APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 28 de septiembre de 2014

O DAIMON

"La naturaleza tiene perfecciones para mostrar que es la imagen de Dios, y defectos para indicar que es tan sólo su imagen". Pascal 



Daimon, na antiga Grecia, se refería a divinidades primitivas representadas metade bestias, metade humanas; tamén designaba as almas divinizadas dos antepasados que exercían sobre o mundo unha labor de protección, ademáis de referirse a seres divinos intermedios entre Deus e os seres humanos (os anxos). 

Heráclito pensaba que o mundo estaba poboado por forzas (Daimons) que rexían os elementos naturais  e de igual forma pensaba Pitágoras para o que o mundo estaba habitado polo sobrenatural. Sócrates se refería ao seu Daimon persoal como "a enerxía interior, unha especie de voz da conciencia, que actúa a traveso da vontade, sobre a vida, como contrapeso das inclinacións ou tendencias". O Daimon socrático infería forza interior e a través dela o filósofo podía experimentar os ritos e as crenzas máis antigas da cultura grega. Dicía que debiamos prestar atención aos Daimons, que son a voz profética do noso interior. 

Para as relixións abrahámicas, o mito de Satán representa a encarnación do mal. No xudeo-cristianismo o demo é un espíritu maligno que se pode introducir nos humanos posuíndoos. Reza un antigo proverbio: "Daimon est Deus inversus". Satán toma forma antropomórfica individualizada para  explicar o mal, a crueldade e a inxustiza que provoca o ser humano. Deus é todo bondade e misericordia. Só a imaxinación perversa pode producir o mal. Para as relixións dhármicas, a encarnación do mal queda condicionada polos actos da persoa que é libre para actuar.

A persoa séntese máis conscente da interferencia dos poderes superiores cando se enfronta con desgrazas na súa vida. Pero, se cada persoa recolle as consecuencias dos seus actos (karma), a solución parece depender de nós. A dificultade está na socialización dun proceso histórico que se replica no código xenético, polo que a solución depende da transformación individual e da impronta que ésta deixe na memoria de cada civilización: " Se recoge lo que se siembra: el que siembra para satisfacer su carne, de la carne recogerá sólo la corrupción; y el que siembra según el espíritu, del espíritu recogerá la vida eterna". Gálatas 6:8







miércoles, 24 de septiembre de 2014

EGO E CIVILIZACIÓN

"El error se precipita por un plano inclinado, mientras que la verdad tiene que ir penosamente cuesta arriba". Refrán antigo 




O principio absoluto da naturaleza despoxa a historia das súas vestiduras humanas exteriores. Como diría Montaigne: "Señores: aquí tengo un ramillete de flores escogidas; nada hay en él mío, sino el cordón que las ata". É difícil que a mente humana permaneza libre de pre-xuizos. A luz e as tebras son, en si mesmas idénticas, só son divisibles na mente humana. Mentres que as tembras son luz absoluta, a luz non son máis que sombras, ilusión, maya. 


As tembras son a matriz eterna das que xorde a luz. Un ten que adquirir a conciencia de si mesmo para comprender a orixe da ilusión. O ollo de Shiva faculta para ver por medio da intuición. O Nous de Anaxágoras, absoluter geist de Hegel está formado por spermeta que nos conduce á orde e á harmonía, pero o Misterum Magnum de Paracelso será sempre inescrutable para a mente humana. A persoa so pode aspirar a un estado de Samadhi que é o punto máis alto de coñecemento espiritual. 

Dicía Jung que mediante o comprender nos liberamos da dominación do inconscente e quizais a "Participación Mystique" do primitivo que diría Levy-Bruhl, indiferenciación entre suxeito e obxecto introxectada na persoa, onde reina a identidade inconscente, non afectara a psique patoloxizando a personalidade por ser o ego o centro de gravidade da persoa.

O mal está impreso no ego que é a negación da vida e se opón ao propio Kosmos; é a violación da orde natural que nos ofrece a posibilidade de ser. O ego instaura unha orde distinta á que lle é propia á vida e renuncia á unidade. Polo ego lle foi atribuída á materia o estigma do mal e a responsabilidade da multiplicidade. Pero a materia non é condición suficiente, senón necesaria para a posibilidade do mal.


O mal non está na materia, senón na utilización que o home fai da materia. O recén posúe a facultade de aprehender a luz pero a civilización opta polas sombras e a división, desatendendo as facultades que o unen ao Kosmos. O intelecto é como unha pizarra, unha tabula rasa que está en condicións de aprehender o infinito, de tal xeito que é a persoa a que elixe dividir a "rex cogitans" da "rex extensa" por empregar a famosa división de Descartes, desviando o  ego cara o mal. 

A negación do home debe entenderse como superación; como negación dun estado ontolóxico para alcanzar outro diferente. Superar a individualidade negando o ego que se erixe como medida suprema do ser a través do querer e ter para convertirse na persoa que é sen desexar, que posúe sabiduría "sen saber nada" como diría Sócrates e que ten tan alta estima como a de Dióxenes para dicirlle aos poderosos: "aparta que me tapas o sol".

jueves, 18 de septiembre de 2014

CORPUS DIAMANTINO

"Alterna la lucidez del Paraiso 
Con la noche profunda, plena de terrores ". Goethe 



O Corpus diamantino imputrescible nace da flor de ouro no templo da pulgada cadrada, onde se atopa a luz branca central. Ao Suprimir a separación entre conciencia e vida se funde a Scheli, o corpo inmortal, para que se mostre o camiño que conduce á unidade con Deus. Quen busca a eternitas debe buscar o lugar onde brota a auga permanens, a esencia orixinal da vida no sagrado corazón de Jesús. 

Só o espíritu primordial vence a dimensión espacio-temporal porque está máis alá das formas e das diferencias polares. Vence as oposicións da luz e a escuridade. A unión dos opostos sobre un nivel máis elevado se manifesta a través de figuras simbólicas. As fantasías espontáneas se concretan e afondan paulatinamente en imaxes abstractas que representan principios archai-gnóstcos e expulsadas polo pensamento dan paso a formulacións intuitivas de leis presentidas que son dramatizadas ou personificadas. 

Os mandalas, Cristo cos catro evanxelistas ou Horus e os catro fillos son círculos máxicos. Os mandalas coa propensión ao catro recordan a Tetraktys pitagórica. A pranta é a miúdo imaxe e símbolo da luz e representa o vínculo entre conciencia e vida,  a vesícula xerminal. Do escuro xurde a luz. O inconscente faise conscente baixo a forma dun proceso de vida e crecemento. O símbolo mandálico reacciona sobre o autor porque procede do círculo protector, do círculo máxico que se conserva en numerosos contos populares. As prácticas máxicas non son outra cousa que proxeccións do estado anímico que atopan a súa réplica na alma "encantando" a personalidade. Consiste en retrotraer a atención cara un espacio sacro interior que é a morada da alma. 

A circum-ambulatio consiste en fixar e concentrar a atención ao redor do recinto sagrado para que a roda comence a xirar e retorne ao camiño. O periférico se subordina ao si mesmo para que queden implicados todos os aspectos da personalidade. O movemento circular unifica as forzas lúcidas e escuras da naturaleza humana. É o autocoñecemento a través da auto incubación. Por medio da atención se chega á orixe, ao punto focal; á definición do indefinido, o masculino e o feminino, a orixe hermafrodita. É a fusión espiritual dentro da personalidade física e fenoménica.; a representación da persoa "nova" nun plano trascendental onde desaparecen as sensacións corporais para prestarlle a enerxía á lucidez da conciencia, o que provoca a solución dos problemas da alma, e un desligamento da personalidade dos "enredos" emocionais e ideolóxicos, creando a unidade con Deus que se experimenta como liberación. 

A conciencia non pode alcanzar a unidade simbólica porque o inconscente colectivo non entende a súa linguaxe e se expresa a través de símbolos "máxicamente" efectivos que conteñen analoxías "primitivas". Só mediante o símbolo se pode descifrar o inconscente que debe emerxer desde o fondo do esquecemento para fundirse na unicidade da conciencia co "primitivo" da existencia humana. 



viernes, 12 de septiembre de 2014

SALUTIS

"A ninguno de nosotros, en esta tierra, se le pide que haga más de lo que esté en sus manos hacer, y si nos esforzamos por obtener lo mejor de nosotros mismos, la salud y la felicidad constituyen una posibilidad cierta para cada uno de nosotros". Edward Bach. 



O triunfo da saúde sobre a enfermidade depende da comprensión da bipolaridade e do poder que opera no noso interior para correxir e superar as nosas caréncias. A causa primixenia da enfermidade depende da desarmonía entre a alma e a personalidade. A nosa habilidade para utilizar a vontade e descubrir a carencia que está provocando o conflicto é fundamental para neutralizala coa virtude oposta. 

Aceptar a nosa realidade é o primeiro paso para chegar a coñecernos, resolver os nosos conflictos conscentes e aprender da experiencia para superarnos e medrar. O azar e a incertidume aparentes son produto do noso descoñecemento das leis que rixen os fenómenos que observamos. Como diría Einstein: "Deus non xoga aos dados".

A sicronicidade dos sucesos fenoménicos só se percibe a través da alma á que podemos chegar por medio da virtude. O inconscente atravesa en determinados momentos a Maja e se presenta no mundo sensible en sicronicidade coa conciencia. Todo o coñecemento está no noso interior e o seu estudo aporta o recoñecemento do saber que está latente na alma.

Aprender é recordar e coñecer non é máis que re-coñecer. Non é máis que espertar e darlle sentido á nosa existencia. Sócrates dicía: "coñécete a ti mesmo" e quen non recorda o seu pasado está condenado a repetilo. O proceso é complicado, pero se atopamos as claves para entender e resolver os problemas da nosa vida cotiá estamos no camiño. 

A vida é un vector de tránsito con traballos que realizar para acceder ao coñecemento,  medrar e mostrarse ante os demais. Compre achar o método para conducir o ego e o desexo cara a unidade. O proceso integra accións, desexos, pensamentos, devoción e servizo en todas as facetas da vida. É un proceso de transformación que permite progresivamente adquirir diferentes niveis de conciencia ata chegar á conciencia total, 

Kepler dixo: Mi más grande deseo es conservar, dentro de mi medianía, al Dios que encuentro por doquier en el exterior, también interiormente". Goethe engadiría: "El noble hombre no se sintió consciente de que, justamente en ese momento, lo Divino en él estaba en la unión más precisa con lo Divino del universo". 

miércoles, 10 de septiembre de 2014

ARETÉ

"En todas las cosas naturales y humanas el origen es lo más excelso". Platón 


O suxeito individual está atrapado na bipolaridade do ego e non é conscente dos contidos da conciencia porque está condicionado pola experiencia. A conciencia do si mesmo supera o ego individual. O ego é a representación mental da imaxe reflexada pola experiencia dos demáis e como produto social ignora a parte trascendental da conciencia. Ningunha persoa pode ser conscente do sí mesmo se non dirixe a mirada cara o seu interior.

A persoa virtuosa busca a harmonía para sentirse "sano", darlle sentido á existencia e utilizar a personalidade como instrumento de realización persoal. A Areté é a perfecta harmonía cósmica. O que posúe Areté "sabe remar contra corrente" para chegar ao coñecemento do Ben, da Beleza e a Xustiza e, sente a necesidade de equilibrar a alma coa personalidade para poñelas ao servizo da Vontade e seguir a senda da realización persoal. 

As forzas arquetípicas do cosmos entran en xogo como pares de opostos que se unifican nun equilibrio dinámico. A harmonía e o equilibrio entre o interno e o externo, identifican á persoa coa súa alma por medio da prudencia, a fortaleza e a temperanza e compensan os defectos, os erros e as carencias co desenrolo de capacidades e virtudes para restablecer o equilibrio. 

O ser humano é un hiato entre o interno e o externo unificado a traveso da Vontade. O ego só percibe caos no cosmos (orden) tras o que só hai unidade. É o ser sen tempo, a liberdade total, superadas as resistencias do mundo e a presión do orgánico; a persoa completa como conciencia obxectiva. O individuo aprende os segredos do universo e se realiza como ser vivo espiritual aquirindo o ser primordial coa conciencia do "si mesmo".