APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 17 de julio de 2015

O "CUARTO PODER" E A POLITICA DA MISERIA

   
"La gente de la calle no me pide más clientelismo, no me pide que coloque a sus hijos en un puesto de trabajo, me pide que no traicione nunca las cosas que digo". Alexis Tsipras

     Históricamente, unha das primeiras ideas correctoras do proceso de apropiación da política polas elites foi a creación pola sociedade civil doutro poder distinto aos tres poderes clásicos (o executivo, o lexislativo, e o xudicial); o chamado "cuarto poder". Sen embargo, desde o momento no que os distintos Estados acoden aos Mercados para financiarse, xeran unha dependencia difícil de romper, tendo en conta o interés destes polo crecemento e a acumulación de capital.
    Un dos efectos da renovación tecnolóxica aplicada aos medios de comunicación, foi a súa colonización polas grandes empresas e as corporacións transnacionais. O "cuarto poder" sucumbe aos intereses do capital para se converter nunha parte do poder gubernamental, ou en parte dos poderes fácticos que aspiran a estender o seu poder a nivel global.
   O criterio que rixe a loita por impoñer determinado produto, e ocupar unha posición dominante no mercado, non ten nada que ver coas grandes ideas nin coa ideoloxía que deu orixe ao "cuarto poder" como corrector da apropiación da democracia pola oligarquía política. Agora a mensaxe se inspira en cálculos empresariais e mercantís.
     O "cuarto poder" xa non exerce de freo, se algunha vez o fixo. Actualmente forma parte da aceleración dun proceso que fai aumentar as desigualdades,  distorsionando a información, "desintegrando comunidades", afianzando a tiranía da desinformación e pervertendo a democracia. Todo isto será irreversible se, como lle sucediu a Tsipras, os políticos se limitan a vender ilusión, sen un plan B, co que poder respaldar os seus programas ante as presións da elite política e o capital. A política non pode limitarse a repartir caramelos para rematar sumándose ao discurso das transnacionais coas primeiras dificultades.
   
 "La democracia significa que cuando algo no funciona se puede cambiar". Alexis Tsipras 
     

sábado, 11 de julio de 2015

"PATRIOTISMO MODERNO"

"Caso tras caso, vemos que el conformismo es el camino fácil, y la vía al privilegio y al prestigio; la disidencia trae costos personales."  Noam Chomsky


    O pasado, presente e futuro do patriotismo moderno pasa polas "portas xiratorias". O acceso á vía pola que circulan os patriotas modernos, sexan políticos, técnicos ou altos funcionarios, se afianza como modelo de prestixio na Eurozona. Unha vía moi fructífera para eles, pero letal para os intereses dos cidadáns. 
    O 40% dos avogados dos Estado se atopan en excedencia. Quizais a explicación teña que ver co que o pasado domingo, Rafael Méndez contaba en El País, que "unha tropa de avogados do estado en excedencia asesora a fondos de inversión estranxeiros que pleitean contra o Estado español. A élite da Administración Pública pode permitirse cobrar un "bo diñeiro" por asesorar contra o propio Estado e logo regresar como o "fillo pródigo" ao cobixo protector do "pai" Estado protector.
    Un avogado do Estado pode traballar na cúpula dun Banco, pasar logo uns anos na sede de Presidencia do Goberno, e voltar logo ao mesmo banco "enriquecido" pola experiencia sen que ninguén se pregunte en que consistiu tal experiencia; quizais participou nalgunha decisión importante que tivera que ver co sistema financeiro, pero parece que é algo asumido polo patriotismo moderno e ninguén se pregunta ren. ¿Quen mellor para discutirlle ao Estado que aquel que coñece ben as súas debilidades?
 Cóntanse por decenas os cargos púbicos que se sentan nos consellos de administración de empresas do Ibex-35. O dominio dos tecnócratas sobre a política non é algo que xurdira por obra e gracia do espírito santo; simplemente xorde como consecuencia do funcionamento das portas xiratorias. No ano 2009, cando se descubriu que as contas gregas foran "maquilladas", sóubose que a manipulación fora posible grazas ao asesoramento técnico de Golmand Sachs, o grande banco de inversións estadounidense. Do mesmo xeito que exdirectivos de Golmand Sachs foran colocados ao fronte do BCE (Banco Central Europeo), e en postos clave do FMI e doutras institucións financeiras. 
   No ensaio de Ignacio Sánchez Cuenca,  "La impotencia democrática" se citan os estudos de Christopher Adolph, un profesor norteamericano, para ilustrar o trasvase de funcionarios das institucións europeas a grandes bancos internacionais e viceversa. É coñecido pola opinión pública que o actual presidente da Comisión Europea, era primeiro ministro de Luxemburgo cando se autorizaban as argucias do grande ducado para funcionar como paraíso fiscal. Que os que describen a Grecia como estado fallido elixan como máximo responsable europeo a unha persoa das características de Juncker define os verdadeiros intereses das institucións europeas, que hai moito tempo que "mercaron" o modelo neoliberal como único ideario da política económica, poñendo os intereses dos bancos por diante dos intereses dos cidadáns. Por certo, xa se saberá porqué e qué consecuencias trae que Alexis Tsipras decidira dobrar os xeonllos, logo de que o pobo dixera rotundamente que non ás medidas da Troika nun referéndum democrático.

     

viernes, 10 de julio de 2015

"¡GRANDES TITULARES!"

"El futuro de la humanidad está en sus manos. ¡No se achiquen!". Jorge Mario Bergoglio

     Un dos grandes titulares dos medios de comunicación estes días é o de que o FMI (Fondo Monetario Internacional) sitúa a España á cabeza do crecemento dos países avanzados. Isto recórdame a mensaxe que a OMS (Organización Mundial da Saúde) transmitiu hai un par de anos con aquel titular alarmante sobre a Gripe A, polo que países como España investiron miles de millóns en vacinas que logo foron parar ao lixo. Quizais estea relacionado o titular antedito, co feito de que España estea á cabeza dos países europeos en pobreza infantil; que a taxa de paro estea no 22%  (iso nas estadísticas oficiais, a realidade é pior); ou que haxa persoas que teñan que remexer nos contenedores do lixo ou acudir a Caritas para meter un bocado na boca. 
   Os grandes números da Macroeconomía de nada serven para maquillar un mercado laboral no que a precariedade no emprego está a piques de se converter en crónica. A mensaxe dunha España que vai medrar por riba do 2,9% (está por ver que non sexa máis ca unha estratexia para sinalarlle o camiño a Grecia), creando empregos que raian na esmola, non se sostén. Se non mellora a calidade do emprego, de nada serve o crecemento, non sendo para engadir puntos no Ibex-35. É un feito contrastado que nunha crise que case se leva por diante a totalidade do estado do benestar (o pouco que queda costou Deus e axuda retelo), a diferencia entre ricos e pobres medrou, polo maior enriquecemento dos ricos e o maior empobrecemento dos pobres. 
     O futuro de toda unha xeración está en xogo. Un 24% da poboación traballadora ten contrato temporal, unha cifra que só supera Polonia. Se a taxa de paro descende faino porque xa tocamos fondo e se destruíu a maior parte do tecido da pequena e mediana empresa, e as que quedan se vaciaron de persoal, nalgúns casos trocando traballo fixo por temporal a tempo parcial, o que reconvirteu a maior parte dos contratos en medias xornadas involuntarias. Como mostra están os contratos xuvenís e os "ninis". ¡Xa está ben de grandes titulares en medios de comunicación subvencionados! Compre ser serios se non se quere comprometer o futuro laboral a longo prazo.
     Desde que Constantino abrazara a cruz como símbolo para vencer a Maxencio na Ponte Milvio, a igrexa se vestía de "traxe e mantilla" para xustificar o inxustificable; por iso é especialmente chamativo que o Papa Bergoglio, na súa estancia en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia), alarmado da situación de expolio a que se somete á poboación global, chamara a loitar polos dereitos dos desafiuzados do Mundo: "Tierra, techo y trabajo son derechos sagrados. Hai que luchar por ellos. Que el clamor de los excluidos se escuche en Latinoamérica y en toda la Tierra".
     

jueves, 9 de julio de 2015

¡BLA! ¡BLA! ¡BLA!

"Cuando las palabras pierden su significado, la gente pierde su libertad". Confucio

     Falamos dunha persoa que ten palabra como dalguén para o que a palabra é algo valioso, oposto a un mero flatus vocis; é dicir, emitir palabras que non significan nada, nin teñen sentido e intentar convencernos do contrario. O comportamento da persoa de palabra alcanza un explícito recoñecemento; verba sum servanda, o verbo debe ser respectado e gardar a palabra comprometida coma se tivese valor de lei. 
     Sen embargo, non toda palabra útil, se mostra convinte para satisfacer a fin que se persegue. Hoxe ten paupérrimo valor e se presentan cada vez con menor garantía de fidelidade; de aí a endeblez do espírito da fe e a confianza na xustiza. Deste estado lamentable da palabra teñen moito que ver quenes gobernan os intereses de calquera comunidade e, naturalmente, aqueles que utilizan o discurso como ferramenta de traballo; me refiro aos políticos e aos medios de comunicación, que son os que someten a ultraxe á palabra de cote por incumprimento do dictum da súa palabra. 
   O perigoso desprestixio causado á palabra retrata a quenes teñen a facultade de elaborala porque, ao desatender a fidelidade e fe que son propias do respecto debido, incluído o gramatical e o sintáctico, relegan o seu espírito ocasionando un importante quebranto na confianza do dereito e a xustiza. Este fenómeno presenta un maior nivel de preocupación se alimenta falsas esperanzas. 
    É engañoso inducir a crer posible calquera resultado automático desexado. Ningún político debe esquecer que o espírito das leis non ten potestade taumatúrxica e telo moi presente para elaborar o discurso fronte aos cidadáns, para non xerar, máis temprano que tarde, un paulatino escepticismo cara a palabra e para que a palabra dada sirva para algo. Dese xeito quedaría comprometido o respecto cara a palabra dada. Non estaría de máis que os nosos políticos leran máis e voltaran á lectura dos clásicos para habituarse a que o discurso fora transparente, atendera á fidelidade e á fe que lle son debidas e se abrira á comprensión do cidadán da pé. 

domingo, 5 de julio de 2015

STATU QUO VS CAMBIO

"La primera vez que me engañes la culpa será tuya, la segunda será mía". Proverbio chino

     Cambio social non é un acontecemento, nin unha mera sustitución de persoas, na que unha nova xeración ocupa o lugar dos que se van. O cambio social é un fenómeno colectivo que implica a un amplo sector da colectividade. Debe afectar ás condicións de vida e ao universo mental dos individuos, e ofrecer un cambio de estructuras; é dicir, debe producirse unha modificación da organización social na súa totalidade. 
     Sopran aires de cambio en Europa que ameazan con quedarse. O encadeamento dos acontecementos, os fenómenos e as accións de milleiros de persoas esgotadas polo austericidio social do statu quo actual en beneficio do capital, pronostican un novo escenario e un novo rumbo na forma de facer política. As condicións son favorables e irreversibles; as ambigüidades, as contradicións, as inxustizas e as desigualdades se converten no factor de cambio. 
    A busca de ganancias cada vez maiores das multinacionais xa non afecta só ao individuo, senón tamén as estruturas de países e nacións, feito que inevitablemente rematará socavando a tese da racionalidade e os cimentos do espírito capitalista. O capitalismo que comezara como xustificación ao decreto horrible, á lóxica e á reacción psíquica da moral calvinista recibe a través dun acto de verdadeira democracia a mensaxe do cambio. 
   O sistema no que a distribución das vantaxes económicas e sociais só son accesibles a quenes exercen a autoridade inicia o proceso de cambio. O austericidio convirteu os intereses latentes dos cidadáns en intereses manifestos, favorecendo os motivos conscentes inspiradores de condutas e accións capaces de precisar obxectivos, elaborar políticas de acción e practicar estratexias. 
  Os individuos son quenes forxan a historia das sociedades e as súas accións e decisións son as que determinan o destino das colectividades. Deben ser as persoas e non as élites, as que decidan o statu quo, exercendo o poder que lle outorga un sistema democrático real. Nas élites, para quenes é vital  preservar o statu quo actual, sempre prevalecerá o interés por defender os privilexios. En tanto os gobernos e as grandes corporacións teñan intereses financeiros comúns, o cambio é inevitable. 
     
 "..., vamos a demostrar que no tenemos miedo al miedo". Yanis Varufakis

sábado, 4 de julio de 2015

IDEOLOXÍA E SOCIALIZACIÓN

"Crecer por crecer es la ideología de la célula del cáncer". Edward  Abbey

     Socialización é o proceso polo que a persoa aprende e interioriza, no decurso da súa vida, os elementos socioculturais do seu medio ambiente, os integra na súa personalidade, baixo a influencia dos axentes sociais significativos, adaptándose ao contorno no que vive. 
     O neno se desenrola mentalmente e se socializa "xogando" o papel dos adultos e interiorizando as súas actitudes. O que reproduce no xogo é unha ilustración do que acontece na vida diaria (por moi crus e violentos que nos parezan algúns videoxogos, obedecen á pura realidade). Aprende así "as regras do xogo" ao tempo que se vai sentindo membro do grupo, para rematar identificándose co "outro xeralizado" do que depende. Se familiariza coas regras que presiden o comportamento dos modelos, as actitudes que mostran e os principios que inspiran. 
    Pola outra banda a ideoloxía, está formada polas ideas e xuízos destiñados a describir, explicar, interpretar ou xustificar a actuación dun grupo ou dunha colectividade e que, inspirándose nos seus valores, propón unha orientación á acción histórica. Agora ben, a ideoloxía remite a intereses que inciden sobre estados psíquicos fortes, aínda que difusos e, ás veces latentes. A ideoloxía dirixida por intereses pode incidir nas persoas provocando temor ao cambio, inseguridade e incertidume, xerando ansiedade ou, agresividade froito de longos períodos de frustracións individuais e colectivas. 
      A agresividade latente e as actitudes hostiles poden dirixirse cara un adversario ou un cabeza de turco con aspiracións novedosas e ilusionantes. Véñenme á memoria as personaxes do neno e o mestre de "A Lingua das bolboretas" de Manuel Rivas e o referéndum convocado polo presidente "elexido democraticamente" polo pobo grego Alexis Tsipras. 
     Á hora de satisfacer eses estados psíquicos fortes propoñendo unha acción común que infunda certa seguridade nos estados de ansiedade ou que libere da cólera e as aspiracións frustradas nos estados de agresividade, sería desexable ter presente a mensaxe que lles transmitimos a tantos nenos e nenas inocentes que invitamos a xogar a ser nosoutros. 
     


