APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 26 de mayo de 2015

A MAREA DO CAMBIO

"Revolución no es sino el pensamiento llevado a la acción."  Enma Goldman

     A plena expresión das potencialidades do ser humano parecía ser a meta das sociedades modernas. Co liberalismo económico, a democracia política, a liberdade relixiosa e o individualismo semellaba estar próxima a arelante realización persoal; pero, pouco despois da I Guerra Mundial, xurdiron novos sistemas que botaron por terra tal esperanza. Moitos pensaron que, co tempo, todo pobo alcanza a madurez política, eliminando todo tipo de sumisión; sen embargo, o acontecido na II Guerra Mundial confirmou que o argumento non era máis ca unha ilusión. 
     A peor ameaza para unha democracia real é a existencia, nas actitudes das persoas e nas institucións, de factores que atentan contra os seus cimentos. A loita por librarse da opresión sempre foi unha necesidade fronte á oposición dos que defenden os privilexios. Sen embargo, compre non esquecer, que nas incesantes batallas pola liberdade, os recén liberados, unha vez investidos de poder, se alinearon a carón dos inimigos da liberdade, para defender os privilexios recén adquiridos. O anterior leva a preguntarse de onde procede ese insaciable apetito polo poder. ¿Existe algunha enerxía vital, ou algunha debilidade fundamental para que non poidamos experimentar a vida dunha maneira espontánea, amable, e xusta? ¿De onde proceden esas "escuras e diabólicas forzas da naturaleza humana"?
   A resposta está na conexión da persoa co mundo tal e como o percibe. As inclinacións humanas máis fermosas, así como as máis repunantes, son o resultado dun proceso social creado polo propio ser humano. As grandes pasións, ao igual que a dimensión que lle damos aos conceptos de amor e xustiza, son un produto da cultura.
     A persoa é a construción dunha cultura formada polos acontecementos dunha visión oportuna. Os pensamentos están determinados, en grande medida, pola estructura da personalidade do que pensa e, o carácter humano, que á súa vez determina o pensamento, a acción e a vida, se forma pola adaptación das persoas a unha sociedade determinada. Os conceptos de amor, xustiza, igualdade e sacrificio, orixínanse nunha matriz emocional arraigada no carácter dos individuos e, o feito de que as ideas dun pobo se desenvolvan nunha matriz emocional, constitúe a clave para comprender o espírito da súa cultura. 
     Se o carácter da persoa se axusta fielmente á estructura do carácter social, obrará dacordo co que cre que é desexable para a cultura na que vive, porque o carácter social, internaliza as necesidades externas, canalizando as enerxías cara as tarefas que se requiren para que un sistema económico e social funcione. Como as persoas tenden a obrar dacordo co seu carácter, se as súas accións dificultan os seus propósitos económicos e sociais ou non poden obrar dacordo coa súa naturaleza, as necesidades psíquicas non poden atopar satisfacción e inician o ciclo da transformación. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario