APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 31 de diciembre de 2013

O INCONSCENTE COLECTIVO



"Si quieres conocer el pasado, entonces mira tu presente que es el resultado. Si quieres conocer tu futuro mira tu presente que es la causa.". Siddharta Gautama

O inconscente colectivo transcende o inconscente persoal de Freud e está constituído por símbolos primitivos que forman parte da psique e van máis aló da razón. Un sustrato común aos seres humanos de todos os tempos e lugares do mundo. O inconscente do símbolo nunca está definido. Os arquetipos expresan o indeterminado, comprenden os instintos a nivel biolóxico  pero tamén a parte espiritual, dispostos en todo momento a formar representacións sobre a conciencia persoal. Esa tendencia non se adquire coa educación nin co contacto coa cultura, xa que é innata e hereditaria. Obsérvanse en todas as épocas e culturas como manifestación instintiva da especie. Pero son perturbadores xa que non chegamos a coñecelos de todo e nunca esgotan o seu significado. 

O inconscente colectivo está formado por imaxes que recollen a historia pasada da humanidade. Estamos dotados cun repertorio de comportamentos dispostos no sistema nervoso central para activarse tan pronto como atopen os estímulos axeitados no contorno. Son pautas de comportamento impregnadas na nosa psique. A sociedade esixe que toda persoa represente un rol a xeito de "máscara" no teatro da vida. É coma se nunca pudera amosarse aos demáis coa totalidade da súa personalidade. O establecemento da persoa é un recurso "normal" e necesario, pero existe o risco de que o "yo" remate identificándose con esa máscara e o individuo sinta que non lle é fácil saber quen é o seu "yo" e quen a persoa.

O proceso de individuación permítelle ao neno ir abandoando o inconscente para ir progresivamente tomando conciencia do mundo que o rodea. Debe adaptarse ás expectativas do seu contorno e converterse en persoa, axustarse a "máscara", buscar o seu sítio e afirmarse. Pero descoida outros aspectos importantes e xorde a sombra á que despraza a ánima e que necesariamente debe aflorar para atopar o camiño, voltar ao orixe, volver a ollada cara o "si mesmo".

O "si mesmo" é o arquetipo da totalidade e centro regulador da psique, oculto detrás da personalidade total, é o encargado de levar a cabo o proxecto vital e de guiar o proceso de individuación. É a unión dos opostos, unha magnitude anteposta ao "yo" conscente. Comprende o conscente e o inconscente, por máis que queiramos facelo conscente, sempre haberá unha cantidade de inconscente que impide o acceso á totalidade. A súa vivencia pode sentirse como o "deus dentro de nós", a meta da vida, é a máis completa expresión do destino do individuo. Como diría Jung: "ese nós que "tamén" somos", ese nós que se está forxando. O sentido da vida e a harmonía conséguese coa unión da conciencia cos contidos inconscentes da mente coa que se supera o "yo" e se conquire a plenitude.

lunes, 30 de diciembre de 2013

AUTOESTIMA E FELICIDADE

"Tu visión devendrá más clara solamente cuando mires dentro de tu corazón... Aquel que mira afuera, sueña. Quien mira en su interior, despierta". C. Jung


A autoestima é fundamental para a supervivencia psicolóxica. É o final do camiño para unha personalidade ben establecida. Vívese como un xuizo positivo sobre un mesmo ao conseguir un entramado persoal coherente nos aspectos físico, psicolóxico, social e cultural. Cunha boa autoestima vai medrando a satisfacción e a seguridade nun mesmo e ante os demáis.

Ter unha boa autoestima implica aceptarse a un mesmo a pesares das limitacións, os erros e as expectativas que non se cumpliron; é preciso integrar a parte física: a morfoloxía corporal (beleza, estatura...), características fisiolóxicas (enfermidades...). A sensopercepción, a memoria, o pensamento, a intelixencia, a conciencia, a vontade, os instintos, a linguaxe verbal e non verbal, forman un entramado que dibuxa un estilo persoal no que un se sente a gusto e ben instalado. Saber relacionarse, incluso para os tímidos compensados que a pesares de contar con poucos recursos psicolóxicos os copensan con audacia e vontade.

A dimensión cultural é capital para ter unha boa autoestima. Hoxe é pouco fecuente atopar xente cunha cultura sólida; por un lado está a televisión que tende a enchelo todo coa súa presencia porque non esixe ningún esforzo (por iso é un dos instrumentos máis utilizados para entontecer e manexar ás persoas) e polo outro está a falta de tempo indispensable para ler (hoxe só somos capaces de ler unha frase bonita no Twitter e os videos máis vistos en internet son aqueles que compiten por ver quen fai máis o parvo...). A vida moderna, trepidante e cun ritmo acelerado, non deixa lugar máis que para o traballo, para buscalo quen non o teña e para a competitividade que esixe un enorme esforzo para non quedar atrás profesionalmente.

Un erro frecuente que acostuma minar a autoestima consiste en compararse cos demais. Pero cando se fai só se explora a superficie e non o fondo; é dicir, aquelo que se observa desde fóra: o que ten e non o que é e como é. Dicía Spinoza que o mellor xeito de matar un sentimento e deixalo reducido a nada era facer unha fría e exhaustiva análise do mesmo. A palabra envidia procede do latín invidere que significa "mirar de reollo, ver de soslayo". É tristura diante o ben alleo, sempre que sexa lexítimo, e cando se compara, acoden as carencias persoais e a incapacidade para desenrolar o bo que un posúe. Entón asáltanos a inquedanza, os nervos, o pesimismo e comenzan os pensamentos distorsionados que antes ou despois provocan un evidente malestar.

Os trastornos da personalidade son un obstáculo para alcanzar esa vella aspiración natural, tan cercana e tan lonxana que é a felicidade. A felicidade é a vocación universal do ser humano, unha tendencia metida no máis fondo do seu ser, un desexo profundo que o arrastra, pero ante todo é un estado de ánimo, unha paisaxe interior na que se reflicte o contento que está un consigo mesmo.

A felicidade absoluta non existe, é unha entelequia sen consistencia pero sí é posible un sentimento de felicidade razoable no que exista unha boa proporción entre obxectivos e instrumentos, medios e fins. É preciso non pasar por alto unha premisa básica: quen non sabe o que quere non pode ser feliz e que, dado que a dimensión máis importante da vida radica no futuro, xa que nel se achan as nosas grandes aspiracións, temos que entender a felicidade como unha ilusión. Toda realización persoal é sempre deficitaria, insuficiente, porque a persoa é un animal descontento por naturaleza. Pero a vida de cada un ten unha tonalidade, unha impresión subxectiva global que lle afecta ao conxunto da persoa e que no caso da felicidade consiste en sentirse ben cun mesmo. A felicidade descansa sobre unha actitude mental positiva, un esforzado intento de vivir en harmonía cun mesmo. Para facelo, é preciso dar coas claves, aceptándose na parte que non nos gusta e loitando para modificar o modificable. Ao final, cando miremos atrás, sairá o que fumos, será o momento da verdade.

O ingrediente fundamental da felicidade é o amor. O vacío afectivo marca negativamente a conduta. A nosa sociedade non sabe nada sobre o amor, tanto a nivel xeral como particular. Non hai felicidade sen amor e non hai amor sen renuncias. Un anaco esencial da afectividade está tecido de sacrificio, algo que non está de moda, que non ten boa prensa, pero resulta vital. Poñer o benestar e o pracer como metas absolutas da conduta supón un grave erro, xa que a vida está surcada de problemas, loitas, fracasos e, por suposto, reviravoltas no camiño. Polo que para moitas persoas a felicidade queda reducida a ter unha economía saneada e boa saúde. O camiño da felicidade pasa por ir resolvendo o conflicto que levamos dentro. A medida que imos descubrindo a complexidade da existencia dámonos conta de que a felicidade non depende do de fóra, senón da interpretación que fagamos da realidade.

MENTE E OUTROS MUNDOS

"Por un inmortal poder, todas las cosas, 
cercanas o lejanas,
ocultamente,
están ligadas entre sí,
de modo que no puedes arrancar una flor
sin perturbar las estrellas." Francis Thompson


A física cuántica socavou a noción "de sentido común" da realidade obxectiva e coloca ao observador no centro da definición de calquera idea válida do mundo real "exterior". O universo pode describirse como un superespacio de universos: a superposición dunha infinitude de mundos superpostos.

Segundo Wigner, a realidade debe a súa creación ao acto conscente da observación. A conciencia afecta ao mundo reducindo a superposición da realidade.  Antes de que houbera vida intelixente o universo "realmente" non existía. Os seres vivos teñen a grande responsabilidade cósmica de manter a existencia de todo o que existe. Se cesara a vida, todos os demais obxectos, desde a estrela máis remota ata a menor partícula subatómica xa non disfrutarían de realidade independente, senón que caerían no limbo da superposición.

Para Bohr as ondas de materia non son en absoluto unha cousa, senón únicamente un procedemento de cálculo. É un erro pensar que a físcia se ocupa en descubrir como é a naturaleza, xa que se ocupa do que nós podemos dicir da naturaleza. Heisenberg propón que as matemáticas "xa non describen o comportamento das partículas elementais, senón só o noso coñecemento do seu comportamento.".

