APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 30 de julio de 2013

LOCUS DE CONTROL

Controlamos realmente a nosa existencia? Depende de nós que triunfemos ou que fracasemos? Podemos influir no que nos sucede?



A finalidade da vida é algo trascendente. Todos os fenómenos, incluidas as accións, teñen unha finalidade necesaria. O impulso vital non depende da nosa vontade, pero se nos ofrece a posibilidade de darlle unha razón a ese impulso e motivar a determinación dos nosos actos. Aceptando a limitación do ser humano, podemos aprender a comprender as infinitas posibilidades da creación para dirixir o pensamento, o sentimento, e a emoción cara o crecemento persoal. 

A contínua exposición á violencia e o desprezo pola vida ao longo da historia da humanidade, fai que a maioría das persoas se inhiban, amosando pasividade cando perciben que as acciones para modificar as cousas no producen a fin prevista. Éste e outros motivos fan que a maoría perciba que o que lles sucede non depende deles.

Un aspecto fundamental da personalidade é a dirección que lle damos ao noso comportamento, e dicir, cara onde imos e que queremos lograr coa nosa conduta. As nosas expectativas sobre as posibilidades de éxito ou de fracaso, reflejan o "locus de control", e explican, ata que punto, dependendo do lugar onde situemos o control, dentro, ou fóra de nós, somos capaces de influir nos acontecementos. 

O locus de control, é un rasgo da personalidade que propón Rotter, a partir da teoría da aprendizaxe social, para definir a aquelas persoas que "localizan" o motivo dos eventos que lle suceden dentro ou fóra de sí mesmos, é dicir, se perciben que o que lles sucede depende dos seus pensamentos, emocións e sentimentos ou de factores alleos.

As persoas con locus de control interno perciben que poden influir no que lles sucede e o que lles sucede depende fundamentalmente deles, logran máis e mellores resultados, desenrolan unha máis alta autoestima, e crean expectativas máis optimistas de cara ao futuro, o que implica máis auto-aceptación, máis auto-respecto e quererse máis a si mesmos e aos demáis. Polo contrario, as persoas con locus de control externo, pensan e senten que o que lles acontece non depende deles, senón de forzas alleas e fóra de control: o azar, a sorte, o poder ou a decisión doutros.

Non podemos controlar os acontecimientos, pero si a forma en que nos enfrontamos a eles. É fundamental a confianza e a fe para que os eventos non decidan as nosas emocións, pensar que podemos pedir e influir mediante a elección, e sentir que somos nós os que decidimos. Ser positivo e eficiente implica ser libre para elexir e cambiar o locus de control, apreciar que podemos actuar sobre o que sucede, cambiar acontecementos e, o que é máis importante, tomar o control das nosas vidas.

lunes, 29 de julio de 2013

"O TEMPO HUMANO" (I)


"El ojo ve sólo lo que la mente está preparada para comprender". H. Bergson

     O uso científico da intelixencia está orientado á solución das necesidades humanas, a ciencia ao dominio do mundo e o seu ámbito é o exterior. A ciencia se move no ámbito da materia inerte, pero é incapaz de penetrar no ámbito do impulso vital.
     Para Bergson, a vida non pode ser reducida a un lugar. Está no mesmo ser material, pero se move, cambia, dura. O tratamento matemático da realidade reduce e empobrece aos seres vivos.
    A tradición grega, identificou ao home como un ser vivinte dotado de "nous", capaz de ter visión intelectual que é a forma máis alta de vida. Para Aristóteles o "nous" é a capacidade de coñecer ao Ser. Spinoza considerará que o grao superior de coñecemento é o intuitivo. A culminación da intuición sería a fusión coa sustancia.
     A intuición é crecemento á vez que novidade constante que nos provoca a alegría que procede dunha emoción profunda pola satisfacción de aprehender a entidade que impulsa constantemente ao espíritu a unah gozosa búsqueda das súas oríxes no permanente fluir de la vida.
   A conciencia pode dilatarse ata alcanzar as capas do inconsciente e retrotraerse ás súas raíces orixinarias utilizando a intuición. É necesario superar os hábitos contraídos pola intelixencia no seu contacto coa materia. Será un esforzo para ir máis alá da materia, non para evadirse do mundo nol que se vive, senon para desfacerse das anteolleiras depa necesidade.
     Existe un tempo exterior, material e inerte, feito a medida da intelixencia e un tempo percibido por cada un de nós. O darse conta da propia vida, da condición de vivinte, pertence á conciencia psicolóxica. A duración interior vaise xestando coa creativa resposta que damos cos nosos actos conscentes. Experimentamos en nós a duración da vida como una interpretación do que nos sucede: evocamos, falamos, choramos e rimos. A duración da vida se experimenta nas zonas máis profundas do noso si mesmo: o tedio é eterno, mentres que o ocio é efímero e un olor pode evocarnos calquera momento da nosa infancia. 
     Hai unha realidade exterior que pertence alo tempo e ao espazo físicos, e unha vida interior que supera os límites do espazo e do tempo onde residen os resortes da nosa propia conduta, un vivir cara adentro que nos permite, mediante a conciencia, intuir a vida, más allpá da intelixencia e da materia inerte. 


"El tiempo es invención o no es nada en absoluto". H. Bergson 

viernes, 26 de julio de 2013

A FUNCIÓN DOS NOSOS SOÑOS

"La regla psicológica dice que cuando una situación no se lleva a la conciencia, ocurre fuera como destino". C.G.Jung


"Cuanto mas aptos somos para hacer consciente lo que es inconsciente, más grande es la cantidad de vida que integramos."
"Hay sueños cuya estructura dramática lleva al paroxismo afectivo, paroxismo tan perfectamente realizado en el sueño que el durmiente se ve forzado a despertar por las emociones desencadenadas. Los sueños no sólo sirven para proteger el dormir. Sirven también, a veces, para interrumpirlo, cuando su función lo requiere. Por ejemplo, cuando tiene una importancia vital para la orientación de la conciencia". C.G. Jung

Unha das manifestacións propias da alma humana son os soños. Todos soñamos, recordémolo ou non, e a xulgar polo número de horas que lle dedicamos, é lóxico que teña unha relevancia importante nas nosas vidas. O interés polo enigmático mundo dos soños non é novo. Para Freud, o soño persigue a realización dos desexos que nun estado de vixía non foron posibles e tamén a protección do durminte. Sen embargo, para Carl Jung, esa función só é subsidiaria e a verdadeira función dos soños sería a compensación que realiza o noso inconsciente da situación consciente que estamos vivindo.

Segundo Jung, o contido dos soños son proxeccións simbólicas en forma de imaxes que cada un de nós elabora de xeito persoal e instransferible no contorno das nosas vidas. O soño é coma un teatro no que o que soña é á vez escenario, actor, apuntador, director, autor e crítico. As imaxes, aínda que están vestidas en forma de persoas achegadas ou de obxectos coñecidos, son os disfraces das distintas partes integrantes da nosa alma e cando hai representacións nos nosos soños non son máis que os movementos da nosa alma para axudarnos a comprendernos mellor e a ser máis conscientes.

A consciencia dos seres humanos acostuma ser bastante pobre, sexa por descoñecemento ou por falta de atención ou memoria. A miúdo ocorren feitos que pasan desapercibidos para a nosa conciencia pero non por iso deixan de ocorrir. Existen multitude de experiencias psíquicas: emocións, sensacións, pensamentos, intuicións e imaxes que non percibimos conscientemente pero que sí ocorren e forman parte do noso inconsciente.

Para Jung, o inconsciente colectivo é común a toda a humanidade, atemporal, prenatal e postmortem; contén a herdanza espiritual de toda a humanidade e segue medrando co paso das xeracións. Este inconsciente colectivo se manifesta nos nosos soños a traveso da linguaxe simbólica por medio de arquetipos que son as imaxes dese mundo. Os arquetipos xa aparecen  nos "Diálogos de Platón" e podemos contactar con eles a traveso da intuición e, fundamentalmente, a traveso dos soños, recuperando un saber e unha experiencia milenarios que nos poden axudar a achar respostas ás nosas inquietudes, ás nosas dúbidas e aos nosos problemas, e cuxa solución non podemos atopala coa conciencia ordinaria.

Temos soños compensadores que autorregulan o noso aparato psíquico, soños prospectivos polos que o inconsciente nos anticipa plans futuros e cuxo contido simbólico nos amosa a solución aos nosos conflictos; soños reductores, para os que teñen que adoptar comportamentos que están por riba das súas posibilidades, do seu temperamento e da súa natureza (saca á luz as nosas pequeñeces e debilidades); soños reactivos, por exemplo, a un acontecemento traumático, que reproducen dun xeito nítido episodios da nosa vida poderosamente afectivos e que se repetirán ata que o elemento traumático se integre na nosa psique e se extinga; soños telepáticos, nos que captamos, máis aló da distancia, sucesos que están ocurrindo: unha defunción, unha noticia, unha carta..., e soños proféticos que anticipan sucesos futuros.

Moitos de nós podemos ter soños con contidos sexuais reprimidos desde a nosa infancia, o que lle daría a razón a Freud pero, a maioría parecen ter máis relación coa vida actual do soñador ou soñadora, e parecen ter relación cun potencial creativo que cada un de nós posuimos para reforzar a nosa personalidade. É posible que funcionen como válvula de escape para a presión causada polos pensamentos reprimidos, pero a función fundamental é a de contribuir ao equilibrio psicolóxico da persoa, axudándolle, non só a descubrir o inconsciente, senón a que poidan utilizalo como un proceso terapéutico de forma creativa.

Os soños son, fundamentalmente,  unha "pulsión" cara a saúde e a madurez psicolóxica que restaura o equilibrio psicolóxico do soñador ou soñadora, axudándolle a ver as cousas desde distintos puntos de vista e a complementar a visión parcial e sesgada que ten a mente para que a persoa poida producir o axuste psíquico e a súa posterior rectificación en estado de vixía. En definitiva, a función do soño é a de manter o noso equilibrio psícolóxico e compensar as deficiencias da nosa personalidade.

"Todo querer, es querer compensar algo." "En el sueño se revela el problema vital de individuo en forma simbólica." Alfred Adler