APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 26 de julio de 2013

A FUNCIÓN DOS NOSOS SOÑOS

"La regla psicológica dice que cuando una situación no se lleva a la conciencia, ocurre fuera como destino". C.G.Jung


"Cuanto mas aptos somos para hacer consciente lo que es inconsciente, más grande es la cantidad de vida que integramos."
"Hay sueños cuya estructura dramática lleva al paroxismo afectivo, paroxismo tan perfectamente realizado en el sueño que el durmiente se ve forzado a despertar por las emociones desencadenadas. Los sueños no sólo sirven para proteger el dormir. Sirven también, a veces, para interrumpirlo, cuando su función lo requiere. Por ejemplo, cuando tiene una importancia vital para la orientación de la conciencia". C.G. Jung

Unha das manifestacións propias da alma humana son os soños. Todos soñamos, recordémolo ou non, e a xulgar polo número de horas que lle dedicamos, é lóxico que teña unha relevancia importante nas nosas vidas. O interés polo enigmático mundo dos soños non é novo. Para Freud, o soño persigue a realización dos desexos que nun estado de vixía non foron posibles e tamén a protección do durminte. Sen embargo, para Carl Jung, esa función só é subsidiaria e a verdadeira función dos soños sería a compensación que realiza o noso inconsciente da situación consciente que estamos vivindo.

Segundo Jung, o contido dos soños son proxeccións simbólicas en forma de imaxes que cada un de nós elabora de xeito persoal e instransferible no contorno das nosas vidas. O soño é coma un teatro no que o que soña é á vez escenario, actor, apuntador, director, autor e crítico. As imaxes, aínda que están vestidas en forma de persoas achegadas ou de obxectos coñecidos, son os disfraces das distintas partes integrantes da nosa alma e cando hai representacións nos nosos soños non son máis que os movementos da nosa alma para axudarnos a comprendernos mellor e a ser máis conscientes.

A consciencia dos seres humanos acostuma ser bastante pobre, sexa por descoñecemento ou por falta de atención ou memoria. A miúdo ocorren feitos que pasan desapercibidos para a nosa conciencia pero non por iso deixan de ocorrir. Existen multitude de experiencias psíquicas: emocións, sensacións, pensamentos, intuicións e imaxes que non percibimos conscientemente pero que sí ocorren e forman parte do noso inconsciente.

Para Jung, o inconsciente colectivo é común a toda a humanidade, atemporal, prenatal e postmortem; contén a herdanza espiritual de toda a humanidade e segue medrando co paso das xeracións. Este inconsciente colectivo se manifesta nos nosos soños a traveso da linguaxe simbólica por medio de arquetipos que son as imaxes dese mundo. Os arquetipos xa aparecen  nos "Diálogos de Platón" e podemos contactar con eles a traveso da intuición e, fundamentalmente, a traveso dos soños, recuperando un saber e unha experiencia milenarios que nos poden axudar a achar respostas ás nosas inquietudes, ás nosas dúbidas e aos nosos problemas, e cuxa solución non podemos atopala coa conciencia ordinaria.

Temos soños compensadores que autorregulan o noso aparato psíquico, soños prospectivos polos que o inconsciente nos anticipa plans futuros e cuxo contido simbólico nos amosa a solución aos nosos conflictos; soños reductores, para os que teñen que adoptar comportamentos que están por riba das súas posibilidades, do seu temperamento e da súa natureza (saca á luz as nosas pequeñeces e debilidades); soños reactivos, por exemplo, a un acontecemento traumático, que reproducen dun xeito nítido episodios da nosa vida poderosamente afectivos e que se repetirán ata que o elemento traumático se integre na nosa psique e se extinga; soños telepáticos, nos que captamos, máis aló da distancia, sucesos que están ocurrindo: unha defunción, unha noticia, unha carta..., e soños proféticos que anticipan sucesos futuros.

Moitos de nós podemos ter soños con contidos sexuais reprimidos desde a nosa infancia, o que lle daría a razón a Freud pero, a maioría parecen ter máis relación coa vida actual do soñador ou soñadora, e parecen ter relación cun potencial creativo que cada un de nós posuimos para reforzar a nosa personalidade. É posible que funcionen como válvula de escape para a presión causada polos pensamentos reprimidos, pero a función fundamental é a de contribuir ao equilibrio psicolóxico da persoa, axudándolle, non só a descubrir o inconsciente, senón a que poidan utilizalo como un proceso terapéutico de forma creativa.

Os soños son, fundamentalmente,  unha "pulsión" cara a saúde e a madurez psicolóxica que restaura o equilibrio psicolóxico do soñador ou soñadora, axudándolle a ver as cousas desde distintos puntos de vista e a complementar a visión parcial e sesgada que ten a mente para que a persoa poida producir o axuste psíquico e a súa posterior rectificación en estado de vixía. En definitiva, a función do soño é a de manter o noso equilibrio psícolóxico e compensar as deficiencias da nosa personalidade.

"Todo querer, es querer compensar algo." "En el sueño se revela el problema vital de individuo en forma simbólica." Alfred Adler

No hay comentarios:

Publicar un comentario