APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 30 de julio de 2013

LOCUS DE CONTROL

Controlamos realmente a nosa existencia? Depende de nós que triunfemos ou que fracasemos? Podemos influir no que nos sucede?



A finalidade da vida é algo trascendente. Todos os fenómenos, incluidas as accións, teñen unha finalidade necesaria. O impulso vital non depende da nosa vontade, pero se nos ofrece a posibilidade de darlle unha razón a ese impulso e motivar a determinación dos nosos actos. Aceptando a limitación do ser humano, podemos aprender a comprender as infinitas posibilidades da creación para dirixir o pensamento, o sentimento, e a emoción cara o crecemento persoal. 

A contínua exposición á violencia e o desprezo pola vida ao longo da historia da humanidade, fai que a maioría das persoas se inhiban, amosando pasividade cando perciben que as acciones para modificar as cousas no producen a fin prevista. Éste e outros motivos fan que a maoría perciba que o que lles sucede non depende deles.

Un aspecto fundamental da personalidade é a dirección que lle damos ao noso comportamento, e dicir, cara onde imos e que queremos lograr coa nosa conduta. As nosas expectativas sobre as posibilidades de éxito ou de fracaso, reflejan o "locus de control", e explican, ata que punto, dependendo do lugar onde situemos o control, dentro, ou fóra de nós, somos capaces de influir nos acontecementos. 

O locus de control, é un rasgo da personalidade que propón Rotter, a partir da teoría da aprendizaxe social, para definir a aquelas persoas que "localizan" o motivo dos eventos que lle suceden dentro ou fóra de sí mesmos, é dicir, se perciben que o que lles sucede depende dos seus pensamentos, emocións e sentimentos ou de factores alleos.

As persoas con locus de control interno perciben que poden influir no que lles sucede e o que lles sucede depende fundamentalmente deles, logran máis e mellores resultados, desenrolan unha máis alta autoestima, e crean expectativas máis optimistas de cara ao futuro, o que implica máis auto-aceptación, máis auto-respecto e quererse máis a si mesmos e aos demáis. Polo contrario, as persoas con locus de control externo, pensan e senten que o que lles acontece non depende deles, senón de forzas alleas e fóra de control: o azar, a sorte, o poder ou a decisión doutros.

Non podemos controlar os acontecimientos, pero si a forma en que nos enfrontamos a eles. É fundamental a confianza e a fe para que os eventos non decidan as nosas emocións, pensar que podemos pedir e influir mediante a elección, e sentir que somos nós os que decidimos. Ser positivo e eficiente implica ser libre para elexir e cambiar o locus de control, apreciar que podemos actuar sobre o que sucede, cambiar acontecementos e, o que é máis importante, tomar o control das nosas vidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario