APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 6 de junio de 2015

A REALIDADE DOS SOÑOS

"...más allá de lo que puedas pensar que tiene sentido o no, mejor intenta comprenderlo." Peter Skands



     Nas Profecías de Daniel, Nabucodonosor comenza referindo un soño do seguinte xeito: "He aquí las visiones de mi espíritu mientras yo me hallaba en mi lecho". Os soños son "visións" extraordinariamente complexas e insondables para a conciencia; non son susceptibles de se reducir a unha teoría que os someta á satisfacción dos desexos ou complexos de inferioridade; tampouco a meros fenómenos compensadores da vida consciente. O experimento de Young, tamén chamado de "doble rendija", amosa algo extraordinario: para que unha partícula se comporte como tal, precisa un observador; noutro caso, se comporta como onda con múltiples posibilidades. Isto leva a pensar nun entramado de múltiples realidades no que so unha se materializa baixo a ollada do observador.
   A ánima (psique), coas impresións, pensamentos, e estados anímicos, está entrelazada coas infinitas realidades do holograma kósmico; realidades materializadas algunhas, por conseguinte, sometidas á dimensión espacio-temporal (o pasado); posibles outras e, polo tanto, sometidas ao ámbito do posible (o futuro). A alma, en definitiva, non é máis que unha representación do Kosmos, polo que todas as infinitas posibilidades do Kosmos poden representarse no individuo. No kosmos todo está entrelazado e existen infinitas realidades posibles. En estado de vixía, observamos a realidade para a que estamos "entrenados" (léase educados); pero nos soños, todas as realidades están entrelazadas e a psique "viaxa" libre, a través de múltiples ondas de información que se superponen nun entramado holográfico sen as barreiras espacio-temporais.
     O soño non é un produto da mente, senón un estado no que a alma, libre da xeometría do espacio-tempo, contempla no holograma do Kosmos, algunha das infinitas posibilidades da materia; unha representación de contidos que afloran tralo veo da realidade material; e nos comunica, a través dun vocabulario simbólico, ideas, xuízos, directrices, tendencias... No rexistro alegórico dos soños, hai residuos arcaicos, igual que ideas de situacións futuras non cristalizadas. A falta de observador nos soños, explicaría a realidade onírica e a súa volatilidade.
   Ao contrario que o pensamento lóxico, característico dos procesos mentais conscientes, as representacións dos soños semellan fantásticas. O proceso asociativo dos soños crea relacións e contactos que son incomprensibles para a realidade material. Calquera interpretación é posible, sempre que sexa coherente coas expectativas do suxeito e coa realidade material. Como dicía Kant, "a comprensión non é máis que unha explicación axeitada ás nosas expectativas". Os soños se sitúan á marxe do mundo consciente porque só se fai consciente un mundo que se espera coherente co esperado e se concreta a través dos sentidos. Calquera outra realidade permanece oculta, pertence ao ámbito do inconsciente, e so se chega a ela a través da intuición, a imaxinación e os soños. A realidade dos soños é aleatoria e non obedece á lóxica nin ás leis físicas porque forma parte da posibilidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario