APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 25 de octubre de 2015

A ENFERMIDADE VITAL

   
       A palabra sirve para edificar, sobre  todo como exposición ante un enfermo. Ser enteiramente un consigo mesmo; atreverse a ser un individuo, na inmensidade do seu esforzo e da súa responsabilidade, é unha proeza loable; pero é máis doado engañarse, acochándose na sociedade para xulgar a quen se atreve con empresa tan laboriosa. 
     Do mesmo xeito que para o pensamento cristiá a morte expresa a peor miseria espiritual, aínda que a curación mesma sexa morrer para este mundo, hai na enfermidade unha dobre vertente de desesperación e ensinanza vital. A enfermidade non é máis que un episodio que ilumina o camiño da existencia humana. Non é o final,  senón o principio.  
     Se trata de comprender que a enfermidade está instalada na nosa mente e vela como unha mensaxe de aprendizaxe e de esperanza. O defecto non é recoñecer o erro, senón participar del e tremar por aquelo que non se debe temer. Aceptar a realidade nos da coraxe para enfrentarnos sen temor a unha nova forma de contemplar a vida. A enfermidade non debe ser desesperación, senón camiño. Soren Kierkegaard nos introduce na desesperación da enfermidade mortal que procede do "pecado orixinal". Pero sen a desesperación, a enfermidade non leva á morte, senón a unha vida máis plena; quen desespera morre; é incapaz de contemplar a riqueza que a vida lle ofrece. 
        A historia é unha forza que nos impulsa cara diante. Somos conscientes da noso pasado e levamos o xerme do inconscente colectivo no noso espíritu, o que determina as nosas accións nunha medida considerable, teñamos consciencia delo ou non. Toda causa ten o seu efecto e a desesperación provoca incertidume e anticipa a enfermidade.
     Para Platón o mal era a desorde, mentres que para o xudeo-cristianismo a enfermidade é produto do pecado, un pecado que cometeran os nosos ancestros; nacemos en pecado e polo tanto enfermos; para sanar,  precisamos expialo e redimilo.
    Non podemos falar de persoas enfermas ou sanas; tan só compre falar de enfermidades que se instalan na nosa mente. A mente emite a información a través do pensamento que se manifesta e se fai visible no corpo. O que ocorre no corpo dunha persoa é a expresión ou concreción do eidolon que se forma no noso pensamento e se manifesta  no pulso, no ritmo do corazón, na temperatura corporal e nas glándunas hormonais, creando no organismo anticorpos ou pola contra, enfermidades que limitan as nosas defensas e as nosas accións. Cando estas funcións funcionan dun xeito harmonioso lle chamamos saúde; pero se a nosa mente se perturba a través do noso pensamento, a harmonía do conxunto se rompe e entón falamos de enfermidade.

jueves, 22 de octubre de 2015

A MARCHA DA VERGOÑA

    Nos anos oitenta, os mercados se liberalizaron e o sistema capitalista abrazou a maior parte do planeta. A globalización unificou ás clases capitalistas de todo o mundo. Isto supuxo unha revolución que resultou desgarradora. Nun ano, cincocentas sociedades transnacionais privadas controlan como mínimo o 52% do produto bruto mundial. 
     As multinacionais asumen o papel de señores feudais e son máis poderosas que calquera estado ou goberno. Controlan desde os fertilizantes e a auga até o petróleo e os cereais e o seu volume de negocio é superior á maior parte dos presupostos dos países do noso contorno. Perseguen reducir a capacidade de decisión das sociedades e os individuos para elexir o seu futuro. A democracia se prega  ás decisións e aos intereses destas empresas. 
     ¿Por qué os políticos non confesan que non poden ou non se atreven a facer nada? Que mentira se esconde detrás da democracia que pregonan se, despois de votar, a participación do pobo queda suprimida e en estado de indefensión xurídica. Dicía José Saramago que "os organismos mundiais que determinan a economía dos países non son democráticos (...) A democracia política só nos permite quitar un goberno e poñer outro... "
     Só se pode participar se pagas; é dicir, se eres accionista dunha multinacional. É o único xeito de participar e cambiar o mundo. ¿Quen votou para que houbera guerra en Iraq, Siria, Afganistán, etc.? A condición para manterse no poder é obedecer e acatar as directrices do Banco Mundial, do FMI e da Organización Mundial do Comercio. Lula en Brasil acatou a débeda para non sufrir o seu ataque. Non queda lonxe o que sucediu en Arxentina e está moito máis preto o que sucediu en Grecia... 
     O neoliberalismo utiliza a estratexia do libre mercado para apropiarse de todo e de todos, incluso das nosas vontades. A acumulación de capital esixe que todo se transforme en mercancía. Eliminar as sociedades para transformalas nun mundo de individuos alleados en permanente competencia, "libre, pero non falseada", o que lle impide aos estados intervir. Só existe o mercado; o real é a economía. 
     Búscan a privatización do sistema público porque asegura miles de millóns en beneficios e utilizan as universidades como escolas superiores ao seu servizo, exercendo unha coacción constante sobre os países cuxa economía está hipotecada pola débeda externa. Non a débeda dos cidadáns; senón a dos gobernos corruptos que expolian os países. Mentres os gobernos se adiquen a pagar a débeda, non hai democracia, paz, nin futuro posible para o terceiro mundo. Os plans de axuste estructurais impostos, obrigando á privatización de multitude de servizos, provocan como resultado final o aumento  da pobreza dunha grande parte da poboación. 
     ¿Por qué non reaccionamos? Porque se fai lentamente, de acordo a un plan preestablecido. O Corralito arxentino, Bankia, os Paraísos fiscais, son consecuencia dun sistema homicida. Mentres outros toman as decisións, os anciáns falecen polo impacto das estafas. Só se nos permite empobrecer e morrer como ilustra un titular de El País: "El FMI pide bajar pensiones por el riesgo de que la gente viva más de lo esperado".
     Hoxe se moven no planeta máis recursos desde o punto de vista especulativo que os que corresponden á rede de bens e servizos. A falta de controles beneficia que a especulación o emponzoñe todo ¿Estamos ante unha situación de verdadeiro crime organizado? Os Paraísos fiscais non teñen outra xustificación económica máis ca de darlle cobixo ao diñeiro do crime e da corrupción ¿Onde queda a xustiza social que tanto se pregona? Mentres en Europa, cuna da civilización,  milleiros de refuxiados suplican axuda, fuxindo dos horrores da guerra, a poucos kilómetros de distancia nos paraísos fiscais de Mónaco, Andorra, Liechtestein, Luxemburgo e Suiza, permanece amoreado o capital acumulado por este tipo de transacións; é inmoral.
     Compre protestar, pero hoxe, a voz do pobo está mediatizada polos medios de comunicación que obedecen ao seu amo, as multinacionais e o seu obxectivo é fabricar o esquecemento. A televisión vanaliza calquera asunto por moi grave que sexa; pero, por sorte, o neoliberalismo é homicida; pero tamén suicida e como diría Benedetti:

"Lento, pero viene 
el futuro se acerca
despacio
pero viene
ya casi está llegando 
con su mejor noticia
una estrella pobre todavía
lento
pero viene 
el futuro real 
el único que incentivamos 
nosotros  y el azar... "

     

martes, 20 de octubre de 2015

A ORDE OCULTA

Impresiónanos a beleza e a maxestuosidade da naturaleza que nos rodea; as árbores, o ceo, unha posta de sol; todo é un espectáculo marabilloso; pero precisamos explicar o seu trasfondo oculto; esa especie de mundo na sombra; o código kósmico. 
        
Independentemente de si cren en Deus ou non, os científicos están de acordo en que existe un código kósmico. Stephen Hawking afirma que atopou a proba matemática da inexistencia de Deus. Suxire unha especie de creación espontánea; un vacío cuántico, anterior ao Big-bang. 
      
¿Poden os aceleradores de partículas botarlle un vistazo ao creador? A teoría de cordas predí que este "noso" universo se estende a outras dimensións. Sen embargo estamos condenados a permanecer nun mundo tridimensional. Parece que Deus trascende o bulk. O mundo non só é fermoso, matemático e elegante; tamén é a manifestación do extraordinario.
       
¿Poden existir cousas tan preto de nós sen que nos decatemos? Parece existir un universo de dimensións adicionais chamado bulk; pero as leis da física só permiten actuar nas catro dimensións convencionais (enriba-embaixo, adiante-detrás, dereita-esquerda e a temporal). O resto das dimensións son matematicamente descriptibles, pero fisicamente inaccesibles. A física tradicional nunca poderá acceder ao non comprendido.
       
Supoñendo que existan outras criaturas noutras dimensións, ¿serían capaces de interactuar connosco? Quizais esas supostas accións teñan efectos na nosa dimensión e non nos decatemos de que forma afectan á nosa existencia. A ciencia non pode confirmalo; pero tampouco refutalo.
      
Cando os científicos utilizan as leis clásicas da física para entender o Big-bang, atópanse coa singularidade; un lugar onde as leis da física parecen quebrarse. Hawking afirma que o comenzo non foi un punto; senón unha cúpula onde espacio e tempo se cruzan. Deste xeito, tentar retroceder no tempo sería como retroceder ao polo norte desde o polo norte. O universo se contén a si mesmo; nunca houbo un comenzo.
     
O punto crucial é unha situación confusa e seguirá sendo confusa. Temos ecuacións matemáticas que explican moitos universos posibles; pero ¿que deu orixe ás ecuacións? Existe unha antiga ensinanza hindú: "hai un número infinito de universos, cada un cun Deus diferente soñando o seu propio soño kósmico... " Están os seres humanos soñando unha orde divina ou é a orde divina a que os atrae cara si... Sempre existirá o non comprendido porque as matemáticas son intelixibles.