APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 14 de noviembre de 2012

O LADO OCULTO DA NATURALEZA HUMANA: A SOMBRA


"Lo que no se hace consciente se manifiesta en nuestras vidas como destino." C.G.JUNG

"En la mitad de mi vida descubrí mis propios demonios. A partir de ese momento gran parte de lo que hasta entoncer había considerado como algo positivo se convirtió en una maldición. El anchuroso camino se estrechó, la luz se ensombreció y, en la oscuridad de las tinieblas, mi santo -tan repeinado y bien educado- tropezó con mi pecador". CONNIE ZWEIG

"¿Cómo puede haber tanta maldad en el mundo? Conociendo a la humanidad lo que me asombra es que no haya más." WOODY ALLEN

A sombra persoal vaise desenvolvendo en todos nós desde meniños. Cando nos identificamos con determinados rasgos de personalidade como a boa educación e os bos modais, que van sendo reforzados sistemáticamente polo contorno, imos configurando o noso eu máis explícito e polo que nos coñecerán os demais. Pero tamén, ao mesmo tempo, imos desterrando á sombra aquelas cualidades que non se adecuan á imaxe ideal como o egoismo, por exemplo, ou algunas conductas que non están ben vistas pola nosa familia, a sociedade ou a cultura. Deste xeito, o eu e a sombra vanse configurando simultáneamente, alimentándose da mesma experiencia vital.
Son moitas as forzas que axudan á formación da nosa sombra e determinan o que está permitido e o que non. Os pais, os parentes, os mestres, os amigos e a relixión constitúen un entorno complexo polo que aprendemos o que é unha conducta axeitada; amable, educada e moral e o que é un comportamento despreciable, bochornoso e pecador.
A sombra opera coma un sistema psíquico autónomo. Cada cultura marca de xeito diferente o que corresponde ao eu e o que corresponde á sombra. Todos os pensamentos e sentimentos rexeitados polo eu e desterrados á sombra alimentan o lado oculto da naturaleza humana. Pero non todos eles son negativos, algunhas aptitudes e talentos que non chegamos a desenvolver poden estar acochados na sombra. A sombra permanece concectada coa vida, a vitalidade e as profundidades da psique (alma).
A sombra é perigosa e inquietante e parece fuxir da luz da conciencia como se ésta constituira unha ameaza para a súa permanencia. Cando nos "namoramos" ou proxeitamos a nosa ira sobre outras persoas, é a sombra a que se manifesta, establecendo un vínculo entre o emisor e o receptor. A nosa sombra persoal forma parte do inconscente que compementa ao eu e que representa aquelas características que a nosa personalidade conscente non quere recoñecer e repudia, esquece e desterra ás profundidades da súa psique só para atopalas nos momentos más insospeitados.
Podemos achar a sombra nas nosas emocións máis ocultas, máis "baixas" ou temidas. É frecuente que o encontro coa sombra teña lugar na metade da vida, cando as nosas necesidades e valores máis fondos tenden a cambear o rumbo da nosa vida obrigándonos a romper os hosos hábitos e a cultivar capacidades latexantes ata ese momento.
As mensaxes emitidas a dirario polos medios de comunicación evidencian as secuelas  lamentables da sombra colectiva. A sombra colectiva xoga co noso diñeiro desde as entidades financieiras, alimenta a sede de poder dos políticos e corrompe o noso sistema xudicial; conduce exércitos para librar guerras, trafica vendendo armas a líderes de países onde os cidadáns morren de fame; poluciona os ríos e océanos e envenena os alimentos con pesticidas.
Nos dinteles de pedra do derruido templo de Apolo en Delfos (sobre a ladeira do monte Parnaso) os sacerdotes grabaron dúas inscripcións. Nunha delas: "coñécete a tí mesmo" os curas do Deus da luz aconsellan que o coñezamos todo de nós mesmos, o que incluiría de xeito especialísimo o lado escuro.
O descubremento da sombra ten por obxecto fomentar a relación co inconscente e expandir a nosa identidade compensando as nosas actitudes. Establecendo contacto coas nosas capacidades ocultas e deixando que flúan, liberámonos da culpa e da vergoña asociados ós nosos sentimentos e necesidades ocultos.
Ao lonso da historia da cristiandade o medo a "caer" na iniquidade expresouse como temor a ser "posuido" polos poderes do diaño. Os contos de vampiros e homislobos son exemplo disto. Pero o exemplo máis famoso é o da lenda do Fausto que, cansado de ser virtuoso termina acadando un pacto co diaño. Como sucede habitualmente, a enerxía psíquica reprimida reclamou a súa atención e como ocurriu tamén co Doutor Jekyll, sacrificou o seu eu e sucumbeu ao feitizo da sombra: Fausto rematou sendo un bebedor e o Doutor Jekyll transformouse no monstruo Mr. Hyde.
Mantemos ocultas as nosas cualidades negativas coa esperanza de que ningúen descubra a súa existencia mentres amosamos un rostro inocente ao mundo (a persona/máscara). Pensamos que é posible vencer á sombra, despoxarmonos da ambigüidade moral, expiar o pecado de Adán e retornar ao paraiso.
"Donde hai amor no existe el poder y donde predomina el poder, el amor brilla por su ausencia." C.G.JUNG

domingo, 11 de noviembre de 2012

SETE PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS PARA A VIDA

A fonte de toda creación é a esencia do Ser absoluto (...) A potencialidade da conciencia aspira a expresarse desde o non manifestado. Cando tomamos conciencia do Ser, atopamos o noso eu verdadeiro e nos alienamos co poder do universo.

Principio da Potencialidade da conciencia

"En el principio
No había ni existencia ni no existencia;
Todo este mundo era energía no manifiesta...
El Uno alentaba sin aliento, por Su propio poder;
No había nada más..."
(Himno de la Creación del Rig Veda)

Para levar a cabo este principio é preciso comprometerse a dar os seguintes pasos:

1. Adicarei algún tempo cada día a gardar silencio, simplemente ser. Practicarei a reflexión silenciosa polo menos unha vez ao día, aproximadamente trinta minutos pola noite antes de acostarme.

2. Adicareille algún tempo cada día a estar en contacto coa naturaleza e a presenciar en silencio a intelixencia que se pecha en todas as cousas vivas. Sentareime de vez en cando, en silencio, a contemplar unha posta de sol, o sonido do mar, un río, etc., ou simplemente ulir o arrecendo da herba do campo, dunha flor, dunha árbore...No silencio disfrutarei do latexar da vida e da creatividade sen límites.

3. Tentarei absterme de facer xuizos de valor gratuitos. Comenzarei a xornada coa afirmación seguinte: "Hoxe no xulgarei a ninguén nin nada do que suceda"; e ao longo do día tentarei recordalo.

Principio de entrega

"Esta frágil vasija la vacías una y otra vez y la vuelves a llenar constantemente de vida nueva. Esta pequeña flauta de caña la has llevado por valles y montañas y has soplado en ella melodías eternamente nuevas (...) Recojo tus dones infinitos con mis manos, tan pequeñas. Pasan los siglos y tú sigues vertiendo, y todavía hay sitio para más.
(Rabindranath Tagore, Gitanjali)

Comprometereime a dar os seguintes pasos:

1. Vaia onde vaia, tentarei ser agradable, educado e cortés coas persoas que me relacione. Tentarei poñer en marcha un proceso de circulación da ledicia,  controlando a miña resposta e percurando que sexa siempre a más axeitada sen temor ao erro, se así fose, rectificarei e continuarei o meu camiño.

2. Recibirei con agrado o que a vida me ofreza e afrontareino con serenidade. A luz do sol, a chuvia, o vento, a saraiba...

3. Darei sen esperar recibir. Ocupareime de entregar e recibir interés, aprecio, amor...

Principio da causalidade

"...lo que sembramos es lo que cosechamos.
        Y cuando optamos por realizar actos
    que llevan la felicidad y el éxito a los demás,
el fruto de nuestro karma es la felicidad y el éxito."

"El karma es la afirmación eterna de la libertad humana (...)
Nuestros pensamientos, nuestras palabras y nuestras obras
son los hilos de la red con que nos envolvemos a nosotros
mismos."
(Swami Wivekananda)

Comprometereime en dar os pasos seguintes:

1. Observarei as decisións que tomo en cada momento. Pola simple observación traereinas á miña conciencia. Así saberei que a mellor maneira de prepararme para calquera momento do futuro é ser plenamente conscente do presente.

