APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 28 de octubre de 2013

A REENCARNACIÓN


¿Poderán as malas accións desta vida levarnos, nunha vida futura, a un nivel máis baixo, en forma de insecto ou animal e, seremos recompensados polas nosas boas accións nunha futura reencarnación?

A ánima dota a todos os seres, animais, prantas e persoas, de movemento propio. Platón consideraba a Alma como a dimensión máis importante do ser humano. Segundo o "Timeo" a ánima estaba composta do idéntico e o diverso, sustancia que o demiurgo usou para crear a ánima cósmica e os demais astros. No "Fedón" vese como unha sustancia que busca desligarse dos límites e os conflictos que xorden pola súa unión co corpo. e que poderá vivir de forma plena a partires do momento da morte. Para Aristóteles a ánima configura a materia nun corpo natural organizado. Así se forma unha unidade sustancial composta de materia e forma. Alma e corpo son inseparables no ser vivinte.

Parece, segundo os documentos antigos, que a alma non está destinada só ao ceo ou ao inferno. Pudera ser que a alma se reencarnara noutra vida. Hai quen cré que a nosa vida actual é unha combinación de todas as experiencias pasadas. Desde a "Idade de Pedra", moitas sociedades primitivas enterraban aos seus mortos en posición fetal, disposto para volver a nacer. O hinduismo é a relixión máis antiga das que se practican e na que a aceptación da reencarnación é fundamental. O obxectivo último recibe o nome de Karma, sempre que nos quede Karma seguiremos reencarnándonos para cumplir a lei de causa-efecto. É preciso romper a cadea que nos ata ao interminable ciclo de reencarnacións para permitir que a alma escape do Samsara (ciclo de nacemento, vida, morte e encarnación) e volte ao Ser. O Jainismo e o Budismo son variantes do anterior.

A crenza occidental na reencarnación procede dos Exípcios. O faraón Amenemhat I da Dinastía XII que gobernou o País hai aproximadamente 4.500 anos, era coñecido como "aquel que repite os seus nacementos", propoñendo unha tentadora visión sobre a reencarnación. Os gregos e romanos atribuiron a crenza a un místico chamado Thot Hermes. Algúns cren que foi o autor do "Libro exipcio dos mortos". Os xeroglíficos e a arte dalgunhas tumbas e criptas exípcias representan con frecuencia a alma coa forma dun paxaro con cabeza humana chamado Ba. Despois de 3.000 anos de reencarnarse baixo forma de vida vexetal ou animal pensaban que tiñan dereito a renacer no corpo físico dun ser humano.


Foi en Grecia onde se anfianzou a crenza da reencarnación da alma. A deusa Psique tiña fama de ser un dos seres máis encantadores de todo o panteón dos deuses. O seu nome tamén foi utilizado para describir a un dos seres máis enigmáticos da natureza: a avelaiña ou volvoreta. Dado que a volvoreta (mariposa) nacera nunha forma máis baixa de vida como oruga, os gregos tamén utilizaron a palabra Psique para designar a alma, facendo fincapé  na capacidade da alma para emigrar dunha forma de existencia a outra superior máis perfecta. En todos os procesos naturais observamos este encadeamento e transformación: Cando algo arde, se transforma en calor, cando flúe a auga vai a algunha parte e cando ferve se transforma en vapor...etc..

Un dos firmes creintes na reencarnación foi Pitágoras. Dicían que posuía penetración mística na natureza e a orixe da vida. Afirmaba que vivira moitas vidas e que Mercurio, o deus da sabiduría, o imbuira coa visión de todas as reencarnacións. A súa crenza na reencarnación da alma foi ampliada por Sócrates, Platón e Aristóteles. Pero ainda que a reencarnación era proclamada polos máis admirados pensadores da civilización occidental, foi suprimida durante séculos ou permaneceu en estado latente.

Existen referencias bíblicas á reencarnación nos textos do éxodo e no libro dos salmos. Algúns místicos xudeos pensaban que existían ciclos de 1000 anos de duración entre as reencarnacións físicas da alma. Na Cábala xudea, que significa recibir, se mostran tres aspectos da alma: a vexetativa, a espiritual (alma emocional) e a superior endiosada e intelectual. Coa morte se preparan para separarse do corpo. No século XV xeralizouse o concepto de reencarnación xudea, pero no ano 1492, foron expulsados de España polos reis católicos dispersándose por Europa e co nacemento da era moderna e a necesidade de ser aceptados polo sistema científico de occidente a crenza na reencarnación foi suprimida converténdose en algo oculto.

Tamén existen referencias á reencarnación nos textos do "Novo testamento" (Cristianismo), pero foi o Emperador Constantino (San Constantino), quen logo de ter unha visión do que dicía ser o signo cristiano (unha cruz) que levaría como lema para derramar o sangue dos seguidores de Maxencio, instituiría o Cristianismo como relixión do Imperio e o que, no Concilio de Nicea, aproximadamente no ano 325 despois de Cristo, lle daría o golpe de gracia á crenza na reeencarnación, advertindo que non era bo para os intereses do imperio que a xente crera na reencarnación, era preciso que crera que só existe unha vida futura e que a calidade desa vida estaba determinada polo sometemento ás ordes da igrexa.










viernes, 25 de octubre de 2013

O PODER DA ATRACCIÓN

"Pienso, luego existo." R. Descartes

Todo o que nos sucede atraémolo nós mesmos á nosa vida sen decatarnos porque non somos conscentes de que os nosos pensamentos e a nosa mente está concentrada nos acontecementos negativos ou positivos que vivimos. A forma máis sinxela de entendelo é pensar en nós mesmos coma se foramos imáns que atraen o que o pensamento e a mente está pensando. O que o noso pensamento e a nosa mente proxecta, faise realidade. Normalmente respostamos aos acontecementos e retroalimentamos o que sucede a continuación.

"Cualquier cosa que la mente pueda concebir, puede ser lograda." W Clement Stone

Por inercia histórica, a maioría de nós erguémonos pola mañán pensando no que non queremos e atraemos unha e outra vez eses acontecementos negativos dos que queremos fuxir. Se estamos rodeados dunha montaña de débedas enviamos un sinal de angustia e desesperación que alimentarán sucesos angustiosos e desesperantes, creando unha espiral incesante de efectos non desexados na nosa vida.

Temos que crer para crear. Cada vez que temos un pensamento está en proceso a creación dun acontemento. Trátase de poñer toda a nosa atención no que desexamos e loitar para conseguilo, poñendo toda a nosa fé nelo, eliminando medos e dúbidas. Se pensamos dese xeito, proxeitaremos unha imaxe nova de nós, positiva e satisfeita, e atraeremos situacións positivas e persoas positivas. Existen ao noso redor todas as posibilidades para vivir a nosa vida, só temos que elexir unha e concentrarnos nela para vivila axeitadamente. Será coma un bucle que retroalimentará a nosa experiencia como queremos que sexa.

Debemos entusiasmarnos co que facemos, vivir con paixón, alegres e agradecidos polo que somos e polo que facemos. Ser un e estar en harmonía co que queremos e co universo. Cando a intuición empuxa desde dentro, deixémola actuar.  Conscente ou inconscentemente a mente estalle dando forma ao que percibe. Somos os creadores da nosa propia vida. Normalmente imos co piloto automático posto e non temos o control sobre os acontecementos.

"La imaginación lo es todo. Es la vista previa de lo que la vida va a atraer." Albert Einstein

A intelixencia emocional é a ferramenta que che axuda a comprender os acontecementos e a conducir o teu pensamento cara o que realmente queres para conseguilo. Os teus pensamentos orixinan os teus sentimentos. Simplifiquemos as emocións en dous polos: sentirse mal ou sentirse ben. As emocións negativas fan que nos sintamos mal, tanto se lle chamamos culpabilidade, enfado ou frustración leva a un estado de insatisfación e desesperación. Por outro lado, o que nos fai sentir ben, sexa a esperanza, a felicidade ou o amor, deben estar en consonancia e en harmonía co que queres. Os sentimentos positivos son un mecanismo de retroalimentación, un reflexo do que está por vir. 

Podes sentir saúde, felicidade, amor, porque o universo corresponderá á natureza do teu sentimento. O que penses, o que sentes e o que se manifeste será siempre igual: "...do que sementes colleitarás...". Non sabemos cando nin como, pero se nos mostrará se non abandonamos. 

A nosa fisioloxía produce enfermidade como resposta aos malos pensamentos e ao desequilibrio. A enfermidade non pode vivir nun corpo cun equilibrado estado emocional. Pensemos no "efecto placebo". Todos sabemos que consiste nunha pastilla azucarada sen ningún principio activo que incida sobre o noso organismo para curarnos. É a nosa mente a que cré que pode curarnos e é ela a que nos cura. 

"Creas tu propio universo sobre la marcha". W. Churchill

Neste mundo globalizado, creamos pensamentos de loita contra e anti constantemente, hai unha loita anti-terrorista, unha loita contra a fame, unha loita antitabaco..., etc. O que non fai máis que alimentar aquelo contra o que se loita: o terrorismo, a fame, o tabaquismo..., etc. O problema non se resolve loitando contra, senón acercándose a..., o amor o une todo, o odio e a violencia o separa.

"A lo que te resistes persiste". Carl Jung 

"Sigue tu dicha y el universo te abrirá puertas donde solo había muros." J. Campbell










jueves, 24 de octubre de 2013

OS GRANDES ERROS DA RELIXIÓN E DA FILOSOFÍA AO LONGO DA HISTORIA

"No mires lo que fuimos; mira lo que somos." Fedro de Macedonia

A realidade ten diferentes niveis. O nivel máis profundo é o principio fundamental da UNIDADE. A un ivel microscópico, somos os átomos que conforman as nosas células, pero tamén somos as células que forman o noso corpo e a un nivel macro tamén somos un corpo que forma parte do Cosmos.

Un dos erros máis grandes que provocaron as relixións e algúns movementos filosóficos ao longo da historia foi o feito de considerar a Deus un ser distinto e separado de nós e dos seres que pobran o universo, un ser supremo, omnipotente e persoal ao que debemos venerar, amar, compracer e do que esperamos obter unha recompensa  ao final da nosa vida. Esta idea trouxo e segue atraendo moito sufrimento ao mundo. O Ser transcendente rebasa todos os entes sen ser el mesmo un ente e desborda e supera dialécticamente o mundo das formas, está por enriba e en toda a morfoloxía cósmica.

Temos o arquetipo dunha grande ciencia, pero a única ciencia que pode acercarse ao dito: "...unha semilla é igual que o reino dos ceos..." é a física cuántica. Actualmente contamos con tecnoloxías punteiras, imáns antigravidade e campos magnéticos de enerxía punto cero. Sen embargo, temos un concepto terrible, supersticioso e atrasado de Deus. Deus ten que ser máis grande que a maioría das debilidades humanas e máis que a "grandeza da destreza humana".

As persoas aceptan as regras con sumisión cando as ameazan con grandes frases sobre o castigo eterno. ¿Cómo pode un home ou unha muller pecar contra o absoluto, o universal, a unidade de todo o que existe...?. ¿Cómo pode unha pequena unidade de carbono na terra, nun lugar da parte máis alonxada da  vía láctea, traicionar a Deus...?. É imposible. Pero o colmo da arrogancia é crear a un Deus á imaxe e semellanza dos creadores.


"Todo lo que somos surge con nuestros pensamientos. Con nuestros pensamientos construimos el mundo." Buddha Dhammapada