APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 22 de enero de 2022

"A ILUSIÓN, A IDEA E O APETITO"

"La función capital de la cultura, su verdadera razón de ser,  es defendernos contra la naturaleza". (El porvenir de una ilusión) Sigmund Freud. 

E.  Allan Poe insinúa quimeras metafísicas no amor e, a construción interpretativa afirma que a novela rusa incrementou a dose. É posible que o Sosias con William Wilson de Poe teña certo reflexo no "diaño da perversidade" das personaxes de Dostoyevski; que nas novelas de Dostoyevski o sadismo do Marqués de Sade se houbera trocado nalgo máis místico e sutil. Seguro que a cociña de Freud tivo que ver con esta delimitación interpretativa dunha linguaxe que dilue as fronteiras, non da grosería da tortura física, senón das manifestacións morais. A tormentosa conciencia da deshonra social que se topa coa terrible ledicia, sede imposible que se eleva a éxtase mística ao saciarse. 

"¡A beleza é algo tremendo e espantoso! Tremendo por indefinible (...) porque Deus só puxo enigmas. Aquí as beiras se unen,  aquí todas as contradiccións conviven (...) O que lle aparece á mente como unha vergoña é todo beleza para o corazón (...) É horrible que a beleza sexa algo non só tremendo, senón tamén misterioso. Aquí o diaño loita con Deus e o campo de batalla son os homes...". O sádico destrúe a integridade do corpo, Dostoyevski so amosa a intimidade dunha alma brutalmente violada. Que Dostoyevski mostre a alma rusa que sofre caladamente diante o fado (orquestado), non significa que a alma colectiva rusa  tivera sede de sufrimento. Non é máis ca unha dor catártica. Na novela, "Os irmáns karamazov" mostra o alcance da destrución moral: "O que máis nos gusta (...) e condenar a ser azotadas e nosoutros facémolas azotar...". Alguén que descoñeza os horrores da nosa civilización dirá: ¡Qué raza de Marqueses de Sade!. Compre saber que aquel que sofre o látigo, utiliza o látigo para castigar.  noutro momento Iván: "Entre nosoutros prevalecen os golpes, a verga e o látigo, todo e nacional...". Ao igual que os galegos, gardan no recordo a pegada do pronto e inmediato goce que acompaña á histórica tortura dos azotes. 

Nietzsche di que a moral se volve contra a vida. Na obra, "A Xenealoxía da moral",  se pregunta cómo grabar algo na vivinte capacidade do esquecemento de tal xeito que sempre permaneza presente. Quizais tal empeño teña que ver coa aspiración do Marqués de Sade. Para que algo se quede na memoria, debe grabar unha pegada que precise do sangue e da dor. Para Sade os principios morais terían que estar en harmonía coa naturaleza. So trascendendo o "yo moral" da modernidade se logra atender e entender. Nietzsche anticipou a Psicoanálise ao sinalar a relación entre ascetismo e perversión. Debate imposible sen o Tótem, e sen o tabú da sexualidade como servos da razón instrumental. Nietzsche e Freud confrontados ante o proceso de disolución do trascendente. O dionisíaco como volta á orixe e o principio do pracer como escravo da razón. A flor do pathos da moralidade burguesa. A repulsión do goce natural que vai máis alá do principio do pracer.

É a razón instrumental a que combate o pulo. O que se considera racional non é máis ca unha moral disfrazada. O yo abandona a busca porque o que o anima é un invento victoriano. A razón crea o mundo coa súa tiránica "causa prima",  a vontade de poder. É imposible non advertir a relación entre o discurso do amo e a razón. A violencia de Kant se desata na busca das nocións últimas que ataquen o aspecto azaroso do futuro na construción de universais que anulen ferozmente as particularidades. Kant crea unha rede conceptual que captura a realidade e a paraliza. A fai estática para inxectarlle o veneno que paralice a vida. É a disolución do suxeito trascendental. Cuia reconstrucción nietzschiana non é posible sen o desmantelamento da moralidade que implica profundizar na matriz dos pulos. A moralidade é metafísica e se organiza mediante a creación de pirámides con principios supremos no cumio. En "Máis aló do ben e o mal" dinos Nietzsche: "Máis, ¿quen quere preocuparse de tales perigos "quizais"? Temos que agardar á chegada dunha nova categoría de filósofos, aqueles cuxos gustos e inclinacións sexan os contrarios dos dos seus predecesores: serán en todos os sentidos filósofos do perigoso "quizais".