APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 31 de octubre de 2012

VIVIR O AGORA COMO FERRAMENTA

"D'où venons nous? Que sommes nous? Ou alons nous?" Paul Gauguin

  Unha boa explicación, atendida e entendida resulta ser, por si soa, unha das mellores terapias.
  O Demiurgo nos agasalla coa mochiliña e nos empurra cara o outeiro da vida. Nacemos co pranto e será preciso chorar para demostrar que estamos vivos; son bágoas de ledicia pola vida. Calquera suceso deixa unha pegada imborrable na nosa memoria indicándonos que formamos parte do agora. Dicía Freud que, "cando nacemos, comenzamos a morrer... "; por iso é tan importante entender.
  Os grandes filósofos, con Heráclito á cabeza, alertan de que todo flúe; de que nada permanece; e nese fluir extraviamos o sendeiro; labouramos para mitigar a dor da memoria sumidos na incertidume; sen control. Coma paxaros engaiolados construímos castelos no aire que se van derrubando un tras outro coa conseguinte frustrucción ata toparnos na ladeira da montaña, coa mochila cargada.

FERRAMENTA PARA ALIXEIRAR PESO

  Unha ferramenta non é máis ca un instrumento que nos axuda a sentirnos mellor; para que organicemos  mellor o tempo e  tomemos o control.
   Precisamos entender que a realidade é a nosa realidade, construida por nós e para nós. Temos que estar atentos para percibir e disfrutar cada momento. 
 Entrenando o autoconcepto ganaremos confianza e autoestima.

Premisas que hai que asumir 

1. A verdade é algo que nos trascende. Non existe unha verdade material. Só se chega á verdade a través do corazón e é un proceso persoal. A realidade é unha construción e é sempre relativa a cadaquén. Hai unha realidade para cada un/unha. 

2. Vivimos nun mundo relativo, non nos é dado coñecer o absoluto.

3. Somos o que pensamos.

4. Non debemos pensar en futuro, a única realidade posible é a que se presenta agora; neste instante ante nós e é neutra. A realidade non toma partido. 

5. Debemos entrenar para desapegarnos material e emocionalmente dos obxectos e as cousas; tamén das persoas. Unha cousa é o amor e outra a posesión. 

6. O don máis preciado é a vida. É imprescindible que amemos e nos amen. O amor é a sustancia da vida. Sen amor só existe o vacío. Hai que dar libremente, sen esperar.

7. Só somos responsables dos nosos actos e as nosas palabras; non somos quen de controlar máis aló do que facemos e dicimos. Non podemos controlar o que non depende de nós. Non nos ocupemos do que depende dos demais ou do contorno.

8. Aceptemos o relativismo moral porque o contrario, o dogmatismo  moral, é un serio obstáculo para a negociación. As normas abstractas xerais son un refuxio fácil para o que non se molesta en ir ao fondo dos problemas. Debemos frear as condeas morais precipitadas e facilitar a apertura do outro. É indispensable para sintonizar con empatía.

VIVIR O AGORA 

* Cadaquén ten o seu espazo que considera o máis tranquilo e fermoso, no que reflexionar sobre o día que acaba de rematar; pouco tempo, só o preciso para serenarse e planificar o día seguinte.

* Ao erguerse pola mañán e mirar pola fiestra, ollamos o novo día, que se presenta ante nós neutro, sen valor, para que coa nosa mirada o cubramos de color; se nos presenta como un lenzo ou unha páxina en branco, para que nos atrevamos a pintar e escribir o cadro ou o lenzo da nosa vida. Non hai días tristes nin alegres, nós estamos tristes ou alegres. Pintemos a vida co arcoiris de cores que nos ofrece o universo; crendo firmemente no que facemos. Teñamos confianza, a dor non podemos evitala, pero si o sufrimento. 

* Aprendemos a dirixir o pensamento cara os estímulos que percibimos (vemos, oimos, tocamos, degustamos e olfateamos). Almorzamos para tonificar o corpo e preparar a mente para disfrutar percibindo o agora; o instante, para que o cerebro nos gratifique cunha boa descarga de endorfinas, de pracer.

* Non esquecemos o rito da ducha, sintindo o pracer que nos percorre o corpo, identificándonos con el e amándoo.

* Vestímonos como queremos, sen ter en conta o "que dirán", preparados para representar o noso rol. Identificados con nós mesmos. Tentamos ser coherentes e honestos co que nos poñemos, co que pensamos e co que dicimos. Cada día se abre o telón e unha nova escea nos esixe a mellor representación. Non nos asustan os erros porque sabemos que nos axudan a medrar, nos inoculan contra o fracaso. Somos seres de éxito.

* Actuamos sempre con espíritu constructivo, sendo creativos. Somos polifacéticos. Aprendemos a decir non con asertividade. Tomamos as decisións cun talante tranquilo e conciliador; pero sen esquecer que as decisións siempre teñen consecuencias, e non sempre son positivas. Asumimos as consecuencias das nosas decisións.

* Adicámoslle como mínimo 1/2 hora a facer algún tipo de deporte; ten que ser sistemático e siempre á mesma hora.

* Queremos ser persoas ilustradas, para que non pensen por nós. Cultivamos o intelecto, "mens sana in corpore sano". 

* Queremos estar informados; queremos saber o que se fala e comenta. Veremos o mínimo posible a televisión e leremos a prensa pouco. Temos que facelo con conciencia crítica, sabendo a que señor serven, senón, acabaremos totalmente desinformados e "alienados", servindo ao mesmo señor.

* Alimentámonos de forma equilibrada. Comemos ben; pero non demasiado e ceamos pouco, "de grandes ceas están as tumbas cheas".

* Para dormir, temos en conta que o sono é paradóxico; canto máis nos pre-ocupamos del, menos durmimos e con menos calidade. Tentamos deitarnos sempre á mesma hora para fixar ben os "biorritmos"; erguéndonos tamén sempre á mesma hora. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario