APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 20 de agosto de 2013

A MORTE

"Yo me iré. Y se quedarán los pájaros
cantando.
Y se quedará mi huerto con su verde árbol,
y con su pozo blanco.

Todas las tardes el cielo será azul y plácido,
y tocarán, como esta tarde están tocando,
las campanas del campanario.

Se morirán aquellos que me amaron
y el pueblo se hará nuevo cada año,
y lejos del bullicio distinto, sordo, raro
del domingo cerrado,
del coche de las cinco, de las siestas, del baño,
en el rincón secreto de mi huerto florido y encalado,
mi espíritu de hoy errará nostálgico...

Y yo me iré, y seré otro, sin hogar, sin árbol

verde, sin pozo blanco,
sin cielo azul y plácido...
Y se quedarán los pájaros cantando." J. Ramón Jiménez


A maioría de nós identificámonos co noso corpo e cústanos imaxinar que exista algo distinto. Inquiétanos a morte, sen embargo, a morte forma parte da nosa existencia. Milleiros de persoas morren todos os días sen apenas decatarnos. Os hospitais de todo o mundo están repletos de seres humanos que sofren na antesala da morte. A longo das nosas vidas, a dor pola morte dalgún familiar ou amigo, recórdanos o efémero das nosas vidas.

Retornamos a Heráclito para buscar unha explicación ao permanente cambio, ao constante fluir, porque todo é mudable. Buscamos consolación en Parménides co único que lle dá consistencia e seguridade á vida, o Ser e o pensar. Acudimos a Platón para sondear os dous mundos, o sensible e o intelixible, o mundo do corpo e o da alma, pero só esta última ten a resposta e é quen de coñecer o Ser, o esencial, o absoluto.

A intuición lévanos ao mundo do que proceden e no que descansan as almas, inmortais e atemporais. O mundo do alén, ao outro lado do túnel escuro, na luz, onde mora o Ser, infinito, insondable, omnipresente e omnipotente, o universal. Pola contra, a razón preséntanos un mundo sensible, en constante devir, no que reside o concreto, o particular, o mudable, o mundo do corpo.

No libro "Vida después de la vida" de R.A. Moody Jr., amósase abundante documentación de persoas consideradas clinicamente mortas que contan como perciben desde a altura o seu corpo inerte e como atravesan un longo túnel escuro que conduce a unha luz brillante que os inunda de ledicia, de paz e de amor.

A manifestación máis importante da alma humana é o soño. Ao durmir soñamos e cando espertamos esquecemos. O soño protexe a vida e nos prepara para a morte. Durante o soño, a alma se ausenta do corpo e se manifesta en toda a súa dimensión: atemporal, a espacial, ante mortem e post mortem.

Morrer e como soñar, igual que nos soños, esquecemos. Ao morrer bórranse todas as aflicións, todos os recordos. A morte aniquila a experiencia consciente. Na antesala da morte, a alma abandona o corpo e este no sofre a dor cando a morte se presenta porque se perde a conciencia. Coa morte, o ser da persoa faise eterno e universal.



"Sempre haberá un lugar para ti na miña memoria e no meu corazón. Permanece para sempre inundada de ledicia, de paz e de amor. Ata sempre Pili..."