APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 15 de enero de 2015

A DÉBEDA DO KARMA

"La suerte es una palabra que carece de sentido. Nada puede existir sin una causa". Voltaire


O Karma é a causa do que fixemos e do que imos facendo a cada momento que pasa. Os talentos cos que nacemos e todo o bo que nos sucediu e nos sucede, ao igual que os desafios nos que estamos mergullados, obedecen a esta causa. Calquera cousa que fagamos, voltará a nós nalgún momento. Karma significa oportunidade, responsabilidade e retribución. 

Ao tomar conciencia da responsabilidade para actuar, e da oportunidade que se nos ofrece para iluminar a nosa cosmovisión, colleitamos a mensaxe que lle dá sentido á vida. A vida está repleta de paradoxas cuxa solución nos mergulla nun novo dilema, a un nivel máis fondo, cara o camiño da sabiduría da nosa alma. Ao mergullarnos na luz que emiten as cousas, a naturaleza se converte na nosa mestra. 

Dicía Venado Negro, da tribu dos Siux, que a vida das persoas é como un círculo que vai de infancia a infancia. Todo na naturaleza é renovación. A naturaleza humana obedece a unha corrente de conciencia karmica que se renova de cote, e igual que a Ave Fénix, rexorde das propias cinzas para renacer de novo. As cinzas do finado conteñen a semente dunha nova vida. Non somos máis que unha construción do noso pasado. 

Os ciclos naturais do Karma poden axudarnos a acadar a calma en momentos de desesperación. Como diría Yung, atopar respostas para non finir coa sensación de que nos quedan cousas por facer. A forma é reaccionar á intuición que ven do alto e do noso interior, eliminando as respostas condicionadas. O importante é averiguar onde estamos para saber a onde imos. Escoitar os sentimentos e as emocións que nos transmite o corazón require pericia e determinación. Formamos parte dun todo e todos somos interdependentes uns dos outros.

Dicía Rumi: "...viaja del ser al Ser y encuentra la mina de oro... ". Busquemos o ouro na lama. A flor de loto brota nun lamazal, pero iso non lle impide ser pura e luminosa. Os erros son a porta do coñecemento, "só os que se atreven a chegar ao fondo, son quen de alcanzar algunha vez as alturas..." (R. Kennedy). Cada un de nós contemos a orixe seminal do todo, e igual que a suciedade non pode manchar o ouro, o espíritu non pode corromperse e conserva a beleza orixinaria. 

viernes, 9 de enero de 2015

SINCRONICIDADE E CORAZÓN

"El mundo es como una gran ciudad reflejada en un espejo... " Texto védico 




Sempre que hai unha corrente eléctrica, existe un campo electromgnetico que  a rodea. Pitágoras situaba á ánima ao redor do corazón e os estoicos pensaban que existía un espíritu profundamente infuso xerminando e desenrolando unha semilla no corazón de todo o que existe. O corazón nos eleva ao ceo e nos conduce ao infinito emitindo, con cada latexo, enerxía electromagnética ao resto do corpo que incluso pode detectarse fóra del. 

Existen variables ocultas trala realidade que están vetadas á física ortodoxa porque están nunha dimensión distinta e que explican a conexión entre partículas subatómicas. O universo é como un holograma no que cada parte, por moi diminuta que sexa, contén a totalidade do holograma orixinal atemporal. O corazón está infinitamente interconectado co universo e o cerebro converte as frecuencias de ondas en obxectos do mesmo xeito que converte as distintas lonxitudes de onda en cores.

Cando estamos tranquilos, namorados ou creando, xeramos un campo magnético en cada célula do noso corpo que se proxecta cara o exterior e pola contra, cando experimentamos mal-estar, algunha parte do noso corpo perde o magnetismo "potencial". Coa xenreira e a hostilidade se interrompe a sicronicidade e o corpo se ailla desintegrandose da intelixencia cósmica divina.

A "respiración ardente" ou pneuma, emanación da alma mundia, era unha chispa do lume celestial, fragmento da forza divina universal vinculada á acción. O cosmos mantén a orde e o equilibrio a través de ritmos e ciclos. Coa súa viaxe ao redor do Sol, a Terra crea os ritmos estacionais e toda a naturaleza actúa como un só organismo. Palpitamos co latexo do universo. 

A un nivel que está alén da experiencia a raza humana forma parte dun único ser. Deus infunde na naturaleza un propósito coa intencionalidade profunda  de topar o camiño para volver a ela. A separación do rex cogitans e do rex extensa é pura abstracción, o fundamento é a unión. Detrás da separación da realidade está a unión da intelixencia omniscente, omnipotente e omnipresente de Deus.

A mente e as ideas son campos de enerxía e información. O nivel básico e fundamental da naturaleza non é material. Deus, que opera máis aló do espacio e do tempo, non está dentro nin fóra, sencillamente está. O universo non é unha división polar vida-morte; ambos son parte dun continuo no que se penetran e mixturan. O cosmos está repleto de realidades tralas que se esconden realidades máis altas e máis fondas. A medida que nos acercamos ao corazón son posibles as milagres.

miércoles, 7 de enero de 2015

REVELACIÓNS (APOCALIPSE)

"Enrojecerá la blanquecina, palidecerá el ardoroso..."  Is., 24,23 



A través dos nosos actos presentes podemos profetizar como será o noso futuro. As nacións que fomentan a guerra, sucumbirán pola guerra. Só aquelas que elixan a paz poderán construir o futuro ser humano. Cando se utilice o amor, a compasión, e a xustiza, no lugar de invencións para "intervir" e crear desequilibrios, se atopará o verdadeiro camiño. 

A paz ten que lograrse a través do corazón e dun sentimento de unión de todos, para que se proxecte no mundo. A paz é a clave de todo coñecemento, é o camiño para desentrañar o misterio da vida. Según Max Planck, a mente é a matriz de toda materia. Non hai códigos máxicos escondidos detrás das palabras. A oración trascende as palabras e nos invita a mergullarnos no noso interior e identificarnos con todo o que existe. O poder da oración reside na intención e no sentimento que nos abre as portas do invisible. Pensamento e sentimento poden utilizarse para realizar cambios nas nosas vidas. 

Primeiro debemos achar a paz no noso interior, a continuación debemos buscala nos nosos pensamentos e, por  último temos que atopala nos nosos sentimentos. Para cambiar as condicións externas debemos proxectar o cambio desde o interior. Somos quen de transmitir dúas emocións primarias, o amor e o medo. O amor unifica e sana, o medo polariza, separa e enferma. 

O pensamento conduce o noso amor e o noso medo. É por medio do amor e do medo cara o mundo exterior que lle infundimos vida á nosa existencia. O amor atrae, persoas, condicións, e situacións, pero o medo as repele. Os esenios nos invitan a cambiar as emocións das nosas experiencias para observar a dor. Pasamos a vida defendéndonos contra a posibilidade e deste xeito, é posible que atraiamos aquelas situacións que tentamos evitar. 



SISTEMA DE CRENZAS E REALIDADE

"El tiempo no es lo que parece. No fluye sólo en una dirección, Y el futuro existe simultáneamente con el pasado." Albert Einstein 



É o futuro algo pechado como produto dun antigo plan, ou existe un camiño fundamentado na ciencia para elexir que futuro queremos experimentar?.  As tradicións indíxenas, ás veces ven o tempo como un río que flúe nunha dirección. Outras tradicións o consideran unha senda que se pode transitar en dúas direccións. Independentemente de como percibamos o espacio entre o entón e o agora, o tempo se convirteu no factor dominante na forma de ver as nosas vidas.

G. Leibniz afirmaba que todo o que experimentamos ou presenciamos no noso mundo, sucede, debido aos acontecementos que o precederon. Se alguén ten o coñecemento suficiente, pode explicar porque as cousas ocorren dese xeito. Buda dicía que se queremos saber como será o noso futuro non temos máis que observar os nosos actos presentes. Según as leis do karma o futuro quedaría condicionado polos actos do presente.

É moi posible que existan múltiples realidades e que teñamos a posibilidade de experimentar unha ou outra sen ser conscentes delo. Se é así, temos a posibilidade de "cambiar" a realidade dun feito que xa comenzou, e se así fora, somos libres para cambiar o noso destino. Isto implica que Deus nos ofrece todas as posibilidades para que sexamos libres de elexir e tomar conciencia do resultado final. A esta realidade tentaron darlle unha formulación matemática Bose e Einstein co que se denomina condensado Bose-Einstein, unha realidade na que dous átomos se atopan no mesmo punto.

Pouco despois do Big-Bang, o 90 por cento do universo parece non existir e quedar en estado latente. Do mesmo xeito que non utilizamos máis que o 10 por cento do noso cerebro, desaparecendo paulatinamente ao longo da vida o 90 por cento restante. Os científicos cren que todo o que forma o noso mundo está formado por cuántos de luz que vibran a diferentes velocidades, pero o 90 por cento do universo vibraría en estados máis elevados de expresión que non se poderían explicar coas leis tridimensionais. Max Planck, premio Nobel de física polos seus estudos sobre o átomo, afirmaría: "La materia no existe!".

O noso sistema de crenzas inflúe sobre o curso dos acontecementos. A fe toma partido por unha realidade que trascende a materia, na que os pensamentos, os sentimentos e as emocións se poñen ao servizo de Deus para acceder a "estados máis elevados" e cambear a realidade. Everett chamalle punto de elección ao momento no que se pode cambear o curso dos acontecementos. O poder das nosas crenzas é como un "efecto volvoreta" que nos recorda o importantes que poden ser as nosas accións e os nosos pensamentos. O evanxeo exenio da paz reza: "Y un día los ojos de tu espíritu se abrirán, y conocerás todas las cosas".




lunes, 22 de diciembre de 2014

RENACER POLA FE

"...El que cree, vivirá para siempre... " Jesús de Nazaret


Cando vivimos de forma automática, cada día, ao espertar, sentimos que temos que facer un grande esforzo porque o novo día se nos presenta cheo de desafios e, en numerosas ocasións, non somos quen de enfrontalos. Non son poucas as persoas que elaboran expectativas sobre o seu futuro que son como castelos no aire e requiren para manterse un grande caudal de angustia que vai deixando un sedimento de ansiedade e medo que so desaparece co consumo. Pero so se trata dunha desaparición momentánea e aparente. 

O progresivo fracaso do desenrolo persoal derivado do sometemento constante ao bombardeo publicitario, vai tecendo unha urdime a través de reclamos culturais que provoca no ser humano un gasto permanente de enerxía que vai socavando e empobrecendo o seu interior até convertilo nun adicto ao exterior. Son moitas as persoas que recurren ao alcol e ás drogas para poder "soportalo", precisando consumir para manter o "síndrome de Popeye" e ser os/as máis altos, máis guapos, e os mellores, pero a entropía é limitada e a transformación acaba converxendo nun fracaso maior. Outros sucumben directamente nun síndrome patolóxico que se converte nunha espiral sen retorno. 

As funcións superiores, cando se ven alteradas sistemáticamente, poden provocar un estado de nerviosismo que se apodera da mente da persoa, proxectando a linguaxe simbólica do arquetipo cara o exterior, co que a persoa sofre graves danos na súa memoria e na súa identidade, pasando a ser considerado un "louco endemoniado". Para recobrar a liberdade e a identidade é preciso reinventarse (modificación da conducta), converter o fracaso en éxito permanente, e a forma de facelo é por medio do "bautismo na fe", redimir a escuridade do pasado para convertelo no sustrato dun presente luminoso, onde poidamos desenrolar o noso potencial humano, e descubrir o camiño que leva á unidade con Deus. 

Parménides, Pitágoras, Sócrates, Lao-Tsé, Buda, Jesús, nos amosan o camiño: "pide e se che dará;  busca e acharás; chama e se che abrirá". Só é preciso ter confianza para buscar e recobrar o sentido da vida. Unha vida polarizada no exterior nos convirte en autómatas, "porque el que siembra para la carne, de la carne segará corrupción.. ". É por medio dos feitos que se constrúe a persoa. Con verdadeira fe, a realidade obedece á intención das nosas plegarias. O presente é a construción do noso pensamento; un día de orballo é maravilloso para unha persoa romántica que ten a mente entrenada para percibir a beleza nas inclemencias do tempo, mentres que para aqueloutras que "precisan" tomar o sol é "un fastidio". Unha e outra forma de percibir é únicamente o noso desexo, conscente ou inconscente. 

A realidade pode ser como queremos que sexa se nos entrenamos para percibir os eventos e regocixarnos coa nosa obra. Se sementamos maldade, maldade recibimos; se somos inxustos recibimos inxustiza; pero se somos xustos e proxectamos amor, recibiremos xustiza e amor. O que proxectamos volve a nós como futuro. Por iso Jesús de Nazaret dicía: "non fagas a ninguén o que non queiras que che fagan a ti. Gandhi conseguiu a liberación da India "ofrecendo a outra meixela" coa resistencia pasiva. 

O instrumento clave para proxectarse é a fe. Para buscar e atopar, pedir e recibir, é a oración en estado de concentración alfa por medio da meditación, unha ferramenta imprescindible. Todas as consideradas "grandes mentes" ou "persoas santas" desde Gandhi a Jesús, pasando por Siddartha Gautama ou Lao-Tzé, entre moitos, utilizaron a meditación, ben sexa con mantras, imaxes mentais, ou plegarias, para alcanzar a iluminación. Ti mesmo/a todos os días sen decatarte estás enviando "plegarias", so que, a maioría das veces, cunha intención negativa, convertendo a túa realidade nun "calvario". É preciso meditar e pedir, para que cando ollemos, poidamos contemplar unha realidade en harmonía co que sentimos no noso corazón; pero non debemos esquecer a fe e que a petición sexa sinceira e razonable. 

domingo, 7 de diciembre de 2014

O ACTO COMO LIBERACIÓN

"Es más fácil dividir el átomo que eliminar un prejuicio". A. Einstein 


Cada un de nós, desde que nacemos nos enfrontamos co místerio da vida. A ciencia tenta darlle unha resposta, pero non pode crear vida e ten que manterse ao nivel de teoría. Existe un espacio que non pode encherse con plantexamentos obxectivos no que o acto subxectivo correcto crea un vínculo natural harmónico coa naturaleza que lle dá sentido. O acto é unha acción liberadora que vai no sentido da vida. Mediante o acto transformamos as tinieblas en luz. 

Os actos pasados constrúen os actos presentes e o precursor de toda acción é o pensamento. Libre ou condicionado, o pensamento xorde no campo cuántico como unha centella de enerxía no umbral da conciencia que o codifica e o modela antes de convertilo en acción. O que decide iniciar un camiño elixe tamén o lugar ao que se dirixe e a intención vai marcando o paso como un diapasón. Dicía Einstein que hai dúas formas de vivir a vida, unha como se nada fose unha milagre, a outra como se todo o fora. As milagres non suceden en contradición coa naturaleza, senón en contradición co que coñecemos da naturaleza.

Deus observa o que facemos e a inteligencia divina infinita crea o intelecto humano que dirixe o pensamento que lle dá orixe á realidade. O coñecemento leva a descubrir onde radica a verdadeira sabiduría e a entregarse á enerxía infinita e imperecedoira de Deus. A paz e o acougo son como unha volvoreta que se pousa sobre un cando se sente tranquilo. A alma utiliza imaxes para pensar e unha vez que saibas como buscar a paz, poderás pedir, buscar e atopar.

Para sermos atraídos cara a dimensión espíritual debemos sentir o fracaso, a perda e a dor, ou ver que a vida carece de sentido converténdoa así nun fracaso. Eliminar a dor física non é sinxelo, sen embargo, eliminar o sufrimento é máis doado. Resulta fácil comprendelo unha vez que se descubre o segredo, pero a cuestión é descubrilo. A ledicia non está nas cousas, senón no noso interior; quenes queiran cantar sempre atoparán unha canción.


sábado, 6 de diciembre de 2014

ESTADO ALFA

"Duda de todo. Encuentra tu propia luz". Buda 



Desde o nacemento ata os 2 anos  de  idade o cerebro humano funciona con ondas de cerebrais de menor frecuencia, de 0,5 a 4 ciclos por segundo. Este rango de actividade electromagnética se conoce como ondas delta. O ser humano adulto se atopa neste rango de actividade donde impera o inconscente, cando está profundamente dormido. 

Entre os 5 e os 8 anos funciona nun rango de actividade alfa de 8 a 13 ciclos por segundo. Nesta etapa o mundo interior é tan real como o exterior. Por iso o neno, cando non lle gusta o que vé, se cubre os ollos coas mans e, a partires dese instante, o acontecemento desaparece. Nun estado de ondas alfa, se pechamos os ollos (o 80% da información entra polos ollos), podemos acadar un estado de relaxación tal, que se diriximos a atención cara o noso interior e nos concentramos por medio da meditación, podemos repasar o noso pasado para comprender o noso presente e transformalo.

Se queremos reinventarnos, o estado alfa é a nosa ferramenta ideal. Permítenos utilizar o pasado para crear un presente máis reconfortante. A meditación en estado alfa nos mergulla nun mundo inconmensurable que nos abre as portas dun estado crepuscular e de lucidez no que non existe fronteira entre o conscente e o inconscente no que imperan as ondas zeta, de 4-8 ciclos por segundo, permitindonos acceder ao coñecemento infinito do sono profundo das ondas delta, de 0,5-4 ciclos por segundo. 

A través da meditación atravesamos os distintos mundos desde as ondas delta até as beta nun exercizo de transformación que vai desde o que fumos ao que somos e que devirá no que seremos. É o instrumento a traveso do que "limpamos as impurezas do pasado" para instalarnos "noutra pel" coa que nos sintamos a gusto e en paz con nós mesmos.

A través da meditación en alfa, podemos achar o verdadeiro tesouro que se acocha no noso interior e descubrir mediante a práctica os distintos estados da conciencia a través das ondas gama que se asocian con estados de maior atención na intención, con estados de felicidade, de verdadeira com-paixón, que nos conducen a unha verdadeira actualización e realización do noso ser.