APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 14 de noviembre de 2012

O LADO OCULTO DA NATURALEZA HUMANA: A SOMBRA


"Lo que no se hace consciente se manifiesta en nuestras vidas como destino." C.G.JUNG

"En la mitad de mi vida descubrí mis propios demonios. A partir de ese momento gran parte de lo que hasta entoncer había considerado como algo positivo se convirtió en una maldición. El anchuroso camino se estrechó, la luz se ensombreció y, en la oscuridad de las tinieblas, mi santo -tan repeinado y bien educado- tropezó con mi pecador". CONNIE ZWEIG

"¿Cómo puede haber tanta maldad en el mundo? Conociendo a la humanidad lo que me asombra es que no haya más." WOODY ALLEN

A sombra persoal vaise desenvolvendo en todos nós desde meniños. Cando nos identificamos con determinados rasgos de personalidade como a boa educación e os bos modais, que van sendo reforzados sistemáticamente polo contorno, imos configurando o noso eu máis explícito e polo que nos coñecerán os demais. Pero tamén, ao mesmo tempo, imos desterrando á sombra aquelas cualidades que non se adecuan á imaxe ideal como o egoismo, por exemplo, ou algunas conductas que non están ben vistas pola nosa familia, a sociedade ou a cultura. Deste xeito, o eu e a sombra vanse configurando simultáneamente, alimentándose da mesma experiencia vital.
Son moitas as forzas que axudan á formación da nosa sombra e determinan o que está permitido e o que non. Os pais, os parentes, os mestres, os amigos e a relixión constitúen un entorno complexo polo que aprendemos o que é unha conducta axeitada; amable, educada e moral e o que é un comportamento despreciable, bochornoso e pecador.
A sombra opera coma un sistema psíquico autónomo. Cada cultura marca de xeito diferente o que corresponde ao eu e o que corresponde á sombra. Todos os pensamentos e sentimentos rexeitados polo eu e desterrados á sombra alimentan o lado oculto da naturaleza humana. Pero non todos eles son negativos, algunhas aptitudes e talentos que non chegamos a desenvolver poden estar acochados na sombra. A sombra permanece concectada coa vida, a vitalidade e as profundidades da psique (alma).
A sombra é perigosa e inquietante e parece fuxir da luz da conciencia como se ésta constituira unha ameaza para a súa permanencia. Cando nos "namoramos" ou proxeitamos a nosa ira sobre outras persoas, é a sombra a que se manifesta, establecendo un vínculo entre o emisor e o receptor. A nosa sombra persoal forma parte do inconscente que compementa ao eu e que representa aquelas características que a nosa personalidade conscente non quere recoñecer e repudia, esquece e desterra ás profundidades da súa psique só para atopalas nos momentos más insospeitados.
Podemos achar a sombra nas nosas emocións máis ocultas, máis "baixas" ou temidas. É frecuente que o encontro coa sombra teña lugar na metade da vida, cando as nosas necesidades e valores máis fondos tenden a cambear o rumbo da nosa vida obrigándonos a romper os hosos hábitos e a cultivar capacidades latexantes ata ese momento.
As mensaxes emitidas a dirario polos medios de comunicación evidencian as secuelas  lamentables da sombra colectiva. A sombra colectiva xoga co noso diñeiro desde as entidades financieiras, alimenta a sede de poder dos políticos e corrompe o noso sistema xudicial; conduce exércitos para librar guerras, trafica vendendo armas a líderes de países onde os cidadáns morren de fame; poluciona os ríos e océanos e envenena os alimentos con pesticidas.
Nos dinteles de pedra do derruido templo de Apolo en Delfos (sobre a ladeira do monte Parnaso) os sacerdotes grabaron dúas inscripcións. Nunha delas: "coñécete a tí mesmo" os curas do Deus da luz aconsellan que o coñezamos todo de nós mesmos, o que incluiría de xeito especialísimo o lado escuro.
O descubremento da sombra ten por obxecto fomentar a relación co inconscente e expandir a nosa identidade compensando as nosas actitudes. Establecendo contacto coas nosas capacidades ocultas e deixando que flúan, liberámonos da culpa e da vergoña asociados ós nosos sentimentos e necesidades ocultos.
Ao lonso da historia da cristiandade o medo a "caer" na iniquidade expresouse como temor a ser "posuido" polos poderes do diaño. Os contos de vampiros e homislobos son exemplo disto. Pero o exemplo máis famoso é o da lenda do Fausto que, cansado de ser virtuoso termina acadando un pacto co diaño. Como sucede habitualmente, a enerxía psíquica reprimida reclamou a súa atención e como ocurriu tamén co Doutor Jekyll, sacrificou o seu eu e sucumbeu ao feitizo da sombra: Fausto rematou sendo un bebedor e o Doutor Jekyll transformouse no monstruo Mr. Hyde.
Mantemos ocultas as nosas cualidades negativas coa esperanza de que ningúen descubra a súa existencia mentres amosamos un rostro inocente ao mundo (a persona/máscara). Pensamos que é posible vencer á sombra, despoxarmonos da ambigüidade moral, expiar o pecado de Adán e retornar ao paraiso.
"Donde hai amor no existe el poder y donde predomina el poder, el amor brilla por su ausencia." C.G.JUNG

No hay comentarios:

Publicar un comentario