APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 12 de octubre de 2012

A VERDADE

"Yo soy el camino, la verdad, y la vida; nadie viene al  Padre sino por mí." jn 14:6

A verdade pertence a unha dimensión que  nos trascende. A realidade é producto do noso pensamento e se nos presenta a través dos sentidos e as emocións ; se o noso corazón lle transmite boas intencións ao pensamento, a realidade é creativa e fermosa. Di Schopenhauer: "El mundo es mi representación. Esta es la verdad que vale para todo ser viviente y cognoscente aunque solo el hombre puede llevarla a la conciencia por la reflexión abstracta".

A sabiduría hindú coñece esta realidade porque así aparece como principio fundamental da filosofía vedanta. O dogma fundamental desa escola afirma que a materia non ten esencia independiente da mente. A antiga sabiduría hindú dí que a Maya é o veo do engano que envolve os ollos dos mortais e lles fai ver un mundo que se semella ao soño. A verdade para o ser humano non se pode atopar no presente. Permanece detrás dos obxectos sensibles e só é posible chegar a ela por medio do pensamento como facultade da alma. É a revelación polo intelecto e só se fai patente como diálogo entre Deus e o ser humano. É a liberdade en estado natural; un comportamento e un proxecto de futuro.

O "Argh" de Anaximandro, o Ser de Parménides, o lume de Heráclito son atributos da divinidade. O motor eterno, inmóbil e sen extensión de Aristóteles,  acto puro, pensamento de pensamento e causa final de todo o universo que ordea a naturaleza. Logos que se identifica co "pneuma" que todo o penetra e  vivifica e ao que nada se lle escapa. O misterio desborda pola súa trascendencia o noso limitado coñecemento. Ao ser humano se lle "revelan" verdades que podería chegar a entender con moita dificultade e moito traballo por medio do seu intelecto intentando que os seus pensamentos non se perdan nos erros e sexan capaces de atopar a seguridade do camiño. 

A alma de cada individuo se encarna nun corpo con sensacións, emocións e sentimentos que converte en desexos, ideas, emocións e pensamentos, e estes en actos. Os pensamentos reprimidos son desprazados ao inconscente, formando parte dunha personalidade escindida que opera desde a sombra e que poden provocar estados alterados da conciencia, dificultando a vontade, a memoria é, incluso, verdadeiros conflictos morais. Toda conducta ten unhas consecuencias que volven a nós como futuro. Se queremos que ese futuro sexa adecuado, debemos tomar conciencia dos erros para iniciar o cambio asumindo que cada quen ten a libertade de elexir e é responsable da su propia existencia. Cada persoa é responsable, libre, e realiza eleccións entre diversas posibilidades abertas. Unha persoa non é algo estático: sempre está en proceso de devir algo diferente. Polo tanto, depende dela realizar as súas potencialidades. Solo "actualizando" esas potencialidades pode vivir una auténtica vida. As persoas que negan o seu devir se están negando a posibilidade dunha verdadeira vida humana.

Para a fenomenoloxía existe una unidade mente-corpo, e para a experiencia fenoménica a persoa é e permanece como unha unidade. Se plantexa a existencia do "ser" no tempo presente, nun espacio determinado, centrado na individualidade. Trátase dun ser humano que progresa activamente na vida, asumindo a responsabilidade de realizar as súas posibilidades, aprendendo a transcender realizando as súas potencialidades. O humanismo enfatiza o xeito en que a conciencia, os sentimentos, as emocións subxectivas, e as experiencias persoais, se relacionan coa propia existencia nun mundo mellor, máis xusto e equitativo. Trátase dunha perspectiva "fenomenolóxica" para a cal a experiencia subxectiva (tal como se presenta aquí e agora) é o fenómeno principal da naturaleza humana. Cada conduta debe estar guiada cara a auto-actualización, tendencia que é idiosincrática de cada indivíduo. O ser humano é o eixo da súa propia conduta é experiencia, como "axente conscente" que experimenta y decide  as súas accións. Se alguén está famento e sedento tenderá a calmar a sede antes que a fame. Da mesma forma, si alguén está sedento, pero o someteron a condicións que non lle permiten respirar, prevalecerá a necesidade de respirar para "salvarse".

No hay comentarios:

Publicar un comentario