APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 29 de abril de 2014

INCONSCIENTE COLECTIVO (II): O SANGUE REAL E A EXCUSA DO SANTO GRIAL

"Estamos tan encerrados por cosas que nos empujan y oprimen que nunca tenemos una oportunidad en medio de todas estas cosas, "dadas",  de preguntarnos por quien nos son "dadas"... Carl G. Jung 

No ano 1096 os musulmáns dominan Oriente medio e os territorios comprendidos desde Persia a España. O Papa Urbano II, enfraquecidas as súas arcas, chama á guerra santa para engordalas co pretexto de liberar a Xerusalem que era a cidade sacra da cristiandade.

Tres anos máis tarde, en xullo de 1099, os cruzados toman a cidade cun baño de sangue de proporcións escandalosas, asasinando a todos os seus habitantes. Raimundo de Aguilers nunha das súas crónicas dicía: "...os homes cabalgaban co sangue ata as bridas e as coxas..., de feito, Deus xa predecira que este lugar se enchería co sangue dos descreídos xa que sufrira desde había moito tempo as súas blasfemias...".

No ano 1118, elexido lider Balduino II, recibe unha oferta do cabaleiro cruzado Hugo de Payns para formar a Orde dos Templarios ("guerreiros de Deus") coa excusa de defender os camiños da fé e a cidade santa. Son monxes e fan votos de pobreza, obediencia e castidade, pero non teñen reparos en pasar a cuchillo aos musulmans. As "forzas especiais de Cristo..." rezan mentres asasinan. A tapadeira era protexer aos peregrinos que ían a terra santa, pero a súa verdadeira función eran as riquezas que se acochaban no templo de Salomón: O Santo Grial. 

O Papa Inocencio lles outorgará a inmunidade ante as leis, normas e impostos en todas as nacións. Só eles podían cobrar intereses xa que era considerado usura e pecado, polo que non tardaron en facérense cunha inmensa fortuna que utilizaron para financiar grandes monumentos e influir sobre Papas e Reis. 

Logo de expoliar sen límites Oriente, no ano 1290 foron expulsados de terra santa e deixan de ser necesarios. Momento que Felipe o Fermoso, asfixiado polas débedas de guerra, xunto con outros "nobres" poderes, deciden aproveitar para desfacerse deles, das débedas contraídas e facérense coas súas riquezas. Encadeados son acusados de herexía e logo de seren torturados até a extenuación, deciden confesar a súa adoración a Baphomet. 

miércoles, 9 de abril de 2014

MEMORIA E IDENTIDADE

"Mandó mi madre por uno de esos bollos, cortos y abultados, que se llaman magdalenas, y muy pronto, abrumado por el triste día que había pasado...me llevé a los labios una cucharada de té en el que había echado un trozo de magdalena. En el mismo instante que aquel trago tocó mi paladar, me estremecí, fija mi atención en algo extraordinario que ocurría en mi interior." Marcel Proust: En busca del tiempo perdido


Para Hegel, o saber absoluto, meta do despliegue dialéctico do espíritu, se alcanza só a traveso da memoria. Como síntese máxica do mundo e da posible acción sobre el, se constitúe certa arte da memoria. Con Giordano Bruno a memoria logra saber como é o mundo percorrendo escenarios coa ollada. O principal interés de Bruno é reflexar as formas e as imaxes da naturaleza mediante vestixios e sombras no espello da mente. 

A Academia española define a memoria como "potencia del alma por la cual se retiene y se recuerda el pasado". Aprendizaxe, recordo e memoria están estreitamente unidos e con frencuencia se confunden. A memoria é a base da nosa personalidade, "somos o que facemos, o que dicimos e o que nos ocorre..." Posúe a orde, conexión e composición de todas as cousas; a relación entre o material e o espiritual, o superior e o inferior, e o ascenso e descenso do ser.

A memoria é a vía pola que o suxeito ascende das tembras á luz, da ignorancia ao coñecemento. Conxuga dous aspectos, lugar e imaxe. A mente é o reflexo da naturaleza e o espacio da mente ten a súa correspondencia no espacio real. O Universo non está nun lugar determinado, senón que todos os lugares son posibilidades do Universo.

Cada organismo nace cun caudal de memoria ancestral herdada de xeracións anteriores. Nacemos cunha memoria filética que nos permite analizar o contorno desde o primeiro momento; discernir olores, sabores, colores, obxectos en movemento, calor, frío, etc...

A emoción conectada aos coñecementos ten unha extraordinaria importancia porque a mente modifica intencionadamente a realidade percibida. O que aflora á nosa conciencia non é o mesmo que se gardou. O cerebro nos "engana" ao percibir a realidade e ao recordala.

Vemos o que a memoria nos fai ver. O ver é unha intención. Como diría Ortega: "El ver es un mirar". Recordar é ver, mirar de novo. A memoria lle dá continuidade á intimidade subxectiva aportándolle identidade ao suxeito. 

"CONTEMPLACIÓN" E REALIDADE

"Hay tantas realidades como puntos de vista." J. Ortega y Gasset


Newton pensaba que era posible predecir o futuro se se coñecera a posición e o momento de cada partícula no Universo. Sen embargo, para os físicos modernos iso non ten sentido. A realidade obxectiva non ten cabida nunha descripción fundamental do Universo, pero sí o ten a acción a distancia ou acausalidade. 

É a percepción a que cambia, non a realidade subxacente. Todo o Universo, pasado, presente e futuro está interconectado a traveso dunha malla de radiación electromagnética que o "ve" todo á vez. Se imaxinamos unha fendidura pola que poideramos explorar unha franxa limitada do tempo veriamos unha "danza" de partículas en interacción, de producción de pares, aniquilacións e outros sucesos complexos nun panorama cambiante. Sen embargo o que se está contemplando é algo que está fixo no espacio e no tempo.

Todo o que está considerado real está baseado na estatística de billóns de billóns de actos coa participación do observador. O universo enteiro é un circuito sobreexcitado e participativo. Os seres humanos como observadores, estamos dotados dos intrumentos necesarios para contemplar os sucesos do universo, incluido o seu principio. Os actos do observador producen unha realidade tanxible no Universo, non só no presente, senón tamén no pasado.

As partículas que unha vez estiveron ligadas por unha interacción continúan sendo partes dun único sistema e respostarán conxuntamente a interaccións posteriores. Todo o que vemos, tocamos e sentimos, está constituído por coleccións de partículas que estiveron implicadas en interaccións con outras partículas nun pasado remoto, o momento no que se constituiu o Universo e que é coñecido como Big Bang. 

Todos somos parte dun sistema único. Os átomos do corpo humano están formados por partículas que unha vez estiveron estreitamente ligadas ao lume cósmico e que estiveron próximas ou en interacción con outros corpos. Cada cousa está conectada con todo o Universo e só un tratamento holista do Universo resulta axeitado para explicar fenómenos como a consciencia.

Un aspecto da física cuántica ao que lle custa imporse no mundo da física é o feito de que implica a existencia de moitos mundos paralelos ao noso esencialmente separados no tempo da nosa realidade. Todas as alternativas son igualmente válidas como realidades superpostas ata que se fixa a ollada e se contempla. Coa observación se elixe a alternativa que se coñece como mundo real.

miércoles, 26 de marzo de 2014

CRITICA DA RAZÓN (II): ¿QUE PODO ESPERAR?

"...?..."
Kant representa a autoconciencia da arrolladora expansón da cultura occidental. Ortega y Gasset dixo: "...na obra de Kant están contidos os segredos decisivos da época moderna, as súas virtudes e súas limitacións...". Na filosofía de I.Kant vese funcionar a vasta vida occidental dos catro últimos séculos. Os resortes que moven esta "máquina ideolóxica", o mecanismo do seu funcionamento, é o mesmo que actuou sobre a historia europea desde o renacemento.

Para Hegel, a conciencia europea é unha "conciencia desgarrada". En efecto, a cultura contemporánea vai amosando día a día as súas contradicións internas, na relixión, na ciencia, na moral, na arte, na política e nas institucións. Windelband dicía que Kant lle dira por primeira vez expresión ao "novo" rumbo da cultura e plasmou o estado do espíritu do ser humano contemporáneo. Pero como apuntaba a escola filosófica de Baden, entender a Kant é tamén "superalo", tendo presente o seu empeño na "crítica" e nas posibilidades da persoa como creadora da cultura. A crítica fai á persoa e a filosofía crítica cala fondo na esencia humana descubrindo os seus límites e aceptándoos. 

Debemos agradecerlle a Kant que nos amosara os límites do saber. O coñecemento é un acto polo que a materia é conformada por leis lóxicas "a priori" das que bota man a conciencia. O saber moderno é fume sen estas leis e non pode coñecerse unha "cousa en sí mesma" porque o ser humano non é só un ser pensante; támen é vontade e sentimento. Nada hai no mundo absolutamente bo fóra da vontade. Son os principios do ser humano como a beleza, a bondade, a ética, a moral..., os que lle darán forma á materia e á experiencia.

O "acercamenteo á perfección moral" como elemento de progreso é unha falacia que queda demostrada na propia historia. A xustiza como lazo de unión entre a "lex iurídica" e o "honestas iurídica" da conduta non deixa de ser un desexo. A "lex iustitiae" o único que garantiza é a dignidade duns poucos dentro da comunidade xeral humana. O ser humano creador e responsable da súa propia existencia se dilue na lóxica apariencia ilusoria da razón. Os sofismas, as contradicións e as incongruencias ocultos na lóxica especulativa crea entes cuia esencia e existencia convirten a meta do ser humano nunha mera ilusión. A razón aspira á satisfacción plena que non atopa e non logra entender. Deste xeito a alma permanece oculta na sombra como totalidade do saber e como unidade última de todo o que existe. 

O SÍMBOLO

"Símbolo es todo fenómeno psicológico si se supone que dice y significa más cosas..." C.G.Jung
As culturas arcaicas vian nos soños mensaxes cifrados dos deuses que para a psicoanálise eran mensaxes do inconscente. Pero todo símbolo require unha interpretación, descubrir o seu sentido oculto tras a súa significación aparente. Sucede o mesmo co simbolismo poético, nos dous casos, a estructura simbólica é a mesma, un significado que se revela, ao mesmo tempo, detrás do significado inmediato. O símbolo é un signo que, a traveso da súa significación inmediata e manifesta, se reenvía a outra significación que se revela e se oculta no seu interior. Trátase dunha rexión da linguaxe que aparece como lugar de significacións complexas no que outro sentido se ofrece e se oculta ao mesmo tempo.

Os símbolos son o alfabeto da imaxinación. A imaxinación simbolizadora é unha forma filoxenéticamente anterior do noso pensamento. Todos os seres humanos utilizan os mesmos símbolos e "arquetipos" que proceden do inconscente colectivo. A rexión máis profunda e significativa da realidade se nos escapa se non recorremos ao símbolo. É a mellor formulación posible do descoñecido. O simbolizado non pode ser aprehendido fóra del, do mesmo xeito que non podemos prescindir das palabras para pensar o que elas nos queren dicir. É un discurso infinito e sempre dá que pensar e antes dá que falar. Sustituir o símbolo por unha interpretación é sempre empobrecemento. 

O símbolo é trascendencia, ainda que hoxe se queira facer desaparecer por unha suposta mentalidade "obxectiva" e científica e pola adquisición do "sentido do profano". Xorde do contacto co divino nunha forma de dicir que non é reducible a outra linguaxe, brota dunha experiencia orixinaria e fai acceder a ela. O sacro forma parte da naturaleza como poder natural manifestado en todo fenómeno cósmico que escapa ao control do ser humano. Para F. de Saussure no símbolo hai sempre un "rudimento de vínculo natural" entre significado e significante. 

O símbolo posúe ritmo "vital" e serve para medir o tempo e a historia. A fertilidade, a sexualidade, a vida e a morte están simbolizadas polo seu propio símbolo: serpe, concha, perla, espiral, caracol...Sen o símbolo resulta imposible comprender o que significa un poema ou o mythos. Posúen unha forza "viva" que arrastra ao ser humano: fascinan, atraen e poñen en movemento. Os símbolos relixiosos son a única forma de expresar experiencias que doutro xeito serían inefables. Para o que vive os símbolos, todo ten un sentido, cada cousa nos fala de algo, posúe unha significación simbólica. Cada cousa remite a outra, se enlaza con ela e forman unha unidade cósmica. É coma unha palabra chea de sentido e o mundo na súa totalidade tamén o é. 

CRÍTICA DA RAZÓN (I): ¿QUE SON?

"Homo animal rationale quia orationale...". Hobbes



Para Kant a razón humana está condicionada pola finitude e ligada á sensibilidade coa limitación do coñecemento á experiencia posible e ao simple fenómeno. Tras a viraxe trascendental de Kant só será posible derribar a autolimitación da razón e recuperar o hourizonte absoluto do coñecemento se o ser humano se establece a si mesmo como algo absoluto. Fichte e Hegel convirten o suxeito finito no elemento de desenrolo do espíritu absoluto.

Anteriormente Heráclito caracteriza ao ser humano pola percepción do logos; é dicir, do sentido e a lei do mundo. É por medio do pensamento que posúe a facultade de entender o sentido dos acontecementos e lle permite a posibilidade de penetrar os contrastes do mundo e adentrarse na verdade do Ser. O home "é a medida de todas as cousas" segundo Protágoras. Existe unha verdade eterna e vinculante por riba de todos os cambios do mundo sensible que intuimos esperta a nosa conciencia. A alma é o principio esencial e constitutivo do corpo.

O cristianismo logrará darlle á dimensión histórica un lugar de diálogo entre Deus e o home como marco da acción salvífica divina sobre a humanidade. É así como a historia alcanza o significado de salvación eterna. Nietzsche sacrifica a singularidade do acontecemento histórico ao eterno proceso circular e a liberdade de decisión histórica queda aplastada pola necesidade do acontecer universal. A necesidade constitúe o hourizonte derradeiro que todo o abarca e desde o cal o home se entende a si mesmo e aos acontecementos, polo que o ser humano se debatirá entre o ser absoluto e impersoal que o trascende e o Deus persoal que se revela na historia.

Con Bergson experimentamos a vivencia do tempo e que a realidade viva non se capta racionalmente. A dinámica da vida fuxe do estatismo do concepto. A fluencia da vida acontece por intuición directa. É unha vivencia comprensiva (Dukthey). Explicamos a naturaleza, pero entendemos a vida anímica. A finitude e a continxencia, a angustia e a preocupación, o fracaso, o ser-para-a-morte (Heidegger) deslizan silenciosamente os cambios da superficie que nos conducen á nulidade e ao sinsentido da existencia que é esencialmente temporal, constante devir histórico que se realiza no esquema constante das innumerables posibilidades do Ser. O home tropeza unha e outra vez coas súas propias limitacións. A única postura e tarefa posible é a vontade de verdade que apunta cara a trascendencia e que non podemos entender con conceptos racionais, só está aberta á intuición e se chega a ela mediante os símbolos. O obxecto se constitúe na conciencia (Husserl).

A antropoloxía debe ser logos e mythos explicada polo discurso histórico do conscente e o inconscente.  A persoa é un "animal rationale" e un "animal linguísticum".  A linguaxe aparece como "organon e criterio", como protofenómeno de mediación. H. Plessner ve na linguaxe o medio xeral de contraste das nosas experiencias típicas como o amor e o odio. Por medio da linguaxe utilizamos unha perspectiva do outro a base de dramatización e exposición da nosa experiencia. A linguaxe representa a liberdade humana condicionada. O ser humano e a linguaxe que o representa son ao mesmo tempo mediador e mediado, obxecto e suxeito, condicionante e condicionado.

Alma e corpo forman un sistema trascendental intuitivo que expresa as condicións de posibilidade do ser humano. A persoa non ten sentido e intelixibilidade senón sobre o baremo trascendental dun corpo e a súa correspondente estructura anímica. O corpo é a expresión das estructuras empíricas do humano, mentres que a alma constitúe a designación da súa estructura psíquica. A composición do corpo e a alma forman a categoría dialéctica do ser humano. É a mesma correlación que presenta a linguaxe a traveso da conciencia como logos dialéctico da materia e a forma. 

O MYTHOS

"El mana designa la actitud unitaria del hombre con el Universo (...) Señala la polarización de la existencia y corresponde a la búsqueda del equilibrio". Lucien Lévy-Bruhl


O Mytho conta unha "historia verdadeira" que tivo lugar nun tempo primordial, o tempo fabuloso dos comenzos. É o relato dunha creación, de algo que comenzou a ser. A partires de Jenófanes os gregos foron vaciando de valor relixioso e metafísico o Mythos en oposición ao logos e máis tarde á historia, acabou significando todo o que non pode existir na realidade. O xudeocristianismo relegaba ao dominio da mentira e da ilusión todo o que non estivera xustificado nos Testamentos. Sen embargo nas sociedades arcaicas o mythos cobra vida, proporciona modelos de conduta e lle confire valor e sentido á existencia.

A maioría dos mythos gregos, indios ou exipcios foron contados e polo tanto modificados e reinterpretados. O mythos conta unha historia que tivo lugar no tempo fabuloso dos comenzos, conta como algo se produciu e comenzou a ser, describe a intervención do sobrenatural no mundo. 

O ser humano é o resultado da intervención dos Seres Sobrenaturais. A existencia do Mundo proba o mythos cosmogónico e a morte do home. O ser humano é mortal porque algo pasou in illo tempore. O mythos da morte conta o que sucediu in illo tempore e ao relatar este incidente lle dá forma á morte. 

Para o home das sociedades arcaicas o que sucediu ab origine é susceptible de repetirse pola forza dos ritos. Coñecer o mythos é coñecer o segredo da orixe das cousas. Se aprende como as cousas chegaron á existencia, donde atopalas e como facelas reaparecer de novo. 

O remedio so cura se se coñece a súa orixe que está ligada á orixe do mundo. Ao rememorar os mytos volta o tempo fabuloso que dalgún xeito se fai contemporáneo. Se asiste de novo ás obras creadoras dos Seres Sobrenaturais. O mythos é un elemento esencial da civilización, revela que o mundo, o ser humano e a vida teñen unha orixe e unha historia sobrenatural.