2. Siempre que toma unha decisións terei en conta dúas cuestións: ¿cales son as consecuencias da decisión que estou tomando? e ¿farame medrar persoalmente e fará que estea máis satisfeito, e fará que medren as persoas ás que lle afecta tal decisión?.

3. Deixareime guiar siempre pola boa vontade, o meu benestar e o benestar xeral nas miñas decisións.

Principio do mínimo esforzo

"El ser completo conoce sin ir, ve sin mirar y consigue sin hacer."
(Lao Tsé)

Farei o seguinte:

1. Practicarei a aceptación. Aceptarei ás persoas, as situacións, as circunstancias e os sucesos tal e como ocorran. Sei que o momento é tal como debe ser, porque todo o universo é tal como debe ser. Non loitarei contra o momento, xa que non podería loitar contra o universo. A miña aceptación debe ser total e completa. Acepto as cousas como son e non tal como desexo que foran.

2. Aceptando as cousas como son, asumo a responsabilidade da miña situación e das circunstancias que vexo como problemas. Sei que asumir a responsabilidade significa non botar culpas a ninguén nin a nada da miña situación. Sei que todo problema é unha oportunidade camuflada, e esta atención ás oportunidades permíteme tomar este momento e transformalo nun beneficio superior.

3. Non sentirei a necesidade de convencer a ninguén, nin de persuadir aos demais para que acepten o meu punto de vista. Mantereime aberto a todos os puntos de vista e non estarei apegado ríxidamente a ningún deles.

Principio da intención e do desexo

"En el principio existía el deseo, que fue la primera semilla de la mente; los sabios han meditado en sus corazones y han descubierto por su sabiduría la conexión de lo existente con lo no existente."  (Himno de la Creación del Rig Veda)

Darei os pasos seguintes:

1. Deixarei que flúan a intención e o desexo. Tentarei levalos á miña conciencia e desprenderme deles. Confiarei en que, se non se cumplen é siempre por un motivo mellor.

2. Acordareime de que a intención é o desexo alléanme de min mesmo impedindo que poida sentir algo máis grande e satisfactorio.

3. Practicarei o coñecemento do momento presente e disfrutarei a fondo do que me presentan os sentidos e dos meus actos. Negaréime a permitir que os obstáculos consuman e disipen a calidade da miña intención no presente.

Principio do desapego

"En el desapego se encuentra la sabiduría
   de la incertidumbre (...) en la sabiduría
de la incertidumbres se encuentra la libertad
con respecto a nuestro pasado, con respecto
            a lo conocido, que es la cárcel
          del condicionamentiento pasado.

Y en nuestra disposición a adentrarnos
 en lo desconocido, el campo de todas
   las posibilidades, nos sometemos
   a la mente creativa que dirige la
            danza del universo."

" Como dos pájaros dorados posados en un mismo
árbol, amigos íntimos, el ego y el yo habitan el mismo
cuerpo. El primero come los frutos dulces y agrios del
árbol de la vida, mientras el segundo observa con de-
sapego." (El Upanisad Mundaka)

Comprometereime con seguinte:

1. Practicarei o desapego. Permitireime a min mesmo e aos que me rodean a liberdade de ser tal e como somos. Non imporei a miña idea. No imporei solucións aos problemas, creando novos problemas.

2. Engadirei incertidume á miña experiencia. Na miña disposición a aceptar a incertidume, acharei solucións
que xordirán do problema, da confusión, da desorde, do caos. Canto máis incertas parezan as cousas, máis seguro me sentirei, xa que a incertidume é o camiño da liberdade. Acho a miña seguridade a traveso da sabiduría da incertidume.

3. Adentrareime no campo de todas as posibilidades e esperarei a emoción que poida producirse cando me manteño aberto a un número infinito de opcións. Vivirei toda a ledicia, a pena, a maxia e o misterio da vida.

Principio do propósito da vida

"Todos tenemos un propósito en la vida (...)
     un don singular o un talento especial
          que podemos dar a los demás."

Farei o seguinte:

1. Nutrirei con amor a miña psique (alma). Prestareille atención ao meu interior. Levarei conmigo a conciencia do Ser intemporal, eterno, dentro do meu ser temporal.

2. Tomarei conciencia dos meus tgalentos singulares, de todas as cousas que me gustaría facer e penso como poñelas ao servizo da humanidad. Busco a forma de xenerar abundancia na miña vida y na dos demais.

3. Preguntareime como podo servir e como podo axudar.


"Quiero conocer los pensamientos de Dios (...) el resto son detalles." (Albert Einstein)

jueves, 1 de noviembre de 2012

O ESTRÉS E A MENTE

A psicoloxía, define o estrés como a resposta do sistema nervoso a un acontecemento ou unha situación que se percibe coma unha ameaza. Esta resposta se coñece informalmente como mecanismo de loita ou fuxida, xa que as hormonas que o organismo secreta ao sentir medo (como a adrenalina) proporcionan ao corpo a potencia física para enfrontarse ao perigo ou ben fuxir.

O estrés pode ser agudo ou crónico. O estrés agudo fai referencia á activación breve da resposta de "loita ou fuxida". O estrés crónico describe a activación persistente de dita resposta, facendo que o corpo se ache permanentemente en "situación de alerta". É este tipo de estrés o que pode chegar a ser pernicioso, xa que provoca o agotamento emocional e físico, e aumenta a vulnerabilidade a diversas enfermidades físicas e psicolóxicas. 

Prácticamente todas as experiencias da vida poden provocar estrés, depende de como as asuma a persoa. Sen embargo hai factores potenciais de estrés especialmente comúns e que acostuman coincidir cos acontecementos vitais de maior relevancia como son os nacementos, as enfermidades, os accidentes, as relacións sentimentais, os matrimonios, as separacións e as defuncións. Actualmente, o traballo figura entre as principais causas de estrés.

O estrés non é unha enfermidade, ainda que pode desembocar nela. Os síntomas varían notablemente dun caso a outro, e as persoas afectadas descríbeno como cambios físicos ("teño constantes dores de cabeza"), emocionais ("estou de mal humor") ou conductuais ("fumo máis"), ou ben como unha combinación de todos eles.

A resposta fisiolóxica ao estrés agudo coñécese como reacción de "loita ou fuxida". A acepción foi acuñada polo fisiólogo estadounidense Walter Cannon (1871-1945), pioneiro no estudo do estrés. Cannon mantiña que o máis básico dos instintos humanos é o de supervivencia. Nas sociedades primitivas, os seres humanos vivían nun contorno que os expuña a constantes perigos; de feito, a agresión dos animais era unha causa frecuente de morte.
Cannon describiu a maioría dos factores estresantes modernos como de "naturaleza simbólica" e exentos de perigo para a integridade física. Ainda que o corpo segue liberando hormonas relacionadas co estrés pero o individuo non pode fuxir ou loitar, polo contrario, debe permanecer sereo e pensar con calma.

A RESPOSTA DO CORPO AO ESTRÉS

1. O cerebro percibe unha ameaza nunha situación concreta.
2. O hipotálamo envía un mensaxeiro químico á hipófise que
    secreta unha hormona e a verque no fluxo sanguíneo.
3. Ao chegar ás glándulas suprarrenais, esta hormona estimu
    la a liberación de:
    Adrenalina e noradrenalina              Cortisol na corteza
    na médula suprarrenal.                     na corteza suprarrenal.
4. Estas hormonas preparan ao corpo para loitar ou fuxir:
    * Favorecendo a disponibilidade de glucosa para a obten-
       ción de enerxía.
   * Empregando as grasas acumuladas como combustible.
   * Aumentando o ritmo cardíaco e respiratorio.
   * Desviando sangue de áreas non vitais.
   * Interrompendo fundións corporais non vitais.
   * Intensificando a agudeza dos sentidos.
   * Mellorando a capacidade de coagulación do sangue.

O termo crónico fai referencia a toda doenza que perdura no tempo. O estrés crónico pode aparecer como resultado da concatenación de diversos acontecementos estresantes. Vivir en condicións estresantes durante un período de tempo prolongado pode resultar moi pernicioso. O individuo pode sufrir frecuentes dores de cabeza, palpitacións, dor de estómago ou molestias no peito. Algunhas persoas, incluso poden experimentar tremores ou sacudidas e unha sudoración excesiva. Desde o punto de vista psíquico, tendese á irracionalidade e ao pesimismo. A capacidade intelectual e creativa pode mermar. Os problemas de sono poden reducir os niveis de enerxía e poden chegar a descuidar o aspecto físico e a hixiene. Pérdese o apetito (algunhas persoas tenden á sobrealimentación). Disminúe o desexo sexual. Os síntomas difiren dunha persoa a outra, pero daranse en todas alteracións das emocións, o comportamento e o estado físico xeral.

FISIOLOXÍA DO ESTRÉS CRÓNICO

Nas últimas décadas desenvolviuse un ámbito de investigación denominado psiconeuroinmunoloxía (PNI). Esta disciplina examina a relación entre o estrés e os sitemas nervoso, inmunitario e endocrino (hormonal). Parece que o estrés crónico repercute negativamente sobre o sistema inmunitario. O sistema inmnitario é o mecanismo co que conta o organismo para loitar contra as infeccións. As investigacións suxiren que as persoas insatisfeitas, estresadas e deprimidas teñen máis probabilidades de padecer unha serie de enfermidades que as que aprenderon a controlar o estrés dun xeito eficaz e manteñen unha disposición de ánimo relaxada e positiva. Ainda que se descoñece como sucede, debe producirse nalgunha alteración na química do cerebro. O individuo que cultiva unha actitude mental serena e positiva estará asegurándose unha sensación de benestar non só emocional senón tamén físico. Os descrubrementos da investigación en PNI suxiren, tamén, que as persoas positivas e non estresadas restablécense con maior rapidez dunha doenza que as estresadas e deprimidas.

O estrés anticipatorio pode ser tanto agudo como crónico. A principal característica distintiva é a de que a persona ainda non se atopa diante dunha situación estresante pero o anticipamos co noso pensamento. O corpo reacciona ante estos pensamentos do mesmo xeito que cando o desafío está presente e é inminente. Un exemplo deste tipo de estrés pode producirse cando nos dan unha noticia dunha enfermidade grave ou potencialmente terminal. O estrés anticipatorio é froito da capacidade humana para almacenar experiencias pasadas e imaxinar esceas futuras.


SIGNOS PSICOLÓXICOS DO ESTRÉS

O estrés crónico pode causas cambios psicolóxicos perxudiciais. Estos cambios son especialmente nocivos se a persoa que os experimenta non recoñece que están orixinados polo estrés e, polo tanto, non adopta medidas para atallar o problema. Os signos psicolóxicos non só son problemáticos en sí mesmos, senón que tamén poden perxudicar as relacións persoais e laborais.

1. INESTABILIDADE EMOCIONAL.
2. ANSIEDADE.
3. PERDA DE CONFIANZA EN SÍ MESMO.
4. DEPRESIÓN.
5. APATÍA.
6. INDECISIÓN.
7. PERDA DE CONCENTRACIÓN.
8. LAPSOS DE MEMORIA.

SIGNOS CONDUCTUAIS DO ESTRÉS

Identificar o estrés implica buscar alteracións na conducta habitual dunha persoa, máis que identificar síntomas absolutos. Constatar no comportamento cambios asociados ao estrés resultan esenciais para evitar que a situación empeore e chegue a ser perjudicial. Estos cambios poden repercutir dun xeito negativo na saúde, o nivel de enerxía, a perspectiva psicolóxica, as relacións persoais e a vida laboral.

1. CAMBIOS NOS HÁBITOS

Aillamento social.
Excesivo gregarismo.
Descoido da hixiene persoal.
Alteración de hábitos alimentarios.
Falta de desexo e motivación nas relacións sociais por sensación de cansancio ou falta de tempo.
Conversas limitadas a problemas persoais.
Sensación de angustia.
Mostrarse alleo.

Toda conducta pode resultar nociva en dous aspectos fundamentais: en primeiro lugar, a impresión de non estar socialmente adaptado repercute dun xeito negativo na autoestima; e, en segundo lugar, é posible que os demáis reaccionen fronte a esa actitude distanciándose, situación que en último extremo conduce á marxinación e ao aillamento.

Moitas persoas sometidas a altos niveis de tensión poden atopar nas sustancias popularmente consideradas como mitigadoras do estrés: alcol, tabaco e outras drogas, unha forma fácil e tentadora de relaxarse.