APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 20 de febrero de 2022

"INFINITUM AETERNITAS"

"Esta es la nostalgia: habitar en la onda
y no tener patria en el tiempo.
Y éstos son los deseos: quedos diálogos
de las horas cotidianas con la eternidad"
. R. M. Rilke

"Nuestro espíritu es un ser de naturaleza indestructible, es algo que obra de eternidad en eternidad. Es como el sol, que sólo a nuestros ojos terrestres parece ponerse, pero que en realidad nunca se pone, sino que sigue luciendo eternamente. " J. W. Goethe

Escribe Herman Hesse: "Que dicha que también ahora haya tenido la inspiración de que el tiempo no existe. Sólo el tiempo separa al hombre de lo que anhela". Imaxinamos o curso do tempo como unha liña recta que por un lado descorre en dirección ao pasado e polo outro cara ao futuro. Sen embargo, pola xeometría de Riemann sabemos que en realidade non existen as liñas rectas, debido á curvatura esférica do espacio, toda liña recta se a prolongamos ata o infinito, acaba por convertirse nun círculo. Polo tanto, en realidade, cada liña recta é un arco dunha circunferencia. Isto quere dicir que pasado e futuro se atopan ao pecharse o círculo; é dicir, que sempre vivimos cara o noso pasado e o noso pasado está determinado polo noso futuro. Todo se une na eternidade, a materia, o movemento e o tempo existiron sempre e existirán eternamente, 

O ser humano contempla a vida no contexto "sempre-cando-entón". Pero en campos de espacio-tempo moi pequenos da orde de magnitudes de partículas elementais, o espacio e o tempo se esvaecen, de tal xeito que, nin os conceptos de antes e despois poden definirse. A estructura de espacio-tempo non pode modificarse pero, en apariencia, determinados procesos descorren inversamente á súa orde causal. Se imos en dirección oposta, perdemos a diferenciación entre espacio e tempo, entre o antes e o despois, ata que a separación acaba por desaparecer. É o punto que todo o abarca, o que todos chamamos a "nada". Atravesar o velo de Maja, o  engano, é o requisito para contemplar a unidade. 

Newton relaciona a eternidade con Deus. Para a teoría da relatividade, o universo e o tempo é relativo ao observador de tal xeito que pasado e futuro poderían cohexistir no presente. Einstein calificaba o tempo de "ilusión pertinaz". Para Brian Greene "El tejido del cosmos", pasado presente e futuro deben entenderse como un todo que exclúe fronteiras. Stephen W. Hawking partindo da relatividade xeral e a mecánica cuántica, chega á conclusión de que "...O universo (...) non ten fronteira (...) non sería creado nin destruído. Simplemente sería. ". Para Roger Penrose unha partícula sen masa pode "alcanzar a eternidade".

O samsara budista, o neheh exípcio, a negación do tempo de Parménides, emanación da divinidade para Averroes, visión circular interminable de Giambattista Vico. Para Ernes Renan a persoa pode vivir sen eternidade pero é preciso que crea nela e para Wittgenstein vive eternamente quen vive no presente: "Nuestra vida es tan infinita como ilimitado nuestro campo visual". Según Heidegger, "...Cuando el filósofo plantea la cuestión del tiempo, (...), entonces está dispuesto a comprender el tiempo (...) a partir del siempre, concepto que se presenta como eternidad". 

Os números e as súas relacións existen con independencia do tempo, pero o ser finito non comprende a eternidade porque non é quen de aprehender o infinito. Linguaxe e perspectivas de coñecemento, interpretación e procesamento secuencial. Mundo polarizado por hemisferios cerebrais que explican o fenómeno pola causalidade, a lateralidade e a linealidade con consecuencias que comenzan a apreciarse.

"...y el Siddartha niño sólo estaba separado del Siddartha hombre y el Siddartha anciano por sombras, no por causas reales (...) Nada fue ni nada será, todo es, todo tiene ser y presente." H. Hesse: "Siddartha".

Autor: Alfonso Iglesias Zamar
Compostela, 20 de febreiro de 2022

sábado, 19 de febrero de 2022

"¡AH DE LA VIDA!..."

"La vida toda no es más que interrogaciones hechas de forma que llevan en sí el germen de las respuestas...". Gustav Meyhrinck, Golem

"¡Ah de la vida!... ¿Nadie me responde?
¡Aquí de los antaños que he vivido!
La Fortuna mis tiempos ha mordido;
las Horas mi locura las esconde.
(...) Ayer se fue; mañana no ha llegado;
hoy se está yendo sin parar un punto:
soy un fue, y un será, y un es...". Francisco de Quevedo

Todo o panorama cósmico está xerado polos seus propios habitantes. Coa vida aparece a creación. O nacemento da conciencia cristaliza a realidade. O universo está dividíndose constantemente, cada proceso subatómico ten a facultade de multiplicar o mundo. O noso corpo, o noso cerebro, a nosa conciencia se divide repetidamente. O Ser, estado cósmico da conciencia se divide en múltiples conciencias unitarias que se multiplican e se dividen eternamente. No segundo libro da creación, Adán (Terra), primeira criatura humana (andróxina) é depositado no Edén, xardín no aque hai dúas árbores especiais: a árbore da vida e a árbore do ben e o mal. Adán simboliza a criatura total, é un co Todo; pero, concibe o desexo de proxectarse cara o exterior e de darlle forma independente a unha parte do seu ser. Yahveh toma un costado de Adán e fai con el algo independente. Para o pensamento xudeo-cristiá, a partires do mito de Adán, pérdese a unidade; ao espallar a súa semente pola terra pérdese a conciencia cósmica e comenza a polaridade. Os mitos de todos os pobos e de todas as épocas recoñecen este tema central da condición humana e o representan en imaxes semellantes.

A partires da división da conciencia, o ser humano ansiará a volta ao mito do Paraiso, á Totalidade, á Unidade que permanece inalcanzable no interior da súa psique. O sentimento bipolar acompañará a Psique no tránsito entre elementos opostos, A xove Psique, con ás de volvoreta, envexa de Afrodita, amor prohibido de Eros, condenada ao amor das sombras, vaga polo inframundo para achar ao fin a Unidade e mergullarse na Totalidade. Na traxedia grega, o ser humano debe decidir entre dúas posibilidades e, decida o que decida, xamáis acertará. Na Unidade se reúnen todas as polaridades sen distinción, mentres que a polaridade e a división son o principio deste mundo. 

A Unidade e a Bipolaridade son obxecto a cotío de interpretacións filosóficas e relixiosas. A terminoloxía relixiosa suliña que o mundo polarizado é pecaminoso, diabólico, polo que todos os guías espirituais exhortan a abandoalo para proveito dos especuladores. Pitágoras sostiña que todas as cousas son números e que, o Kosmos provén de principios numéricos. Distingue entre forma e materia. O mundo físico sería imitación dun mundo matemático eterno. Bohm propón que existen dúas ordes no Kosmos: una orde explicada, e unha orde implicada, na primeira a característica esencial é a multiplicidade e, na segunda, a característica esencial é a unidade. Ambas ordes se poden encontrar en cada punto do Universo. O movemento entrambas é a  Holokinese. Segundo Bohm subxacen variables ocultas no Kosmos; un electrón e un fotón son, ao mesmo tempo, unha onda e unha partícula que se propagan por todo o Universo e non se pode determinar a súa posición e o seu movemento. Schrödinger explica este principio co seu famoso exemplo do parodoxo do gato. 

Hai certa similitude nos cambios permanentes de Heráclito que diron lugar á famosa frase: "Todo cambia, nada permanece...". Nesta liña, Crátilo mantiña que non se pode definir algo que non ten unha natureza permanente. Parménides na outra liña, argumenta a favor da Unidade, o Ser inmutable. Para él, o cambio só é ilusión. Platón afirmaba que a mente está imbuída por unha capacidade innata para comprender e aplicar conceptos no mundo, e que estes conceptos son, dalgunha maneira, máis reais que as cousas do mundo. Todos os entes do mundo sensible participan doutros entes perfectos e autónomos de carácter ontolóxico superior que, non son perceptibles polos sentidos, dos que son copia. A Idea é única e inmutable, mentres que, as cousas do mundo sensible, son múltiples e cambiantes. 

Ambas intepretacións forman parte dun mesmo ideario a partires do Concilio de Nicea, onde o  Imperio Romano de Constantino adapta filosofía e relixión, non coa intención de converter este mundo nun paraíso, pola contra, para illarse del como camiño á Unidade e á salvación. Toda aplicación do potencial humano para unha fin funcional tende a ser diabólica. Crea unha "verdade" que destrúe toda posibilidade. No Sandokai, un dos textos básicos da filosofía Zen se di: "Si queda en nosotros la más mínima idea de la verdad y el error, nuestro espíritu sucumbirá en la confusión". O ser humano é natura naturata, non é pecador, nin culpable, non ten que vivir atafegado pola dúbida. A división non foi, non é, nin será pecado, nin a personificación do mal. O medo é encollemento e represión e impide a apertura e a expansión. Para alcanzar a Unidade compre algo máis que fuxir e fechar os ollos. Os ollos están para ver e, por riba de toda polaridade hai luz. A fin de toda escuridade é a de facer recoñecible a luz e servirlle de soporte. Os aspectos escuros da psique, a sombra, só son ameazas en tanto non se traen á luz. Contemplar as sombras sen temor abre novos camiños á luz do entendemento e, do coñecemento dun mesmo transformando a cualidade do contemplado. 

Entrenado polo engano, o ser humano cré e pensa nun mundo imperfecto sen decatarse de que só a súa ollada é imperfecta. A renuncia do mundo e o ascetismo non acaban coa inxustiza e o sufrimento. A vida é algo máis que o veo de maia creado na nosa mente. É un desafío en constante proceso de creación. O Zaratustra de Nietzsche volvería unha e outra vez, coa esperanza de ser escoitado e non ter que volver ás montañas a escoitar o eco da súa propia voz. A lei íntima de cada ser é xusta por natureza. Está orientada á defensa da vida. O elemento unificador é o amor que busca a unidade co outro e coa natureza. O amor convirte o ti nun eu e, por extensión, a vós ou a vosoutros en nós ou nosoutros.

Autor: Alfonso Iglesias Zamar
Compostela, 19 de febreiro de 2022