APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 19 de febrero de 2013

"O MÍSTICO"

Mística ven de misterio. Todas as cousas teñen o seu outro lado e captar o outro lado das cousas é darse conta de que o invisible forma parte do visible, que é o ilimitado do coñecemento. Entrar en comuñón cada vez máis profundamente coa realidade que nos envolve, ir máis aló de calquera horizonte. Todo é misterio, as cousas, as persoas, o corazón, o cerebro, o universo enteiro...

O misterio xa non se presenta como aterrador, senón que nos invita a máis e máis, a escoitar a linguaxe que ven de todas as partes. Tennos sempre admirados, sorprendidos e fascinados.

Mística significa a capacidade de conmoverse diante o misterio que encerran as cousas. Non é pensar nas cousas, senón sentilas.

Bergson ve na mística o cume da evolución humana, porque é libre e non se deixa atrapar pola norma, é liberdade e poder poetizar..."Este esforzo, este acto, ese desexo de atopar, baixo as cinzas, a terra e a rocha, o río incandescente da vida".

O misticismo conduce a unha existencia completa, á individualidade dinámica, onde o "yo" se atopa consigo mesmo perdéndose no absoluto. A mística é contemplación e acción.

O feito místico aporta saúde intelectual que se manifesta no gusto pola acción, a facultade de adaptarse e reinventarse para afrontar as circunstancias vitais cotiás. O gozo místico acompaña á creación auténtica, canto máis rica é a creación, máis profundo é o gozo.

O misticismo descúbrenos o segredo da vida. É un proceso de enerxía vital e de transformación. A vida intensifica o seu esforzo segundo vaia arrastrando a conciencia cara ao Ser.

A mística permítenos vivir o que escribiu o poeta inglés W. Blake (1827): "...ver un mundo nun grao de area, un ceo estrelado nunha flor silvestre, ter o infinito na palma da man e a eternidade nunha hora".





miércoles, 13 de febrero de 2013

TIPOS PSICOLÓXICOS (TIPOS DE PERSOAS)

O temperamento é a dimensión máis básica e constitucional do noso carácter. Forma o aspecto máis biolóxicamente determinado da nosa personalidade. Polo xeral acéptase un compoñente xenético , herdado, innegable na formación do noso temperamento.

C. Jung clasifica ás persoas baseándose en dous eixos fundamentais:

a) Segundo o tipo de actitude xeral: introversión-extraversión.
b) Segundo a función psíquicamente dominante: catro tipos psicolóxicos.

a) INTROVERSIÓN-EXTRAVERSIÓN

Divide á humanidade en dous grupos principais: aqueles cuxa actitude xeral, interés e enerxía están dirixidos cara fóra, os extravertidos e o grupo cuxas actitudes xerais están dirixidas cara dentro, os introvertidos.

A persoa introvertida é máis ben tímida, fáltalle soltura e adaptabilidade nas relacións; sen embargo, ten facilidade para a meditación e a introspección e deléitase coa vida interior. Posúe un rico mundo interior e lle é máis fácil afondar nos asuntos da alma. Vive dos seus soños no seu universo interior.

O extravertido dirixe a súa enerxía cara fóra, é unha persoa sociable, adáptase fácil ao ambiente,  conecta pronto co exterior e os seus intereses son as persoas e as cousas.

b) FUNCIÓNS PSÍQUICAS DOMINANTES

A persoa dispón, para adaptarse ao mundo exterior e a sí mesmo de catro funcións principais: O pensamento, o sentimento, a sensación e a intuición que son innatas. Cada individuo posúe as catro, pero en distinto grao de evolución. En xeral, unha delas está máis desenvolvida que as outras e é a función principal. A segunda máis desenvolvida lle serve de función auxiliar e as outras dúas son maís ou menos inconscentes e rudimentarias.

Segundo Jung, unha grande parte dos desequilibrios psíquicos provén do desequilibrio entre as catro funcións. A idea sería buscar o equilibrio entre as catro. Podemos estimular o desenvolvemento das funcións menos evolucionadas. Este proceso é o que leva á individuación.

TIPOS PSICOLÓXICOS

1. TIPO PENSAMENTO: Predomina a lóxica sobre o sentimento, o obxectivo sobre o suxectivo. Este tipo de persoa afronta as situacións coa razón, deixa de lado o instinto. O sentimento é a súa parte menos desenvolvida. Gústalle pensar. Para el/a as cousas non son bonitas nin feas, senón verdadeiras ou falsas. Acostuma ser metódico/a e disciplinado/a.

2. TIPO SENTIMENTO: Este tipo áchase con frecuencia na ánima feminina. É unha persoa tenra, íntima, con grande capacidade para dar calor e afecto. Nelas predomina o corazón. É o tipo de persoas máis exposta á tiranía dos sentimentos. Vibran no mundo das relacións e a súa capacidade para dar e entregarense non coñece límites.

3. TIPO INTUICIÓN: Estas persoas ven máis aló do aparentemente visible. Advirten o que se esconde detrás das cousas, prevé as posibilidades e as anticipa. Son persoas visionarias e innovadoras. Están orientadas siempre ao alén. Atráenos o descoñecido, o novo. Ás veces, acostuma deixar tarefas sen rematar porque lles falta sentido da realidade.

4. TIPO SENSACIÓN: Este tipo de persoas ve, oe e toca sen cesar. Para elas o importante é o que poden percibir polos sentidos. Son persoas espontáneas e os seus sentimentos espertan con moita facilidade. Poden desgustarse con facilidade, incluso cos máis achegados, pero pásalle pronto. Son impulsivos e trocan con frecuencia de ánimo. Captan facilmente multitude de impresiónso que dificulta a súa concentración e perseverancia nos obxectivos. Unha posta de sol, unha paisaxe bastan para que broten espontaneamente a súa inspiración. Cústalle moito ser disciplinado/a e metódico/a. Son persoas directas e inxénuas e acostuman vivir o presente. Pero unha tensión inoportuna pode fundilas con facilidade.

Por último, recordar que cada un de nós ten dúas funcións máis desenvolvidas, unha principal e unha auxiliar. Se nos identificamos con máis, moito mellor, e se nos identificamos coas catro fenomenal, isto quere dicir que as nosas funcións psíquicas están desenvolvidas de xeito harmónico e é un síntoma de madurez.