APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 22 de diciembre de 2014

RENACER POLA FE

"...El que cree, vivirá para siempre... " Jesús de Nazaret


Cando vivimos de forma automática, cada día, ao espertar, sentimos que temos que facer un grande esforzo porque o novo día se nos presenta cheo de desafios e, en numerosas ocasións, non somos quen de enfrontalos. Non son poucas as persoas que elaboran expectativas sobre o seu futuro que son como castelos no aire e requiren para manterse un grande caudal de angustia que vai deixando un sedimento de ansiedade e medo que so desaparece co consumo. Pero so se trata dunha desaparición momentánea e aparente. 

O progresivo fracaso do desenrolo persoal derivado do sometemento constante ao bombardeo publicitario, vai tecendo unha urdime a través de reclamos culturais que provoca no ser humano un gasto permanente de enerxía que vai socavando e empobrecendo o seu interior até convertilo nun adicto ao exterior. Son moitas as persoas que recurren ao alcol e ás drogas para poder "soportalo", precisando consumir para manter o "síndrome de Popeye" e ser os/as máis altos, máis guapos, e os mellores, pero a entropía é limitada e a transformación acaba converxendo nun fracaso maior. Outros sucumben directamente nun síndrome patolóxico que se converte nunha espiral sen retorno. 

As funcións superiores, cando se ven alteradas sistemáticamente, poden provocar un estado de nerviosismo que se apodera da mente da persoa, proxectando a linguaxe simbólica do arquetipo cara o exterior, co que a persoa sofre graves danos na súa memoria e na súa identidade, pasando a ser considerado un "louco endemoniado". Para recobrar a liberdade e a identidade é preciso reinventarse (modificación da conducta), converter o fracaso en éxito permanente, e a forma de facelo é por medio do "bautismo na fe", redimir a escuridade do pasado para convertelo no sustrato dun presente luminoso, onde poidamos desenrolar o noso potencial humano, e descubrir o camiño que leva á unidade con Deus. 

Parménides, Pitágoras, Sócrates, Lao-Tsé, Buda, Jesús, nos amosan o camiño: "pide e se che dará;  busca e acharás; chama e se che abrirá". Só é preciso ter confianza para buscar e recobrar o sentido da vida. Unha vida polarizada no exterior nos convirte en autómatas, "porque el que siembra para la carne, de la carne segará corrupción.. ". É por medio dos feitos que se constrúe a persoa. Con verdadeira fe, a realidade obedece á intención das nosas plegarias. O presente é a construción do noso pensamento; un día de orballo é maravilloso para unha persoa romántica que ten a mente entrenada para percibir a beleza nas inclemencias do tempo, mentres que para aqueloutras que "precisan" tomar o sol é "un fastidio". Unha e outra forma de percibir é únicamente o noso desexo, conscente ou inconscente. 

A realidade pode ser como queremos que sexa se nos entrenamos para percibir os eventos e regocixarnos coa nosa obra. Se sementamos maldade, maldade recibimos; se somos inxustos recibimos inxustiza; pero se somos xustos e proxectamos amor, recibiremos xustiza e amor. O que proxectamos volve a nós como futuro. Por iso Jesús de Nazaret dicía: "non fagas a ninguén o que non queiras que che fagan a ti. Gandhi conseguiu a liberación da India "ofrecendo a outra meixela" coa resistencia pasiva. 

O instrumento clave para proxectarse é a fe. Para buscar e atopar, pedir e recibir, é a oración en estado de concentración alfa por medio da meditación, unha ferramenta imprescindible. Todas as consideradas "grandes mentes" ou "persoas santas" desde Gandhi a Jesús, pasando por Siddartha Gautama ou Lao-Tzé, entre moitos, utilizaron a meditación, ben sexa con mantras, imaxes mentais, ou plegarias, para alcanzar a iluminación. Ti mesmo/a todos os días sen decatarte estás enviando "plegarias", so que, a maioría das veces, cunha intención negativa, convertendo a túa realidade nun "calvario". É preciso meditar e pedir, para que cando ollemos, poidamos contemplar unha realidade en harmonía co que sentimos no noso corazón; pero non debemos esquecer a fe e que a petición sexa sinceira e razonable. 

domingo, 7 de diciembre de 2014

O ACTO COMO LIBERACIÓN

"Es más fácil dividir el átomo que eliminar un prejuicio". A. Einstein 


Cada un de nós, desde que nacemos nos enfrontamos co místerio da vida. A ciencia tenta darlle unha resposta, pero non pode crear vida e ten que manterse ao nivel de teoría. Existe un espacio que non pode encherse con plantexamentos obxectivos no que o acto subxectivo correcto crea un vínculo natural harmónico coa naturaleza que lle dá sentido. O acto é unha acción liberadora que vai no sentido da vida. Mediante o acto transformamos as tinieblas en luz. 

Os actos pasados constrúen os actos presentes e o precursor de toda acción é o pensamento. Libre ou condicionado, o pensamento xorde no campo cuántico como unha centella de enerxía no umbral da conciencia que o codifica e o modela antes de convertilo en acción. O que decide iniciar un camiño elixe tamén o lugar ao que se dirixe e a intención vai marcando o paso como un diapasón. Dicía Einstein que hai dúas formas de vivir a vida, unha como se nada fose unha milagre, a outra como se todo o fora. As milagres non suceden en contradición coa naturaleza, senón en contradición co que coñecemos da naturaleza.

Deus observa o que facemos e a inteligencia divina infinita crea o intelecto humano que dirixe o pensamento que lle dá orixe á realidade. O coñecemento leva a descubrir onde radica a verdadeira sabiduría e a entregarse á enerxía infinita e imperecedoira de Deus. A paz e o acougo son como unha volvoreta que se pousa sobre un cando se sente tranquilo. A alma utiliza imaxes para pensar e unha vez que saibas como buscar a paz, poderás pedir, buscar e atopar.

Para sermos atraídos cara a dimensión espíritual debemos sentir o fracaso, a perda e a dor, ou ver que a vida carece de sentido converténdoa así nun fracaso. Eliminar a dor física non é sinxelo, sen embargo, eliminar o sufrimento é máis doado. Resulta fácil comprendelo unha vez que se descubre o segredo, pero a cuestión é descubrilo. A ledicia non está nas cousas, senón no noso interior; quenes queiran cantar sempre atoparán unha canción.


sábado, 6 de diciembre de 2014

ESTADO ALFA

"Duda de todo. Encuentra tu propia luz". Buda 



Desde o nacemento ata os 2 anos  de  idade o cerebro humano funciona con ondas de cerebrais de menor frecuencia, de 0,5 a 4 ciclos por segundo. Este rango de actividade electromagnética se conoce como ondas delta. O ser humano adulto se atopa neste rango de actividade donde impera o inconscente, cando está profundamente dormido. 

Entre os 5 e os 8 anos funciona nun rango de actividade alfa de 8 a 13 ciclos por segundo. Nesta etapa o mundo interior é tan real como o exterior. Por iso o neno, cando non lle gusta o que vé, se cubre os ollos coas mans e, a partires dese instante, o acontecemento desaparece. Nun estado de ondas alfa, se pechamos os ollos (o 80% da información entra polos ollos), podemos acadar un estado de relaxación tal, que se diriximos a atención cara o noso interior e nos concentramos por medio da meditación, podemos repasar o noso pasado para comprender o noso presente e transformalo.

Se queremos reinventarnos, o estado alfa é a nosa ferramenta ideal. Permítenos utilizar o pasado para crear un presente máis reconfortante. A meditación en estado alfa nos mergulla nun mundo inconmensurable que nos abre as portas dun estado crepuscular e de lucidez no que non existe fronteira entre o conscente e o inconscente no que imperan as ondas zeta, de 4-8 ciclos por segundo, permitindonos acceder ao coñecemento infinito do sono profundo das ondas delta, de 0,5-4 ciclos por segundo. 

A través da meditación atravesamos os distintos mundos desde as ondas delta até as beta nun exercizo de transformación que vai desde o que fumos ao que somos e que devirá no que seremos. É o instrumento a traveso do que "limpamos as impurezas do pasado" para instalarnos "noutra pel" coa que nos sintamos a gusto e en paz con nós mesmos.

A través da meditación en alfa, podemos achar o verdadeiro tesouro que se acocha no noso interior e descubrir mediante a práctica os distintos estados da conciencia a través das ondas gama que se asocian con estados de maior atención na intención, con estados de felicidade, de verdadeira com-paixón, que nos conducen a unha verdadeira actualización e realización do noso ser.

jueves, 4 de diciembre de 2014

ESTADO BETA ALTO OU DE NECESIDADE

"Si un hombre tiene cien ovejas y se le pierde una, no abandona las noventa y nueve y acude en busca de la extraviada... " Mt 18:12-13


O estado Beta alto ou de ondas de rango alto, se caracteriza por un patrón de ondas cerebrais de 22 a 50 hercios. É un estado de alerta no que o sistema nervoso autónomo se dispara e se prepara para a acción. Se observa en situacións estresantes, momentos nos que se producen no corpo perigosas sustancias químicas que se volven contra el provocando o descenso do sistema inmune e múltiples enfermidades. 

Este estado de ansiedade provocado pola excitación do estado de alerta, nos impide desviar a atención para centrarnos en aprender, crear, soñar, resolver un problema ou "limpar as feridas" para curalas . Un estado Beta alto prolongado é unha fonte de desequilibrios a longo prazo. A forte estimulación das vísceras a través do sistema nervoso simpático, provoca cambios na nosa psique que repercuten de forma importante no noso organismo e na nosa realidade. 

A percepción, condutas, actitudes e emocións se alteran e a atención se focaliza no exterior. Se perden a temperanza e a mesura e nos sentimos desorientados e perdidos. Este estado permite unha análise rápida do exterior para tentar detectar o perigo, a nosa capacidade sensorial é maior, polo que estamos máis expostos ao bombardeo da información que nos chega do exterior (publicidade). Pero require un elevado coste en enerxía que a nosa psique precisa para manter sano o corpo e a mente e, para centrarse no interior. 

Se o estado Beta alto se volve crónico e incontrolable o cerebro ten que traballar sempre ao límite. Por desgraza, a maior parte de nós funcionamos neste estado, por iso sufrimos de fatiga crónica, de insomnio, somos obsesivos e nos comportamos de forma compulsiva, cando non estamos deprimidos. Este proceso inicia a cadea que transmitimos a cotío nas nosas relacións. Nos aferramos á dor e nos sentimos víctimas impotentes ou ansiamos ser poderosos competindo en todo momento por ser os primeiros. 

O sistema nervoso autónomo fai funcionar o corazón, se ocupa de que respiremos, da dixestión e do sistema inmunolóxico, ademais de regular as hormonas e o metabolismo. En tanto a psique manteña o control e a enerxía estea equilibrada e organizada, o organismo se mantén en harmonía e sano. Pero ao vivir nun estado prolongado de ondas beta alto a psique se sobrecarga e perde o control con consecuencias imprevisibles. O exterior toma o control provocando no corpo sensacións de ira, medo, ansiedade e depresión. Un suxeito sometido a tal situación sucumbe á presión do entorno, á competitividade, á agresividade, a inseguridade e á frustración. 

O estado de beta alto é un estado moi efectivo en prazos e situacións concretas, pero prolongado no tempo se converte nun estado errático no que e a atención permanece anclada no tempo e no espacio e a intención ten como único obxectivo o corpo e a dispersión. Nunha situación errática e caótica da psique, o cerebro non cumple a súa función; o corazón funciona demasiado, provocando arritmias e alta tensión, a dixestión se altera provocando refluxos gástricos e indixestión, e o sistema inmune se debilita provocando resfriados, alerxias, artrites, cancro e outras enfermidades. 

AUTO-ACTUALIZACIÓN (I)): PURIFICACIÓN

"...donde esté vuestro tesoro, allí estará vuestro corazón. La lámpara del cuerpo es el ojo; así que, si tu ojo es sincero, tu cuerpo estará lleno de luz; más si tu ojo es malo, todo tu cuerpo será tenebroso... " Mt 6:21-23



Para Platón, coñecer era recordar o que a alma sabía cando estaba no mundo das ideas. O recordo se lograba mediante o diálogo filosófico. Sócrates definía como mayéutica ao proceso de facer "parir" a verdade a través do diálogo. Freud e Breuer preferían utilizar o concepto de catarse para definir o recordo dunha emoción reprimida que ao facerse conscente liberaría ao individuo da histeria. Catarse en grego significa purificación, e na poética de Aristóteles era a purificación emocional, mental, corporal e espiritual. 

Por medio dun estado de suxestionabilidade aumentada ou hipnose, J. Breuer e S. Freud persuadian aos seus enfermos para que recordaran momentos do pasado, que se instalaran no inconscente, para "desbloquealos" e curalos da histeria. A suxestión hipnótica que acadamos a través da meditación é a ferramenta idónea para comunicarse co inconscente e descubrir os "vicios e  maldades" que  nos "bloquean" e nos impiden fluir, volvéndonos ineficaces. Permítenos observar eses complexos, aceptalos,  "purificalos" e desaprendelos por medio da luz e do coñecemento.

A través da meditación podemos acadar un estado de ondas alfa, de 8-13,99 Hz no EEG, no que a persoa se atopa relaxada e con escasa actividade cerebral,  para regresar no tempo e analizar o seu pasado. Nalgúns casos, incluso podemos provocar un estado de ondas máis lentas, ondas theta, duns 4-7,99 Hz, no que se acada unha calma profunda. Neste estado as tarefas se automatizan e escapan ao control conscente, xorden as ideas e as solucións creativas, e podemos elevar a mente por riba do corpo, do espacio e do tempo. Neste estado, a persoa pode acceder ao seu inconscente e visualizar o seu pasado chegando a recordar sucesos inaccesibles para a conciencia que están incidindo no decurso da súa vida e en moitos casos provocándolle enfermidades físicas e psicolóxicas. 

Este acto de purificación nos axuda a auto-actualizarnos e poñer toda a enerxía na construción dunha nova persoa. Mediante a oración e a imaxinación, podemos modificar a nosa personalidade, a forma en que nos comportamos e experimentamos o mundo interior, para encarnar un novo ser cuántico. O coñecemento e as habilidades da persoa, así como a fé que teña no proceso, influirán no seu futuro desenrolo. Continuamente estamos enviando, de maneira conscente ou inconscente, sinais da nosa intencionalidade que constrúen o noso devir. O que facemos, sentimos e como nos comportamos volve a nós como futuro.

Cando unha persoa decide buscar unha saída e reinventarse ten que crer que é posible o cambio, visualizar o seu pasado para actualizalo, decidir como quere ser e empregar toda a súa enerxía no novo "perfil", sen temor a errar, utilizando os atrancos como aprendizaxe. Se persiste na auto-actualización non tardará en decatarse de que está no camiño de ser esa nova persoa. Dicía Sócrates: "Busca e encontrarás... ". "Pedid, y se os dará; buscad, y hallaréis; llamad, y se os abrirá" (Lc 11:1-10).