MENTE E MATERIA

"Las ciencias confirman lo que el espíritu presiente". José Martí

      A nova física volve a situar á persoa no esquema do universo e lle atribúe á mente unha posición central na natureza. Cada observación da realidade subatómica desencadea unha transformación apreciable na situación física.  Os mundos macro e microscópico se achan entrelazados; o grande cohexiste co pequeno; e a mente é a que fai que o sistema cuántico evolucione dun xeito determinado.
     Un estrano servilismo obriga ás partículas dotadas de spin a adoptar o ángulo fixado polo experimentador. A partícula parece ler a mente, suxerindo o dominio da mente sobre a materia. Se nos mergullamos no incerto e nebuloso mundo do átomo, o mundo da experiencia racional, rodeado e repleto de sentido común, pasa a ser unha impostura, e a materia concreta dos sentidos, se esvaece en vibrantes esquemas de enerxía cuántica, abríndose a un mundo paradóxico de múltiples e cambiantes perspectivas. 
      O que consideramos obxectos sólidos, non son máis ca unha pantasma vibrante de enerxía. O mundo é un entretecido de relacións que se estenden cara o exterior, no que cada compoñente está unido á realidade da totalidade, incluído o observador. As curvaturas do tempo e o paradóxico comportamento dos cuántos abre novos camiños á confirmación da crenza de que, no mundo que coñecemos, hai máis cousas das que os ollos poden ver. A teoría da relatividade xeral de Einstein afirma que o tempo é elástico e se dilata ou encolle dependendo dos observadores. O feito de que a dilatación do tempo vaia unido á contracción da distancia (espacio), e que non sexa fixo e universal, socava e remove o noso sentido común. 
      Parece que coa nosa presenza seleccionamos unha rexión do espacio-tempo con tres dimensións perceptibles e non somos quen de percibir os dominios dimensionalmente distintos que tal vez existan. As pequenas porcións do espazo son como pequenos outeiros dunha superficie plana. As curvaturas ou distorsións se transmiten dun outeiro a outro coma ondas. A variación da curvatura do espazo é o que ocorre no movemento da materia. No mundo físico non hai nada, excepto esa variación e todas as forzas da natureza son xeometría oculta en acción. 
     O mundo non é máis ca un vacío autoorganizado. Os campos e forzas se explican a si mesmos en termos xeométricos. O constituínte fundamental da realidade, máis ca o espacio-tempo, é o cuanto. Incluso os campos que expresan as forzas da natureza se interpretan como partículas en termos de "mensaxeiros". O mundo parece estar constituido por "cordas" e algúns teóricos atopan na versión das cordas como bucles pechados unha curiosa posibilidade: a existencia de dous mundos distintos. As partículas dentro de cada mundo terían as propiedades habituais, incluída a de interactuar a través das distintas forzas da natureza. As partículas do outro mundo terían a súa propia versión,  idéntica, pero separada desas forzas. Así non se produciría ningunha interacción directa entre as partículas dun e outro mundo excepto na gravidade. 
     O universo estaría penetrado por outro de "sombra", do que non nos decantamos (ambos lle dan forma ao Kosmos). Os cosmólogos saben que hai grande cantidade de materia invisible no universo que causa disrupcións gravitatorias. Compre Atopar o camiño para ir desde as cordas de tres dimensións ao comportamento de baixa enerxía das partículas de catro dimensións. Según a teoría de kaluza-Klein cunha enerxía equivalente a 10 elevado 19 veces a masa do protón (escala de Planck), se manifestarían directamente as sete novas dimensións (de un total de once). Á enerxía da escala de Planck as catro forzas da natureza se fundirían nunha soa superforza e todas as dimensións espaciais terían os mesmos dereitos. A dimensionalidade do Kosmos quedaría exposta en todo o seu esplendor. Podemoslle dar renda solta á imaxinación e pensar no día en que a humanidade controle a superforza. Poderiamos manipular o maior poder do universo porque en última instancia a superforza xera todas as forzas e todas as estructuras físicas; pero, moito me temo que ese poder non está ao noso alcance.