APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 1 de noviembre de 2012

O ESTRÉS E A MENTE

A psicoloxía, define o estrés como a resposta do sistema nervoso a un acontecemento ou unha situación que se percibe coma unha ameaza. Esta resposta se coñece informalmente como mecanismo de loita ou fuxida, xa que as hormonas que o organismo secreta ao sentir medo (como a adrenalina) proporcionan ao corpo a potencia física para enfrontarse ao perigo ou ben fuxir.

O estrés pode ser agudo ou crónico. O estrés agudo fai referencia á activación breve da resposta de "loita ou fuxida". O estrés crónico describe a activación persistente de dita resposta, facendo que o corpo se ache permanentemente en "situación de alerta". É este tipo de estrés o que pode chegar a ser pernicioso, xa que provoca o agotamento emocional e físico, e aumenta a vulnerabilidade a diversas enfermidades físicas e psicolóxicas. 

Prácticamente todas as experiencias da vida poden provocar estrés, depende de como as asuma a persoa. Sen embargo hai factores potenciais de estrés especialmente comúns e que acostuman coincidir cos acontecementos vitais de maior relevancia como son os nacementos, as enfermidades, os accidentes, as relacións sentimentais, os matrimonios, as separacións e as defuncións. Actualmente, o traballo figura entre as principais causas de estrés.

O estrés non é unha enfermidade, ainda que pode desembocar nela. Os síntomas varían notablemente dun caso a outro, e as persoas afectadas descríbeno como cambios físicos ("teño constantes dores de cabeza"), emocionais ("estou de mal humor") ou conductuais ("fumo máis"), ou ben como unha combinación de todos eles.

A resposta fisiolóxica ao estrés agudo coñécese como reacción de "loita ou fuxida". A acepción foi acuñada polo fisiólogo estadounidense Walter Cannon (1871-1945), pioneiro no estudo do estrés. Cannon mantiña que o máis básico dos instintos humanos é o de supervivencia. Nas sociedades primitivas, os seres humanos vivían nun contorno que os expuña a constantes perigos; de feito, a agresión dos animais era unha causa frecuente de morte.
Cannon describiu a maioría dos factores estresantes modernos como de "naturaleza simbólica" e exentos de perigo para a integridade física. Ainda que o corpo segue liberando hormonas relacionadas co estrés pero o individuo non pode fuxir ou loitar, polo contrario, debe permanecer sereo e pensar con calma.

A RESPOSTA DO CORPO AO ESTRÉS

1. O cerebro percibe unha ameaza nunha situación concreta.
2. O hipotálamo envía un mensaxeiro químico á hipófise que
    secreta unha hormona e a verque no fluxo sanguíneo.
3. Ao chegar ás glándulas suprarrenais, esta hormona estimu
    la a liberación de:
    Adrenalina e noradrenalina              Cortisol na corteza
    na médula suprarrenal.                     na corteza suprarrenal.
4. Estas hormonas preparan ao corpo para loitar ou fuxir:
    * Favorecendo a disponibilidade de glucosa para a obten-
       ción de enerxía.
   * Empregando as grasas acumuladas como combustible.
   * Aumentando o ritmo cardíaco e respiratorio.
   * Desviando sangue de áreas non vitais.
   * Interrompendo fundións corporais non vitais.
   * Intensificando a agudeza dos sentidos.
   * Mellorando a capacidade de coagulación do sangue.

O termo crónico fai referencia a toda doenza que perdura no tempo. O estrés crónico pode aparecer como resultado da concatenación de diversos acontecementos estresantes. Vivir en condicións estresantes durante un período de tempo prolongado pode resultar moi pernicioso. O individuo pode sufrir frecuentes dores de cabeza, palpitacións, dor de estómago ou molestias no peito. Algunhas persoas, incluso poden experimentar tremores ou sacudidas e unha sudoración excesiva. Desde o punto de vista psíquico, tendese á irracionalidade e ao pesimismo. A capacidade intelectual e creativa pode mermar. Os problemas de sono poden reducir os niveis de enerxía e poden chegar a descuidar o aspecto físico e a hixiene. Pérdese o apetito (algunhas persoas tenden á sobrealimentación). Disminúe o desexo sexual. Os síntomas difiren dunha persoa a outra, pero daranse en todas alteracións das emocións, o comportamento e o estado físico xeral.

