APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 13 de junio de 2015

O PRACER COMO TERAPIA


"Si gravis, brevis; si longus, levis".  Cicerón 
   
     Atopar a felicidade no simple feito de vivir é unha misión terapéutica. O pracer como liberación da dor é o instrumento que nos conduce á ledicia e ao gozo. Pero compre ter tino, porque o pracer tamén pode levar ao desequilibrio e ao deterioro da harmonía. O pracer primeiro é a busca do ben, o summun bonum. 
    Existen dous tipos de pracer: un habitual e estable e outro en movemento. O pracer en movemento ou cinético, se goza a través dos sentidos; é o que experimentamos cando deixamos de sentir a  dor. O pracer catastemático é estable; é o estado de calma que experimentamos cando nos vemos libres da turbación e o sufrimento (a dor ten que ver co corpo, mentres que a turbación e o sufrimento coa ánima).
   A felicidade é un estado permanente de liberdade ante a dor, o sufrimento e a turbación; é un pracer catastemático. Consiste en eliminar a dor do corpo e a turbación da alma. Representa a condición estable da carne mediante o equilibrio dos praceres cinéticos do corpo, porque o pracer en repouso é máis elevado que o pracer en movemento que so é un instrumento para liberarnos da dor. So necesitamos pracer cando sentimos turbación ou dor, o que nos provoca pena pola súa ausencia. 
     Os praceres cinéticos son variacións dos praceres catastemáticos. Coa felicidade, o pracer cinético se reduce a pracer estático. O summun do pracer e a tranquilidade da alma consisten en lograr un estado permanente de liberdade da dor e a turbación. Dicía Séneca que, "el límite de los males tiene corta duración". A felicidade é catastemática e envolve a vida como un todo, non está suxeita aos vaivéns particulares da pena e o gozo.
     Compre aprender do pasado, vivir con calidade e plenitude o presente, sen estar pendiente do futuro, moderando os desexos e eliminando os temores. O pan e a auga son precisos para a supervivencia individual nesta realidade material. Non é posible a vida social sen a esencial distribución do pracer necesario. É precisa unha política do necesario para que se cubran as necesidades básicas de todos os seres humanos. En ausencia de pracer cinético non é posible a moderación, o equilibrio e a medida que levan ao summun bonum; ao pracer catastemático; á serenidade e ao gozo da alma; á ataraxia e á felicidade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario