APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 2 de septiembre de 2015

CUADROS PARA UNHA EXPOSICIÓN

(2)  As dúas vontades 


Quixo o fado que a vontade natural,
íntimamente ligada á ánima,
o seu principio, a súa forza e o seu pulo;
acción inspiradora de amor, paixón e valor;
expresión directa da necesidade vital;
comunidade de pracer,
memoria esencial da persoa
e inconscente da súa identidade global,
contraria á acción calculadora
que obedece ao interés e á ambición persoal
da competencia e a indiferencia desigual
do frío cálculo,
se desviase da súa infancia provocando a disonancia
da razón acomodada, vontade da reflexión;
instrumento da uniformización da vontade comunitaria,
de cooperación e cohesión;
da vontade reflexiva orientadora do pensamento,
forxadora do sometemento da paixón pola vida e da acción;
do desexo de pertenza do intelecto ao principio de razón;
inflexión e conversión do hábito natural en convención
da memoria de representación
dos pulos do corazón.


Alfonso Iglesias Zamar 
Compostela, a 02 de setembro de 2015