FISIOLOXÍA DO ESTRÉS CRÓNICO

Nas últimas décadas desenvolviuse un ámbito de investigación denominado psiconeuroinmunoloxía (PNI). Esta disciplina examina a relación entre o estrés e os sitemas nervoso, inmunitario e endocrino (hormonal). Parece que o estrés crónico repercute negativamente sobre o sistema inmunitario. O sistema inmnitario é o mecanismo co que conta o organismo para loitar contra as infeccións. As investigacións suxiren que as persoas insatisfeitas, estresadas e deprimidas teñen máis probabilidades de padecer unha serie de enfermidades que as que aprenderon a controlar o estrés dun xeito eficaz e manteñen unha disposición de ánimo relaxada e positiva. Ainda que se descoñece como sucede, debe producirse nalgunha alteración na química do cerebro. O individuo que cultiva unha actitude mental serena e positiva estará asegurándose unha sensación de benestar non só emocional senón tamén físico. Os descrubrementos da investigación en PNI suxiren, tamén, que as persoas positivas e non estresadas restablécense con maior rapidez dunha doenza que as estresadas e deprimidas.

O estrés anticipatorio pode ser tanto agudo como crónico. A principal característica distintiva é a de que a persona ainda non se atopa diante dunha situación estresante pero o anticipamos co noso pensamento. O corpo reacciona ante estos pensamentos do mesmo xeito que cando o desafío está presente e é inminente. Un exemplo deste tipo de estrés pode producirse cando nos dan unha noticia dunha enfermidade grave ou potencialmente terminal. O estrés anticipatorio é froito da capacidade humana para almacenar experiencias pasadas e imaxinar esceas futuras.


SIGNOS PSICOLÓXICOS DO ESTRÉS

O estrés crónico pode causas cambios psicolóxicos perxudiciais. Estos cambios son especialmente nocivos se a persoa que os experimenta non recoñece que están orixinados polo estrés e, polo tanto, non adopta medidas para atallar o problema. Os signos psicolóxicos non só son problemáticos en sí mesmos, senón que tamén poden perxudicar as relacións persoais e laborais.

1. INESTABILIDADE EMOCIONAL.
2. ANSIEDADE.
3. PERDA DE CONFIANZA EN SÍ MESMO.
4. DEPRESIÓN.
5. APATÍA.
6. INDECISIÓN.
7. PERDA DE CONCENTRACIÓN.
8. LAPSOS DE MEMORIA.

SIGNOS CONDUCTUAIS DO ESTRÉS

Identificar o estrés implica buscar alteracións na conducta habitual dunha persoa, máis que identificar síntomas absolutos. Constatar no comportamento cambios asociados ao estrés resultan esenciais para evitar que a situación empeore e chegue a ser perjudicial. Estos cambios poden repercutir dun xeito negativo na saúde, o nivel de enerxía, a perspectiva psicolóxica, as relacións persoais e a vida laboral.

1. CAMBIOS NOS HÁBITOS

Aillamento social.
Excesivo gregarismo.
Descoido da hixiene persoal.
Alteración de hábitos alimentarios.
Falta de desexo e motivación nas relacións sociais por sensación de cansancio ou falta de tempo.
Conversas limitadas a problemas persoais.
Sensación de angustia.
Mostrarse alleo.

Toda conducta pode resultar nociva en dous aspectos fundamentais: en primeiro lugar, a impresión de non estar socialmente adaptado repercute dun xeito negativo na autoestima; e, en segundo lugar, é posible que os demáis reaccionen fronte a esa actitude distanciándose, situación que en último extremo conduce á marxinación e ao aillamento.

Moitas persoas sometidas a altos niveis de tensión poden atopar nas sustancias popularmente consideradas como mitigadoras do estrés: alcol, tabaco e outras drogas, unha forma fácil e tentadora de relaxarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario