APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 4 de diciembre de 2012

DOR VERSUS SUFRIMENTO


"El que quiere vivir el placer sin el dolor, y el orden sin el desorden, no entiende las leyes del cielo y de la tierra". Chuang Tse (filósofo taoísta)

Tradicionalmente considerouse a dor e o sufrimento como un mal en si mesmo polo que tendemos a rexeitalo. Pero o sufrimento forma parte da naturaleza humana e pode facernos madurar e medrar na nosa vida persoal se o aceptamos e o vivimos en positivo.

Para a relixión xudeo-cristiá a dor é a consecuencia do pecado orixinal que introduciu a vulnerabilidade na existencia humana. A igrexa católica instituiu a dor e o pecado como a forma de redimirse e sacrificarse para chegar a Deus. Para Sidharta a dor e o sufrimento son universais. Están causados pola paixón e os desexos. Compre renunciar a eles para liberarse do sufrimento.

O budismo e o xudeo-cristianismo esquecen que a vida é o don máis preciado para o ser humano. Sen o desexo e sen a paixón a vida valéirase de contido. Igual que non renunciamos ao pracer e á satisfacción, non podemos renunciar á dor e ao sufrimento. É unha experiencia que podemos vivir en positivo, somos nós os que decidimos como imos vivir no noso interior o sufrimento. Se non o vivimos como experiencia, o negamos e o rexeitamos, o sufrimento remata apoderándose de nós.

A "Asociación internacional para o estudo da dor" define a dor coma unha "vivencia sensorial e afectiva desagradable, asociada a lesión tisular ou potencial que se describe nos termos de dita lesión". A dor total, ten que ver con aspectos como a dor física, as emocións (depresión, ansiedade, obsesión, desamor, percepción de indiferencia afectiva...), aspectos espirituais como os proxectos de vida, o medo ao alén, a conciencia do mal,  aspectos sociais como a burocracia, a familia, os amigos, e aspectos económicos.

O sufrimento é un "desgarro" interior ante unha ameaza polo medo a estar indefensos, interveñen nel, a memoria, a intelixencia e a imaxinación, e inclúe o presente e o futuro. É unha dor anticipatoria do devir, do futuro, que se fai presente pola imaxinación, pero tamén do pasado, actualizada polo recordo.

A dor non podemos evitala, pero o sufrimento podemos controlalo por medio dos seus síntomas deixando que nos faga medrar buscándolle un sentido. Para atoparlle sentido ao sufrimento, compre ter en conta que ten un compoñente transcendente e que nos serve para madurar. Fuxir da dor xera ansiedade que alimenta e aumenta o sufrimento. O sufrimento mal asumido leva á desesperanza.


Temos que aceptar que as cousas son así, non como nos gustaría que fosen. Buscar a forma de medrar aceptando o que hai e ser funcionais, non rexeitar a realidade. A persoa que sofre, comprende mellor a existencia humana. Pola experiencia do sufrimento podemos comprender e aproveitar do presente algo verdadeiramente importante para un mesmo. Esta comprensión, fainos máis tolerantes e comprensivos do que lles ocorre aos demais. Abre unha vía ao transcendente e pode provocar un cambio no noso sistema de crenzas. Pode axudar a atoparlle sentido á vida.

"El hombre no se destruye por sufrir; el hombre se destruye por sufrir sin ningún sentido". V. Frankl

No hay comentarios:

Publicar un comentario