Everett dinos que eses outros universos que non percibimos existen realmente, non son meras realidades potenciais. En palabras de De Witt: "Debemos imaxinar que o noso universo está constantemente dividindose nun inmenso número de ramas". "Cada transición cuántica que ten lugar en cada estrela, en cada galaxia, en cada remoto rincón do universo está dividindo o noso mundo real en miríadas de copias de si mesmo.".

Ademáis desta incesante repetición, os nosos propios corpos tamén se dividen unha e outra vez. Non só o corpo, tamén o cerebro e a nosa conciencia se multiplica repetidamente, converténdose cada copia nun ser humano presente e sintinte que habita outro universo moi parecido ao que vemos ao noso redor. Quizais as visións intuitivas e a elaboración das grandes teorías, incluída a de Einstein poidan explicarse como supostas imaxes dalgún outro mundo vislumbradas por persoas dotadas de especiais capacidades sensoriais. A incertidume é realmente a exacta medida da nosa ignorancia. O xogo do azar non parece proceder da naturaleza, senón da nosa percepción da naturaleza. 

"Se ve que Dios no juega a los dados (...) Nuestra conciencia traza una ruta aleatoria a lo largo de las trayectorias constantemente ramificadas del cosmos, como si fuéramos nosotros y no Dios quienes jugásemos a los dados...". Paul Davies

domingo, 29 de diciembre de 2013

AUTOCONCEPTO E TRASCENDENCIA

"Ser responsable significa ser selectivo, ir eligiendo." V. Frankl

Unha das características máis importantes da personalidade é o autoconcepto. Unha sociedade constituida por persoas cun baixo nivel de autoconcepto non pode ser considerada unha verdadeira sociedade, ou alomenos non funcionará ben. C. Rogers (1964) sinala que unha personalidade sana permite que a persoa se desenrole como realmente é, pero as esixencias da socialización non permiten que ese desenrolo careza de control. Básicamente o desenrolo do autoconcepto é a historia da tensión entre o que a persoa é e o que a sociedade lle permite.

O autoconcepto dos propios pais e o xeito en que tratan aos seus fillos influirán no autoconcepto do neno ou nena. En xeral, os nenos con nais con alto autoconcepto teñen un autoconcepto máis elevado que aqueles que teñen nais con autoconcepto baixo. Na escola o autoconcepto do estudante está influído pola imaxe que o mestre ten del. O feito de que o neno teña pai e nai representa un posible risco para o desenrolo do seu autoconcepto, xa que o pai e a nai poden ter distintas expectativas e desexos con respecto a él. Se os desexos dos pais difiren entre sí, o neno se enfronta a un dilema imposible de solucionar, xa que nunca poderá conseguir a estima dos dous. Wyer (1965) comprobou que, canto máis en desacordo están os pais con respecto á eficacia do seu filo e ás expectativas que teñen con él, menos eficaz será o cumprimento das esixencias académicas deste. 

Rogers desenrolou unha terapia que chamou "centrada no cliente" que se basea na idea de que só a persoa implicada pode coñecer verdadeiramente o seu "yo" real. A tarefa do terapeuta consiste en "facilitar" que o cliente se coñeza a sí mesmo. O máis interesante desta terapia consiste en que a tarefa do terapeuta non é determinar que é o mellor para o seu cliente, senón que é a implicación da persoa no desenrolo do seu "yo" a que logra os mellores resultados.

Unha das técnicas máis utilizadas pola sociedade en xeral e polos pais en particular é reforzar a conducta desexada. Os sorrisos, as loubanzas, o cariño e outros reforzos son determinantes poderosos da conduta, especialmente cando se teñen cubertas as necesidades biolóxicas básicas. Se unha persoa cun autoconcepto baixo se considera a sí mesma pouco fiable, pouco atractiva, pouco intelixente, débil, etc., as consecuencias para a súa conduta son desastrosas. A persoa probablemente fracasará e terá unha vida desgraciada. Sen embargo, podemos cambear ese autoconcepto e que a conduta da persoa tamén cambie e poida colocarse nunha situación na que lle sexa posible comenzar a pensar no éxito. Se unha persoa pensa que é atractiva, intelixente, eficaz, realmente o é. 

Victor Frankl (1991) suliña a importancia da transcendencia, de atoparlle un significado á vida que vai máis aló dun mesmo. Brota así o mundo dos valores inmutables, contundentes e universais. O valor é un ben obxectivo, que perfecciona ao ser humano e o fai mellor, é o ben que todos buscan porque é quen de saciar a sede da persoa. A conciencia subxectiva aparece cando a persoa volve a atención cara o seu interior. Logo de coñecerse a fondo é cando se volta a mirada cara o exterior, tomando conciencia do obxectivo en toda a súa dimensión. ¿cal é o meu "yo" real e o meu "yo" ideal? ¿qué pretende o sistema e que modelos me ofrece?. É preciso enriquecer a conciencia crítica, coñecernos primeiro para logo disfrutar cunha axeitada autoestima o coñecemento que nos ofrece a realidade.

O mundo dos valores permítenos fuxir do vacío existencial (núcleo das neuroses), da sensación de vivir absurdamente. Para a psicoanálise a dialéctica establécese entre o desexo do pracer e o desexo de poder, pero non son máis ca efectos, nunca fins en sí mesmos. O sentido da propia vida é algo que se vai topando no camiño e é subxectivo. Os valores teñen a función de aliviar a búsqueda. A actitude fronte ao sufrimento e as situacións difíciles; o heroísmo da loita persoal; o goce e o disfrute estético e o que un é quen de crear, abrindo unha fiestra cara novas formas de vida. A autorrealización lévanos a sacar o máximo proveito das nosas posibilidades, estando abertos á experiencia. Este "being process" (chegar a ser) condúcenos a gañar confianza en nós mesmos.

"Vive como si estuvieras viviendo por segunda vez y como si la primera vez hubieras actuado tan desacertadamente como ahora estás a punto de obrar.". V. Frankl

viernes, 20 de diciembre de 2013

ENDORFINAS


As endorfinas son péptidos opioides endóxenos que funcionan como neurotransmisores. Prodúceas a glándula pituitaria e o hipotálamo durante o exercizo físico, a excitación, a dor, o consumo de alimentos como o chocolate, o namoramento e o orgasmo.

Son semellantes nos seus efectos analxésicos e pola súa sensación de benestar ás drogas opiáceas (derivados do opio). Por este motivo se lles chama as moléculas da falicidade. Permiten disfrutar da vida, deleitarse coa contemplación da naturaleza e rexurdir con máis facilidade das crises persoais sen deixar "demasiada" pegada emocional. 

Unha caricia, un abrazo, unha palabra amable liberan endorfinas. Privados das endorfinas seriamos incapaces de sentir pracer pola vida. As persoas que descargan poucas endorfinas atopan con dificultade o equilibrio psíquico necesario para enfrontar o cotiá. Séntense desgraciadas e desbordadas polos problemas da vida diaria. O estrés, a mala alimentación, a  falta de exercizo , e sobre todo a forma de pensar inflúen poderosamente na descarga de endorfinas. 

Realizar a diario exercizo físico moderado cunha dieta alimenticia equilibrada en proteinas aumenta a descarga de endorfinas (Rousseau dicía que non lle debiamos facer caso ao noso pensamento cando estiveramos ociosos). É fundamental aprender a percibir a realidade como algo ao que nós lle damos forma e coñecer a verdade que levamos no noso interior, esquecendo estereotipos e prexuizos culturais. Ter claros os nosos valores priorizando sempre o máis importante: o ser humano e a vida, para crear unha realidade harmónica co que somos utilizando a intuición e a imaxinación. 


jueves, 19 de diciembre de 2013

PARAISOS ARTIFICIAIS

"La felicidad es un dueño tiránico, sobre todo la felicidad de los demás.". Aldous Huxley

No ano 1923, Aldous Huxley describiu na novela "Un mundo feliz" unha civilización escrava dos fármacos. Imaxina o escritor, unha sociedade dominada por unha sustancia que aporta paz ou euforia segundo a dose que se administre.

Entre as drogas e os medicamentos, as fronteiras son cada vez máis ambiguas e o futuro se anuncia químico.  O consumo de antidepresivos, de ansiolíticos e de sedantes nos países chamados desenrolados está coñecendo un aumento vertixinoso. 

 Fármacos como a viagra para activar a potencia sexual, antidepresivos para falar en público; o uso de sustancias con fins recreativos en función do que se precisa en cada momento: pastillas para activar a empatía, para eliminar a fatiga, para relaxarse, para ter unhas mellores relacións sexuais...etc. Este recurso sistemático á quimica saca á luz preguntas sobre a evolución da sociedade e as esixencias que pesan sobre o individuo na actualidade.

Onde está a fronteira entre a normalidade e a depresión e, entre a normalidade e a angustia. A partires de qué momento na duración dunha crise de ansiedade hai que aplicar o tratamento. O mesmo ocorre co insomnio, etc. Se os antidepresivos e outros fármacos foran tan eficaces, habería menos índices de depresión e doutros trastornos e é xustamente ao revés. Non é de recibo que se fabriquen mediciñas caras cun marketing excelente aos que se lle adecuan os respectivos trastornos segundo a súa suposta eficacia e non ao revés.

Estase estreitando a fronteira entre as sustancias clandestinas e a farmacoloxía legal. O futuro da sociedade se dibuxa baixo un trasfondo de descubrementos asombrosos, escravo das novas drogas e medicamentos. Pronto nos ergueremos coa pastilla para levantarnos, deitarémonos coa pastilla para dormir, disfrutaremos coa pastilla do pracer, comeremos coa pastilla que incita á fame...etc. Deste xeito, preguntámonos ¿o home e a muller do futuro serán zombis sedados con fórmulas químicas?

"Uno cree las cosas porque ha sido condicionado para creerlas.". Aldous Huxley

miércoles, 18 de diciembre de 2013

O INCONSCENTE


A psique é un sistema autorregulado que se esforza por manter o equilibrio entre tendencias opostas. Cando se produce unha polaridade no reino "conscente" dunha persoa, o seu "inconscente" reacciona de inmediato tentando correxir o desequilibrio que se está a producir. A psique ten unha estructura circular: a conciencia particular, o inconsciente persoal e o insconscente colectivo. O "eu" abarca a conciencia e o inconsciente persoal. Está situado entre dous mundos: o exterior e o interior. De aí que para unhas persoas o externo sexa o máis impotante, mentres que para outros o é o seu mundo interior. O inconscente persoal, ao igual que o colectivo, conteñen non só o reprimido, senón tamén o que non se pensa, o esquecido, o subliminal, o presentido (mundo das ideas de Plantón).

O inconscente percibe, ten intencións e presentementos, ao igual que o conscente. Só hai unha diferencia esencial entre o funcionamento conscente e o inconscente da psique: o conscente, a pesares da súa intensidade e a súa concentración, é puramente efímero, se acomoda só ao presente inmediato e á súa propia circunstancia; non dispón, por naturaleza, senón de materiais da experiencia individual, que se extenden apenas a uns poucos decenios. Para o resto das cousas, a súa memoria é artificial e se apoia no papel impreso. Sen embargo o incoscente non é concentrado nin intenso, senón crepuscular até a escuridade, abarca unha extensión inmensa, dispoñendo de percepcións subliminais e as estratificacións depositadas no decurso da vida dos antepasados.

Yung dí que se o inconscente pudera ser personificado, tomaría os rasgos dun ser humano colectivo que vivira á marxe da especificación dos sexos, da xuventude e da vellez, do nacemento e da morte, dono da experiencia humana, case inmortal e que estaría por riba das vicisitudes dos tempos. O presente non tería significación para él; sería un soñador de soños seculares e, a súa experiencia desmesurada, un oráculo de pronósticos incomparables, xa que viviría un número incalculable de veces a vida do individuo, da familia, das tribus, e dos pobos, e coñecería o ritmo do devir, do desenrolo e da decadencia.

É absurdo pretender que este sistema de experiencias da psique incoscente non é máis que unha ilusión. O inconscente preexiste sempre, ao ser unha disposición herdada de época en época. A conciencia só é un brote tardío da alma inconscente. 

OS COMPLEXOS

"En realidad, dependemos, en proporciones angustiosas, de un funcionamiento preciso de nuestro psiquismo inconsciente, de sus sobresaltos y de sus fallos ocasionales.". C. G. Yung

Os complexos representan partes esenciais da mente. Están presentes en todos os seres humanos, sanos ou enfermos. Ás veces parecen actuar de xeito diferente do "eu" coma se tiveran unha personalidade propia, cobran vida para producir "lapsus" cotiás e en estados alterados poden manifestarse como síntomas patolóxicos.

 Os complexos provocan os grandes estados de ánimo, tanto os sufrimentos como as grandes alegrías. Vóltanse enfermizos cando se negan. Diante un complexo, a persoa pode ter varias actitudes: ignoralo, identificarse con el, proxectalo cara aos demais ou enfrontalo. Só o último camiño pode resolver o complexo facendo que desapareza. A disolución consiste en facelo conscente para coñecer os dous polos opostos que siempre esconde, o aceptado conscientemente e o reprimido. Conciliando os opostos o individuo "desconecta" e evita caer nalgún dos dous polos. Recoñecendo a sombra e aceptándoa, traéndoa á luz, ao conscente.

Os complexos teñen un carácter cuasi-instintivo. Actúan como instintos ao xerar reaccións expontáneas ante determinadas situacións ou persoas, pero non son puramente innatos como tampouco o son os instintos. En grande medida, os complexos son producto da experiencia: un trauma, interaccións e patróns familiares, condicionamento cultural. Todo isto se combina con elementos innatos (imaxes arquetípicas de Jung) conformándose así a totalidade do complexo. Son imaxes asociadas e recordos de eventos traumáticos, reprimidos no inconscente.

O "pegamento" que entretexe e mantén no seu sitio os elementos asociados do complexo é a emoción. O arquetipo preexiste como imaxe e forza que motiva, pero carece da perturbación e as angustias do complexo. Todos temos complexos, xa que, a súa orixe ven determinada non por traumas evidentes, senón pola imposibilidade do ser humano de expresar a totalidade da súa naturaleza ao ser permanentemente coartada polas diversas limitacións sociais e culturais.

O síntoma é o fenómeno de estancamento do fluir alterado da enerxía que se expresa tanto somática como psíquicamente. É o representante do complexo, é o sinal de alarma. Os complexos separados da actividade psíquica, separados da consciencia, funcionan de maneira autónoma e arbitraria, levan unha existencia aparte da esfera do  inconscente, desde a cal poden en calquera momento inhibir ou estimular produccións conscentes. Son situacións psíquicas alteradas cargadas de emoción que son incompatibles coa manifestación habitual da conciencia.


A MEMORIA (I)


"Lo que ocurre en el pasado vulve a ser vivido en la memoria.". John Dewey

A memoria é unha función do cerebro e á vez un fenómeno da mente que lle permite ao organismo codificar, almacenar e recuperar a información do pasado.

Non hai un único lugar físico para a memoria no noso cerebro, mentres nalgunhas rexións como o cortex temporal se almacenan os recordos da nosa infancia, o significado das palabras se garda na rexión central do hemisferio dereito e os datos da aprendizaxe no cortex parieto-temporal. Os lóbulos frontais adícanse a organizar a percepción e o pensamento e moitos automatismos están almacenados no cerebelo.

Atkinson e Shiffrin (1968) elaboraron un modelo de procesamento en tres etapas: memoria sensorial que é un rexistro inmediato e sensorial da información que se esvaece con rapidez; a memoria a curto prazo que retén, durante un periodo curto de tempo 7 máis/menos 2 items de información, e a memoria a longo prazo  que é ilimitada.

Existen modelos teóricos para explicar os procesos cognitivos de reter e recordar a información, pero non explican en que consiste a relación entre a memoria e a conciencia. Ciceron nos "Tusculanae Disputationes" dí que a memoria é unha das facultades específicas da mente chamada animus. Enumera primeiro a memoria que Platón afirma ser reminiscencia dunha vida precedente. Para Ciceron a memoria contén impresas na anima as nocións das grandes cousas. O animus posúe tales nocións da realidade inmutable antes de entrar no corpo.

As matemáticas, aritmética e xeometría e as súas relacións, cálculo, proporcións, construcción de figuras..., están presentes na memoria. San Agustín utiliza a terminoloxía platónica da "memoria" e do "esquecemento" para referirse aos estados mentais activo e latente do coñecemento. Neste sentido, aprender será recordar. A mente que aprende e recorda a "verdade" pode retornar ao lugar de onde veu (cogitatio e meditatio). Segundo Plotino, a memoria atópase a nivel da alma imaxinativa na medida en que participa do Nous e do Un; cando esquece as cousas terrenas e supera as formas intelixibles para fundirse co Un.

"Somos nuestra memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, ese montón de espejos rotos.". Jorge Luís Borges




martes, 17 de diciembre de 2013

O TEMPO (E=mc2) (II)

"...el alma virtuosa puede aspirar a la eternidad, abrazar y comprender las grandes renovaciones cíclicas de la creación y percibir así que las futuras generaciones no presenciarán nada nuevo.". Marco Aurelio

A maioría de nós  entendemos o tempo como algo que se prolonga en línea recta cara ao futuro. Isto é algo que herdamos do xudeo-cristianismo. Pensamos no tempo como unha cantidade abstrata que pode dividirse en horas, minutos e segundos. Pero a maioría das civilizacións antigas non compartían esa visión do tempo como algo lineal que se prolonga nun futuro indefinido. 

Os pobos antigos pensaban que o tempo era cíclico; que o mundo estaba condeado a repetirse indefinidamente. Isto é o que pensaban os seguidores de Pitágoras, os estoicos e parte dos neoplatónicos, pensaban que os seres humanos estaban destinados a volver a nacer en ciclos futuros e que os mesmos acontecementos (ou semellantes) se repetían unha e outra vez (doutrina do eterno retorno). Incluso Aristóteles que rexeitou a teoría do eterno retorno pensaba que a historia seguía esquemas cíclicos e que o tempo se podía considerar circular.

Os babilonios eran uns magníficos astrónomos, dispoñían de catálogos de estrelas, tiñan constancia do movemento dos planetas e dispuñan de técnicas matemáticas tan complexas coma as que usaban os occidentais nos tempos de Copérnico. O astrónomo babilonio Kidinnu calculou o movemento do Sol cunha precisión que non se superou até o século XX. Querían saber o que ocurrira no pasado para desenrolar técnicas que lles permitiran prever acontecementos futuros. Na dinastía Caldea en Mesopotamia (625-539 a.C.) voltárase preponderante esta idea. Séneca relataba que o sacerdote babilónico Beroso, uns trescentos anos atrás (290-270 a.C.) ensinaba que o mundo sufría unha total destrucción para voltar a ser creado a intervalos periódicos. Os sucesos amosaban esquemas cíclicos paralelos aos que se lían no ceo. Platón, no "Timeo" dá unha definición disto. Parece que sitúan a duración entre ciclos duns 36.000 anos.

Aristóteles, nos seus "Problemas", apunta: "De ser un círculo la vida humana, al no tener el círculo ni principio ni fin, no tenemos por qué ser "anteriores"  a quienes vivieron en tiempos de Troya, ni ser ellos "anteriores" a nosostros por estar más cerca del principio". Os estoicos chegaron á conclusión de que o tempo implicaba un ríxido determinismo, xa que o que ocurriría no futuro non sería máis ca unha repetición do pasado, polo que os humanos eran incapaces de influir no decurso dos acontecementos. Pero, ainda que non se pudera alterar o fado, quedaba a posibilidade de cultivar a vontade virtuosa porque só a vontade humana é libre. 

A filosofía india no tempo dos Vedas (1500-600 a.C.) concebía os ciclos dentro doutros cósmicos de creación e destrucción que se prolongaban eternamente. Os antigos chinos, imaxinaban o Cosmos coma unha interacción entre o Ying e o Yang. Os mayas tamén crían no tempo cíclico e non é casualidade que os españoles decidiran someter aos itza no ano 1698, ano no que crían que se produciría a catástrofe cíclica. Os misioneiros españoles visitaran ese mesmo pobo uns oitenta anos antes e se enteraran da crenza do pobo itza na data para a que estaba previsto o final daquel ciclo. Segundo a colección de mitos nórdicos que se coñece co nome dos Edda en prosa, o Ceo e a Terra quedarían destruidos ao producirse o Ragnarok "Crepúsculo dos deuses", nome que utilizou Richard Wagner para unha das súas óperas cando aínda contaba coa amizade de Nietzsche.

Posto que a idea do tempo cíclico aparece en tantas culturas, parece ilóxico consideralo como un fenómeno lineal, pero o xudaísmo e o cristianismo céntranse en acontecementos históricos únicos, así no éxodo de Exipto só ocurrira unha vez, xa que era un feito de grande transcendencia relixiosa. As promesas de Deus a Abraham, as leis de Moisés...A historia é un contexto no que se cumplen os propósitos de Deus e sería unha blasfemia pretender que estes feitos se repetirían unha e outra vez, ainda que non lles era allea a idea do tempo cíclico, xa que no Eclesiastés din: "Lo que ha sido es lo que será; y lo que se ha hecho, lo que se hará; y no hay nada nuevo bajo el Sol.". Segundo o cristianismo, "...se le pidió entonces a Cristo que cargara con los pecados de muchos", dí S. Pablo na Epístola aos hebreos en en Pedro 3:18 " Porque Cristo también sufrió en una ocasión por los pecados.". San Agustín acusou á doutrina do tempo cíclico de ser promulgada por sabios "engañosos y engañados", ademais de ser insensata e impía. Durante o século XIII Étienne Tempier, bispo de París, dixo que debían condearse por heréticos os postuladores do tempo cíclico. Pero a pesares disto, o tempo cíclico continuou a ser motivo de debate no renacemento e no seculo XIX, F. Nietzsche propuso que se o Universo era finito e o tempo infinito, era inevitable que se repetiran unha e outra vez os acontecementos. Pero o cristianismo proporá a resurrección da vida co mesmo corpo só ao final dos tempos.

Isaac Newton cría saber o que era o tempo e ao comenzo dos "Principia", escribiu: "El tiempo absoluto, verdadero y matemático, por sí solo, y debido a su propia naturaleza, fluye regular, sin relación con nada exterior a él.". Hoxe sabemos que estaba enganado porque o tempo é relativo tal como demostra a teoría restrinxida da relatividade, xa que o tempo depende do estado de movemento do observador. A relatividade dinos que se un acontecemento A, precede a un B no sistema de referencia dun observador, a orde pode invertirse no sistema de referencia doutro observador.  Cabe preguntarse se non pudera invertirse o tempo nun Universo que se estivera contraendo. No caso de existir seres intelixentes nesa etapa do Universo, non lles sorprendería que todo funcionase cara atrás, xa que os seus procesos mentais funcionarían ao revés, "pensarían cara atrás" polo que verían os fenómenos exactamente igual que nós, verían a contracción do Universo coma se fora unha expansión e voltarían a vista cara o big crunch coma se fora o bing bang, o comenzo do Universo, non o final.

lunes, 9 de diciembre de 2013

DUALIDADE MENTE-MATERIA

"Creo sencillamente que alguna parte del Yo o del alma humana no está sujeta a las leyes del espacio y el tiempo." C.G. Jung


O noso mundo é unha rede de relacións, non unha colección de cousas separadas. N. Bohr demostrou que o átomo só se proxecta na realidade concreta cando facemos unha observación, en ausencia desta, é unha pantasma e non se materializa.
A realidade que se manifesta non se pode separar do observador que a percibe. Din que os indíxenas non eran quen de ver as grandes naves de Colón que se acercaban ás costas americanas porque nunca viran tal cousa. O chamán, intrigado polo ondear do mar acudía á costa para ver que pasaba e tras un tempo de danzas e rituais, foi quen de velas e de preparar ao seu pobo para facelo. Os experimentos levados a cabo na Universidad de París por A. Aspect e colegas en 1982 demostraron que o mundo en termos de obxectos que existen con independencia do observador se desmorona completamente a causa do factor cuántico. O que quere dicir que cando fixamos a atención sobre algo lle estamos dando unha definición e un valor.
O físico H. Everett en 1957 propuxo a teoría desenrolada por B. Dewitt da Universidade de Texas en Austin, de que existen múltiples mundos alternativos de forma paralela, ambos son reais e conteñen observadores humanos, pero cada conxunto de habitantes percibe a súa propia rama do universo.
A realidade coexiste en "dous mundos paralelos fantasmales" nun estado híbrido. No momento en que fixamos a atención, un dos mundos se esvaece e desaparece e o outro sae do "limbo" para facerse realidade. É a acción da mente sobre a materia, a mente obriga ao electrón a decidirse.

"Quien no se sienta abrumado por la teoría cuántica es que no la ha entendido." Niels Bohr

O PROBLEMA DO SER

¿A que se debe que exista el mundo y no la nada que cabría imaginar en su lugar?. W. James

"Aparte del hombre, ningún ser se pregunta sobre su propia existencia. Cuando el hombre empieza a tomar conciencia de sí mismo, se considera como algo que da por hecho, algo que no precisa explicación alguna. Pero esto no dura mucho tiempo, ya que, al surgir la primera reflexión, se despierta esa curiosidad que es la madre de la metafísica, y que hizo decir a Aristóteles que los hombres se sentirán inclinados a filosofar, ahora y siempre, a causa de su curiosidad. Cuanto más abajo se encuentra el hombre en la escala intelectual, menos enigmática se le antoja la existencia... pero, a medida que su conciencia se hace más clara, más le sobrecoge el problema en toda su grandeza." A. Schopenhauer


Deus é o Ser, "sustancia infinita, eterna, inmutable, independente, omniscente, omnipotente pola cal todo o que existe foi creado"; "o inconocible" de Spencer, o "noúmeno" de Kant, o mundo "totalmente outro" e transcendente de Plantón, do cristianismo e doutras grandes relixións. É o Tao, que non pode verse, oírse nin nomearse porque, doutro xeito non sería Tao. A razón ten que gardar silencio, pero as emocións non teñen porque facelo e resulta difícil imaxinar a un físico que non se sorprenda coa fantástica personaxe de si mesmo. Como escribiu Carlyle, "o home incapaz de facerse preguntas, ainda que reteña na súa cabeza a totaliade da mécanique céleste e a filosofía de Hegel, non é máis ca unhas gafas tralas que non hai ollos...".

A ciencia nunca poderá atopar resposta a esa extraña e inquietante pregunta: ¿Por qué existen as cousas? A razón é que a ciencia só pode explicar un porqué dentro do marco dunha lei descriptiva xeral. ¿Por qué, se tiramos unha moeda ao aire, cae de novo cara o chan? A causa da gravidade. ¿Cómo se explica a gravidade? Mediante ecuacións da teoría da relatividade. Pero ainda que os físicos lograran unha ecuación da que puderan derivarse todas as leis físicas, preguntariamonos o porqué desa ecuación. Ainda que todo se reduza a un número finito de partículas e ondas, preguntámonos: ¿Por qué esas partículas e esas ondas? Sempre queda, necesariamente, un sustrato básico, un abismo escuro como dixo Santayana, diante o que a intelixencia permanece en silencio.

O existencialismo con Jean Paul Sartre á cabeza, foi que máis se preocupou polo absurdo do ser. Sartre en "La náusea" presenta o longo monólogo dun home obsesionado polo absurdo do ser que se contempla até que o invade a náusea. É a antítese da obra de Chesterton na que o protagonista tamén se sobresalta diante o singular descubremento de que está vivo, pero o considera un feito tan estimulante que inventa sen cesar inxeniosos métodos para provocar en sí mesmo un estado  constante de ánimo, de admiración e de gratitude pola vida. Deus non é un absurdo, o absurdo é negalo.