APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 19 de junio de 2015

POLÍTICA, SOBERBIA E RAZÓN INSTRUMENTAL

"Cuanto más siniestros son los designios de un político más estentórea se hace la nobleza de su lenguaje". Aldous Huxley

     A soberbia busca o exceso; é apetito de excelencia desmedida; a imitación de Deus; pero odiando aos demais e impoñendo o seu dominio. A tendencia a desprazar ao outro acentúa moitos rasgos do carácter, como o sadismo, o odio, a xenreira, a intolerancia e a cobiza. A soberbia se opón á humildade que reprime o apetito sen medida do que aspira a estar sempre por riba. É claramente perxudicial á sociedade porque se opón ao sentimento de comunidade. Cústalle comprender o maior goce de dar que de tomar. A súa ledicia está socavada pola insaciable ansia de recibir, que contrasta coa disposición anímica do donante, cuxo pensamento se orienta cara os demáis e por iso iso goza de serenidade, equilibrio e harmonía. Está encadeada ás súas liñas directrices que toma ao pé da letra e pon en práctica con extrema rixidez, impedindolle ver a realidade, porque carece da serenidade e a calma que provoca no espírito a entrega aos demais.
     A soberbia transfórmase en razón instrumental cousificando e desvirtuando as relacións entre as persoas. É unha relación de dominio sobre a natureza e o individuo. O dominio do logocentrismo é o dominio dos grandes discursos baleiros de contido. O temor xorde ante o esquecemento dos feitos a través dos discursos dominantes da política e, como consecuencia, da economía e da ciencia. O individuo e a natureza quedan anulados por completo fronte aos poderes económicos. O individuo, impotente e frustrado, desaparece fronte ao aparato ao que serve. A elevación do material é importante, pero socialmente miserable, porque aproba o sufrimento do mundo como unha necesidade inevitable. A aceptación do sufrimento convértese nun obstáculo para os que pretendan erradicalo, porque serán considerados "unha inxenuidade" ou, "un imposible", desde a política arrogante. Esta acción instrumentalizadora precisa persoas necesitadas e en paro para que a manipulación das conciencias sexa máis doada. Se emprega este esquema, non para traballar polo benestar, senón para instrumentalizar o traballo en beneficio do poder.
     O racional será sinónimo de poder e de recoñecemento; pero o máis terrible da razón instrumental será a falta de límites e o seu avance cara o control e o dominio absoluto dos seres humanos. O útil será aquilo que permita dominar. Os gobernos repercutirán so no beneficio do sistema e nun crecemento anónimo cuxa finalidade será o dominio global. A vida será racionalizada e planificada mediante unha dinámica tecnocrática allea ao ser humano que abordará as esferas do público e do privado, eliminando todo o que non sexa eficaz para alcanzar a fin proposta. Atoparlle sentido a esta instrumentalización da razón, ten que desembocar nunha aproximación esperanzadora de anhelo de xustiza. O ser humano ten que reflexionar sobre a verdade dun sistema que o identifica cun progreso que o leva á deshumanización, mantendo a ilusión nun mundo mellor, e a esperanza de que a inxustiza que percorre o mundo actual, non teña a derradeira palabra.
     A historia tradicional acepta e tolera as distintas formas de dominación e de manipulación das conciencias. O suposto carácter neutral da ciencia leva ao individuo a formas de vida estrañas. Dese xeito, unha razón científica instrumental, evitará o proceso de autoconciencia do individuo, traizoando o principio fundamental da ilustración: a emancipación. Esta realidade obedece a unha razón instrumental por iso está chea de inxustizas. A razón non debe limitarse a observar unha realidade "retorcida", nin a un ideal contemplativo, faise preciso un principio de acción para que non se perpetúe unha realidade deshumanizada; debe observar, avaliar e salvagardar a liberdade e a emancipación dos membros da sociedade.
     O enfrontamento entre a realidade da razón instrumental e o pensamento libre, negando e despreciando outros modelos de pensamento e de acción para racionalizar o mundo, presenta deformacións e distorsións en aspectos fundamentais, alonxando ao ser humano da razón ilustrada, da subxectividade, e da vida emancipadora, crítica e idealista,  someténdoo á barbarie. A razón instrumental so determina medios eficaces e seguros para garantir o beneficio económico e a explotación sen límite, creando xerarquías e dominación, traendo como consecuencia, unha cultura que estandariza e nega ao ser humano.
     Unha sociedade que utiliza a tecnoloxía como un poder sobre as cousas e os individuos, cousifica, desmoraliza e despolitiza aos cidadáns. Este tipo de sociedades desvían a auténtica finalidade da tecnoloxía, que é a liberación do ser humano. O principio de "rendemento" so escraviza á persoa e explota a natureza en beneficio dunha minoría. As sociedades, a través dos seus cidadáns, deben restablecer a "eticidade" na política utilizando como instrumentos, o coñecemento e a técnica, para que a razón e, por extensión a economía e a ciencia, estean ao servizo dos múltiples intereses do ser humano. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario