como exemplo temos a presión que se exerce desde a publicidade para que a muller estea desconforme co seu propio corpo, creándolle un "torrente de ansiedade" que só disminúe de forma limitada polo consumo. Igual ocorre cando se asocian determinadas marcas de coches, de maquiniñas de afeitar ou calquera outro produto con deportes de grande carga simbólica que definen ao home triunfador como a fórmula 1, o fútbol, as motos, o tenis, ou calquera outro deporte nacional. Trátase de posuir un amplo mercado de consumidores para os productos que se ofertan, ofrecendo como modelo o perfil do home e a muller ideais, que seguen as últimas tendencias e son triunfadores. Incluso se desencadean guerras para ampliar os mercados, por nomear algunhas das máis chamativas: as guerras do opio anglo-chinesas no século XIX, a de Sudáfrica (diamantes), Iraq (Petróeo), Libia (Petróleo e gas), Afganistan (petróleo e gas), Exipto (idem de idem), e así un senfin de conflictos cuxa única finalidade foi a de ampliar os mercados e facerse cos recursos naturales do país invadido. Para o sistema financieiro e o capital só somos unha peza na engranxe dun sistema que reduce ás persoas ao papel de meros consumidores pasivos. Utiliza a investigación e o seu desenrolo para programarnos, para que sexamos "obedientes" e sirvamos os seus intereses sen dicir chio. Como donos dos medios de produción, dos recursos en innovación e investigación e dos medios de comunicación, utilizan todos os resortes para impedir que as persoas reflexionen e tomen conciencia da realidade.