APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 24 de octubre de 2012

COÑÉCETE A TÍ MESMO E VIVE CONSCENTEMENTE O AGORA.


"Por Dios entiendo una substancia infinita, eterna, inmutable, independiente, omnisciente, omnipotente, que me ha creado a mi y a todas las demás cosas que existen, si es que existe alguna. Pues bien, eso que entiendo por Dios es tan grande y eminente, que cuanto más atentamente lo considero, menos convencido estoy de que una idea así pueda proceder sólo de mí. Y, por consiguiente, hay que concluir neceariaamente, según lo antedicho. Que Dios existe. Pues aunque yo tenga la idea de substancia en virtud e ser yo una substancia, no podría tener la idea de una substancia infinita, siendo yo finito, si no la hubiera puesto en mí  una substancia que verdaderamente fuera infinita..." René Descartes.


Para Sócrates a Mayéutica (por analoxía Maya, unha das pléyades da mitoloxía grega) consistía en interrogar a unha persoa para que chegara ao coñecemento a traveso das súas propias conclusións e non a a traveso do mero coñecemento aprendido e preconceptualizado. Baséase na capacidade intrínseca de cada indidivuo para chegar á verdade, o cal supón que a verdade está oculta no interior dun mesmo.

No Hinduismo, "O Ser" trascendente é a esencia invisible e indestructible, a vida unha, eterna y omnipresente. É un concepto aberto que non pode ser explicado nin entendido. É imposible formarse unha imaxe mental do Ser. Impregna profundamente cada forma, é a nosa identidade máis profunda, a nosa verdadeira naturaleza. Só se deixas a mente en branco (meditación) serás capaz de sentir a unidade co Ser. É un estado de conexión con algo inconmesurable e indestructible, con algo do que formas parte esencialmente. É atopar a túa naturaleza máis aló do nome e da forma. A incapacidade de sentir esta conexión crea en tí a ilusión de que eres un corpo separado do mundo que te rodea e de ti mesmo. Represéntaste como un fragmento aillado, entón xorde o medo e os conflictos internos e externos pasan a ser a norma. O maior obstáculo para experimentar esta conexión é a identificación coa túa mente que fai que o pensamento se volva compulsivo.

Construimos o pensamento co noso pasado que queda grabado na nosa memoria e reverbera de cotio. Desde o nacemento, estamos expostos a situacións que provocan en nós sentimentos de medo e temores en distintos graos. O medo é un sentimento desagradable provocado pola percepción dun perigo. Desde o punto de bista biolóxico, o medo é adaptativo e constitúe un mecanismo de supervivencia e de defensa. Desde o punto de vista neurolóxico consiste na activación da amígdala situada no lóbulo temporal. E, desde o punto de vista psicolóxico é unha ferramenta necesaria para a correcta adaptación da persoa ao seu contorno. O medo produce cambios fisiolóxicos inmediatos: increméntase o metabolismo celular, aumenta a presión arterial, a glucosa en sangue e a actividade cerebral, tamén a coagulación sanguínea. O sistema inmunitario detense ao igual que toda función non esencial; o sangue flúe aos músculos maiores (especialmente extremidades inferiores), e o corazón bombea sangue a grande velocidade para levar hormonas ás células (especialmente adrenalina). Tamén se agrandan os ollos para ver mellor, dilátanse as pupilas para facilitar a admisión de luz, a fronte se engurra e os beizos se estiran. O organismo se prepara para loitar ou fuxir e o Sistema límbico, encargado en xeral das funcións de conservación do individuo, fixa a atención no obxeto ameazante.

O medo comenza e termina co desexo de sentirmonos seguros, con certidume e permanencia. Queda fixado no "cerebro reptiliano", o máis antigo e primitivo, que controla as funcións corporais e manteñen a vida e a supervivencia. Na nosa memoria represéntanse unha e outra vez esceas de dolo e sufrimentos que atentaron contra o noso instinto de vida, que ameazaron a nosa supervivencia e de seguido desátase o medo ao pasado. Automáticamente, botamos a ollada ao futuro, e comenzamos a soñar... Pero, un por un, os soños esvaécense como un castelo de naipes no aire. Aparecen a frustración, e de novo, o medo; o medo ao futuro e aparelladas aparecen a ansiedade e a angustia.

Asumamos que a verdade nos trascende,  que a realidade é a nosa representación, e que nós construímos a realidade co noso quefacer diario. Se ordeamos o noso pasado, e o organizamos  dándolle unha explicación, a nosa explicación, non é precisa erudicción, senón unha explicación plausible, que nos satisfaga, elaborada por nós e para nós, utilizando como ferramenta únicamente o noso coñecemento e a nosa experiencia (a nosa instrucción e formación) e "pasamos páxina", podemos comenzar. En canto ao futuro, ningún dos nosos sentidos é quen de percibir o futuro, só perciben o aquí e agora, o presente máis inmediato, a única realidade posible, a que se nos representa, polo tanto, debemos deixar de pensar en futuro.

Xa estamos no agora, vexamos cómo se nos representa, depende de nós, da nosa vontade. É preciso que saibamos construir ferramentas para acadar un pensamento que nos axude a percibir axeitadamente, de forma "sana" e funcional, que nos axude a tomar conciencia de que a realidade é unha substancia neutra, somos nós os que lle atribuimos valor, non existe un día bo nin malo, unha realidade mellor nin peor, é o noso pensamento o que lle pon a "cor". Somos quen de conducir o noso pensamento para que perciba como queremos. Pero debemos arranxar algunhas cousas;  temos que desenvolver ferramentas que nos sirvan para tomar conciencia de que iso é posible e quizais, ao final, até poidamos intuir a verdade. Quizais sexa,  O ETERNO RETORNO DO MESMO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario