APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 30 de junio de 2015

DEMOCRACIA VS PENSAMENTO ÚNICO

"La mayoría de los individuos tendría que sentarse frente al televisor y masticar religiosamente el mensaje, ese que dice que lo único que tiene valor en la vida es poder consumir cada vez más y mejor, y vivir igual que esa familia de clase media que aparece en la pantalla... " Noam Chomsky 

     O concepto Democracia procede do grego demos, que significa pobo, e kratós que significa poder ou goberno; é dicir, poder do pobo. Por iso ten unha significación especial que sexa Grecia a que, para defender o "poder do pobo", teña que enfrontarse á Troika e ao liderazgo do pensamento único como forma de presión. Un acto que debería ser aplaudido polos defensores da Democracia, desencadena toda unha campaña para evitar que se cumpla a tarefa fundamental da democracia: a consulta popular. 
     ¿Por  qué esperta tal alarma a consulta popular? ¿Por qué un acto democrático se tacha de radical por aqueles gobernantes que ante situacións dramáticas para a poboación abandonan ao cidadán para favorecer ao entramado financiero? Para obter unha resposta hai que remontarse ao ano 1944 e aos acordos de Bretton-Woods, onde se establecen as bases para o relanzamento comercial a nivel planetario. Con ese obxectivo se crearon o Banco Mundial, O Fondo Monetario Internacional e o GATT (Acordo Xeral sobre Tarifas e Comercio).
     O Banco Mundial, aínda que se define como unha sociedade para o desenrolo, o que realmente lle importa é o crecemento, independentemente de quen se beneficie do uso ou de cómo se consiga. O FMI, foi creado para supervisar a paridade entre as moedas ou "acudir en axuda dos países membros"; pero a condición de que se acepten os "axustes estructurais" que non teñen outro obxectivo que mellorar a rendibilidade do capital. O GATT, que logo da Ronda de Uruguai, pasou a ser OMC (Organización Mundial do Comercio), pola súa dinámica favorece que os países ricos lle poidan impoñer as súas regras aos pobres. 
     Os organismos citados en teoría dependen das Nacións Unidas, pero na práctica obedecen os intereses das empresas multinacionais, que xunto cos fondos de pensións e os fondos de inversión, son os que controlan a economía do planeta. A cifra de negocio de General Motors, Ford, ou Toyota, por tomar algún exemplo, é máis elevada que o Produto Nacional Bruto de Dinamarca, Sudáfrica ou Noruega respectivamente. 
     Un dos principios do pensamento único é o de que a economía prime sobre a política. Os poderes económicos (Banco Mundial, FMI e Multinacionais), sustitúen aos respectivos gobernos nas tarefas que lles competen nos respectivos países, o que provoca que sexan os Mercados os que corrixan as disfuncións do capital, a competencia e a competitividade. Se nos presentan como a fórmula máxica que estimula o mundo empresarial e que o intercambio sen límites é un factor de crecemento que non se interrompe. 
     No sector das telecomunicacións ocorre o mesmo. No ano 1998, se desregula o sector coa desaparición das medidas que protexían o sector audiovisual. Coa concentración dos medios se uniformizan os contidos, que se repiten a diario na prensa escrita, na radio e na televisión. As representacións son cada vez máis homoxéneas e simplificadas para favorecer unha visión do mundo sesgada e interesada. 
     Os medios de comunicación nos presentan o pensamento único como algo natural e inevitable. Aseguran que as cousas non poden ser doutro xeito. Desnaturalizan a realidade social negando o carácter de crecemento e de construción que ten. Tendemos a asumir que o que din os medios de comunicación é a realidade, co que entramos no xogo das elites económicas e políticas, ás que o único que lles importa, é que as maiorías non cheguen a plantexarse a posibilidade do cambio. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario