APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 26 de mayo de 2015

A MAREA DO CAMBIO

"Revolución no es sino el pensamiento llevado a la acción."  Enma Goldman

     A plena expresión das potencialidades do ser humano parecía ser a meta das sociedades modernas. Co liberalismo económico, a democracia política, a liberdade relixiosa e o individualismo semellaba estar próxima a arelante realización persoal; pero, pouco despois da I Guerra Mundial, xurdiron novos sistemas que botaron por terra tal esperanza. Moitos pensaron que, co tempo, todo pobo alcanza a madurez política, eliminando todo tipo de sumisión; sen embargo, o acontecido na II Guerra Mundial confirmou que o argumento non era máis ca unha ilusión. 
     A peor ameaza para unha democracia real é a existencia, nas actitudes das persoas e nas institucións, de factores que atentan contra os seus cimentos. A loita por librarse da opresión sempre foi unha necesidade fronte á oposición dos que defenden os privilexios. Sen embargo, compre non esquecer, que nas incesantes batallas pola liberdade, os recén liberados, unha vez investidos de poder, se alinearon a carón dos inimigos da liberdade, para defender os privilexios recén adquiridos. O anterior leva a preguntarse de onde procede ese insaciable apetito polo poder. ¿Existe algunha enerxía vital, ou algunha debilidade fundamental para que non poidamos experimentar a vida dunha maneira espontánea, amable, e xusta? ¿De onde proceden esas "escuras e diabólicas forzas da naturaleza humana"?
   A resposta está na conexión da persoa co mundo tal e como o percibe. As inclinacións humanas máis fermosas, así como as máis repunantes, son o resultado dun proceso social creado polo propio ser humano. As grandes pasións, ao igual que a dimensión que lle damos aos conceptos de amor e xustiza, son un produto da cultura.
     A persoa é a construción dunha cultura formada polos acontecementos dunha visión oportuna. Os pensamentos están determinados, en grande medida, pola estructura da personalidade do que pensa e, o carácter humano, que á súa vez determina o pensamento, a acción e a vida, se forma pola adaptación das persoas a unha sociedade determinada. Os conceptos de amor, xustiza, igualdade e sacrificio, orixínanse nunha matriz emocional arraigada no carácter dos individuos e, o feito de que as ideas dun pobo se desenvolvan nunha matriz emocional, constitúe a clave para comprender o espírito da súa cultura. 
     Se o carácter da persoa se axusta fielmente á estructura do carácter social, obrará dacordo co que cre que é desexable para a cultura na que vive, porque o carácter social, internaliza as necesidades externas, canalizando as enerxías cara as tarefas que se requiren para que un sistema económico e social funcione. Como as persoas tenden a obrar dacordo co seu carácter, se as súas accións dificultan os seus propósitos económicos e sociais ou non poden obrar dacordo coa súa naturaleza, as necesidades psíquicas non poden atopar satisfacción e inician o ciclo da transformación. 

viernes, 22 de mayo de 2015

"¡AGORA SE PODE!"

"No dudes nunca de que un pequeño grupo de ciudadanos conscientes y comprometidos pueden cambiar el mundo. De hecho, siempre ha sido así." Margaret Mead 

     A frase anterior resume un dos lemas ou motivos que move o mundo desde sempre. Aínda que non sexa exactamente así, non podemos prescindir do cidadán de a pé como motor da realidade. Son os homes e mulleres conscentes e comprometidos, os que poñen en movemento a roda do cambio. Históricamente, so foi ata que o establisment achou a forma de neutralizalos e utilizar o cambio en beneficio das élites. A pesares disto, as persoas de ben, deben buscar as claves democráticas para desprazar do poder aos defensores dunha cultura da dominación silenciosa dos desafiuzados do sistema e topar unha alternativa á inxustiza e á inmoralidade da explotación e o expolio, sen esquecer esixir mecanismos de control para evitar que o xerme da corrupción convirta aos cordeiros en lobos. 
     P. H. Ray, denominou "Creativos culturais" a un novo grupo social que estaba emerxendo en occidente desde os anos sesenta. Unha especie de subcultura que apuntaba a converterse na cultura dominante da sociedade global. Serían persoas idealistas, creativas, independentes, solidarias, preocupadas pola situación do planeta e da humanidade, e por buscar o auténtico dentro do ser humano.
    É evidente que sempre existiron "Creativos culturais" que coa súa aportación axudaron a introducir cambios nas sociedades desde os seus cementos. Persoas que se situaron á vangarda dos acontecementos e que deixaron o sustrato para que outras xeracións se afanaran por innovar co afán de construir un mundo mellor. Pero cambear a visión do mundo implica cambios profundos en valores, prioridades vitais, etc., e neste mundo globalizado actual, no que a propaganda é tan sofisticada, son os poderes económicos e financeiros os que controlan o que se innova e como se innova.
     Ante o argumento anterior, pouco poden facer os "Creativos culturais" para iniciar un cambio que non obedeza as leis do mercado e que sexa eficaz para iniciar o xerme dunha cultura máis humana. Pero si poden, todas as boas persoas; os homes e mulleres traballadores e traballadoras; os excluídos, os expoliados, os explotados, os desafiuzados; e todas aquelas persoas que se sintan solidarias e que sexan capaces de reflexionar e tomar conciencia de que únicamente o pobo unido e quen de iniciar o tan ansiado cambio de rumbo da cultura occidental. 
     

miércoles, 13 de mayo de 2015

O FENÓMENO HUMANO

"Todo lo que es pasajero no es sino una señal". Goethe

      O cerebro humano é un indicador e unha medida de conciencia. O encéfalo vai adaptándose a un "tempo" ata o punto de conectar cualidades con situacións. A historia natural dos seres vivos se corresponde coa instalación dun estado psíquico a medida das dimensións dos acontecementos da Terra. O movemento expansivo da vida se perde en ordenacións que afectan ás enerxías tanxenciais do Kosmos, se non temos en conta a marcha radial das enerxías internas. 
     Segundo a ciencia, no primeiro momento do episodio silencioso, xurde o "Campo de Higgs", do que tanto se fala últimamente, por mor da busca da "partícula de Deus". Estas oscilacións rapidísimas de enerxía, son a orixe de todas as enerxías e partículas fundamentais: quarks, protóns, etc., que ao interactuar e intercambiar informacións cada vez máis complexas, estableceron as relacións e as interconexións de todo o que existe. 
     Das oscilacións do Kosmos coa materia organizada, emerxe o punto crítico do fenómeno humano coa marea vivinte da consciencia. O movemento da vida, forma unha nota contínua baixo o ritmo do Kosmos. A xeoxénese, se prolonga na bioxénese, e ambas, na psicoxénese interna. Á cabeza, a vida, e a física subordinada a ela. No corazón da vida, a conciencia.
     O Kosmos é pan-relacional e creativo. Todo, desde as partículas ás galaxias, participan do espírito, da conciencia e da vida. O espírito é a capacidade da enerxía e a materia para interconectarse. Einstein demostrou que a materia é un campo fondamente condensado de enerxía, de interacción e de información. 
     A bioloxía, quere explicar con estímulos externos e estatísticos, o principio da vida, a traveso da "loita pola supervivencia" e a "selección natural"; pero,  aínda que os estímulos externos son precisos para arrancar ao individuo da súa "pereza natural", a vida interior, flúe habilmente, a través dos acontecementos e as colectividades, ao igual que o fai nas partículas. ¿Qué poder terían os estímulos externos aplicados a unha inercia fundamental? ¿Qué serían as enerxías mecánicas sen un interior que as alimentase?
     O ímpetu do mundo non pode achar o manantial da auga permanens, máis que na existencia dun principio interior da materia. Para que vivamos a Terra como a Terra Nai, como a "Pachamama", e o Kosmos coma un ser vivo, é preciso sentir esa realidade, e entrar en comuñón con ela, irmanándonos con todo o que existe. 
     Admitida a realidade dun mundo interior, o fenómeno vital adquire unha nova figura natural, cunha psique proxectada desde o recordo, que estampa un temperamento a partires do cal se desenvolven todas as cualidades e os defectos. A historia natural do mundo, xorde dunha especie de seiva interior que tece e destece a estructura do Kosmos. A vida, no fondo, non é máis que un proceso constante de "axuste" e "desaxuste" desa estructura, polo que resulta inevitable esperar acontecementos dunha nova orde; unha especie de metamorfose que pecha cada período de síntese. 
     Os límites á vida, interponos o pensamento, porque o pensamento afecta á realidade a través da intención. O observador escolle entre múltiples realidades posibles. De acordo con Heisemberg, "os átomos non son cousas, son tendencias". As partículas que se interconectan nun Kosmos interactivo, contemplan a posibilidade de cambear a dirección das frechas do tempo, e teñen a propiedade de simultanear o obxecto en varios lugares e tempos á vez. A quen non lle parecen os soños unha realidade, en tanto non esperta... ¿E se non esperta? ¿Permanecería no soño? 

martes, 5 de mayo de 2015

UN NOVO PARADIGMA

"Dale valor a las cosas,  no por lo que valen, sino por lo que significan". Gabriel García Márquez 




     O concepto de método científico como único enfoque válido para chegar ao coñecemento  non é eficaz. Hoxe en día, morren de fame 20 millóns de persoas ao ano, na súa maioría nenos. Outros 500 millóns padecen enfermidades relacionadas coa desnutrición. Os sucedáneos alimenticios, os plaxicidas, os plásticos e outras sustancias químicas, se comercializan a un ritmo alarmante e dañino, envenenando con produtos tóxicos a boa parte da humanidade. E, o desemprego masivo, a inxusta repartición da riqueza, e a corrupción política, forman parte da estructura da maioría das economías mundiais. 
         A maioría dos "expertos do club dos elexidos" ignoran onde radica o problema ou, simplemente miran para outro lado. No actual sistema educativo, a hiperespecialización impide ver o esencial, e a maioría dos académicos, teñen unha percepción sesgada e limitada da realidade e, polo tanto, inaxeitada para interpretar e entender os problemas da humanidade. 
         Precisamos cambear a nosa escada de valores. A esencia da realidade non se acha únicamente na Materia; os valores non son relativos; e a percepción dos sentidos non debe ser a única fonte de coñecemento e de verdade. Os conceptos de solidariedade, de beleza, e de xustiza, se obteñen a través da experiencia do interior. 
          Existen dous tipos de actividade: a actividade en harmonía coa naturaleza e a contraria á fluctuación normal dos acontecementos. O pensamento racional é lineal e, pola contra, os ecosistemas se apoian en procesos cíclicos e fluctuantes. A ciencia acadou grandes progresos tecnolóxicos; pero, o progreso social e humano, son unha ilusión, non existen. Podemos enviar e controlar un satélite no espazo exterior, pero somos incapaces de controlar os contaminantes que enviamos á atmósfera. Somos quen de elaborar robots sofisticados; pero milleiros de seres humanos carecen dun prato de comida ou son desafiuzados. 
             Nun sistema sano, sexa un individuo, unha sociedade ou un ecosistema, existe un equilibrio entre a autoafirmación e a integración. Pero non pode ser estático, ten que ser flexible e aberto ao cambio. O poder, o control e a dominación dos demais, ben pola forza, ben por forzas subliminais, non ten cabida nun sistema democrático de verdade, no que o poder económico e o político, non estean sempre nas mesmas mans. 
           No sistema educativo se premia a competencia e a aprendizaxe converxente, mentres se castigan a cooperación e a creatividade diverxente como opostos ao principio de autoridade. Lemas decimonónicos como "a supervivencia do máis apto", ou "a loita pola existencia", están fortemente cimentados nas sociedades actuais. Este comportamiento baseado na agresividade e na competitividade, deixa fóra do sistema a un grande número de "indixentes" que vemos como algo natural; e outro grande número de persoas, permanecen acochadas nas súas habitacións, trastornadas polo terror que lles provoca a competencia social. Sen embargo, até os individuos máis ambiciosos teñen necesidade de apoio moral, comprensión, contacto humano, e afecto.
         Está asumido pola comunidade científica que o universo xa non é unha máquina composta por obxectos aillados, senon unha unidade indivisible e harmoniosa; unha rede de relacións dinámicas, da que o ser humano, como observador e, como ser conscente, forma parte. Os físicos xa asumen que os conceptos e as teorías teñen límite. As palabras, por moi claras que parezan, teñen limitacións. Por ese motivo, os científicos non tratarán nunca coa verdade, senón cunha descripción da realidade, limitada e unilateral. 

lunes, 4 de mayo de 2015

A PROPÓSITO DO KOSMOS (I)

   "Somos nuestra memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, ese montón de espejos rotos". Jorge Luís Borges 

 
    O kosmos infinito se proxecta a traveso da xenética e da memoria como un holograma (en grego holo significa todo, e grama significa escritura) de infinitas posibilidades en cada cerebro humano finito,  que só será quen de interpretar unha posibilidade. O ADN reproducirá a estructura encefálica precisa para conectar o kosmos e a memoria, cuxo engrama, segundo o principio físico de acción de masa e o de equipotencialidade, está difundido polas distintas rexións do Cerebro.
      Deste xeito, na memoria permanece "estampado" o hololograma infinito, do que o ser humano "extraerá" e decodificará a súa interpretación para reducir a incertidume, dentro das infinitas posibilidades que se lle ofrecen para crear o obxecto. A mente, que coñece todas as posibilidades, recuperará, por medio do "recordo", ou da intuición, unha parte, un mundo, entre todos os mundos posibles, establecendo un paradigma e un código para interpretalo.
     Hegel dicía que ao saber absoluto se accede a través da memoria; e, Bruno, que as formas e as imaxes da naturaleza eran vestixios e sombras que se reflectían no espello da mente. A través da memoria, o ser humano sae da escuridade á luz, da ignorancia ao coñecemento.
       Ver é unha forma de mirar, e cando Galileo dirixe a mirada cara as posibilidades cuantificables da materia introduce un paradigma que cambiará o pensamento. Os sentidos se dirixen cara unha dimensión da realidade que deixa fóra a estética, a ética, os valores, e a cualidade; e con eles a alma, a conciencia, e o espírito. O amor á sabiduría como fundamento da ciencia non sobrevive a sir Francis Bacon que, como fiscal xeral do rei Xacobe I, e coñecedor do frecuente encadenamento e persecución de bruxas, se obsesionará con poñerlle cadeas á naturaleza.
     O concepto de terra "nai" como protectora e suministradora de sustento, se sustituirá polo de máquina coa interpretación que fai Descartes do mandato divino, creando unha nova forma de interpretar o "holograma" do Kosmos e intuíndo un mundo no que a mente está separada da materia. Non hai propósito nin espiritualidade na materia. Os seres vivos, non son máis ca máquinas.
       Máis tarde, Newton fixo realidade o soño de Descartes construindo un enorme universo mecánico onde o tempo era matemático, absoluto e verdadeiro, ata que Einstein fixo a súa interpretación coa relatividade xeral, e Faraday e Maxwell fixeron a súa, e mostraron que os campos de forza tiñan vida propia e  ían máis alá da física newtoniana. Einstein demostrou que as entidades fundamentais eran os campos e non os modelos mecánicos. Deste xeito, o mundo do electromagnetismo desterraba a interpretación mecanicista como teoría dos fenómenos naturais.
       Kant e Laplace fixeron a súa interpretación en termos evolutivos e iniciaron o pensamento que levaría, a través de Hegel e Engels, á interpretación da evolución das especies, iniciada por Lamarck e rematada por Darwin. Mentres en bioloxía a interpretación ía do simple ao complexo, en física, ocorría o contrario. A ollada da termodinámica establecía que a enerxía involucrada nun acontecemento sempre se conserva, pode transformarse, pero non se perde. Sen embargo, a segunda lei da termodinámica dí que a enerxía mecánica se disipa en calor e non pode recobrarse completamente. Calquera sistema físico aillado, procederá na dirección de maior desorde e a súa entropía continuará aumentando até alcanzar o seu máximo, coa "morte térmica".