APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 22 de junio de 2015

COÑECEMENTO NON É PERCEPCIÓN

  "El mundo es mi representación; esta verdad es aplicable a todo ser que vive y conoce, aunque sólo al hombre le sea dado tener conciencia de ella..." Arturo Schopenhauer 

 
A percepción é unha experiencia privada. Non podemos compartir a experiencia de "azul" con quen o perciba dun xeito diferente; do mesmo xeito non podemos compartir e experiencia de ser tocado, sentir cosquillas, oler unha rosa, saborear unha mazá ou escoitar música.
    
As cores espectrais difiren segundo a lonxitude de onda (con lonxitudes de onda comprendidas entre 400-450 namómetros percibimos a cor violeta; entre 450-500 nm, azul; entre 500-570, verde; entre 570-590, amarelo; entre 590-620, laranxa; e entre 620-700, vermello); a percepción depende ademais, do "contraste simultáneo", do nivel de adaptación do observador, da memoria da cor, etc. Na percepción táctil se codifica a información ambiental que se recibe nos receptores da pel, en sinais eléctricos que permiten darlle un significado. A percepción da dor non depende como a táctil únicamente dos receptores; tamén se ve influída por factores como a cultura, a experiencia, a situación, etc.; mentres que un patrón de cambios na presión do aire que recibe o nome de onda sonora se transforma no oído en enerxía eléctrica.
    
A maioría dos homes e mulleres modernos dan por sentado que o coñecemento empírico depende ou se deriva da percepción. Pero o coñecemento é moito máis que a acumulación de datos derivada dos sentidos. A pesares de que a materia non existe independente da percepción e que o suxeito é a base do mundo, só o é,  en canto coñece, non en canto é coñecido. O seu corpo mesmo é obxecto e está incluído nas formas de todo coñecemento dentro do espacio-tempo; pero o suxeito está fóra do tempo e do espacio porque está en cada ser capaz de representación. 
     
As formas esenciais de todo obxecto, tempo, espacio e causalidade existen a priori na nosa conciencia e nelas se expresa o coñecemento. As nosas representacións son intuitivas ou abstractas; as intuitivas abarcan a experiencia e a posibilidade;  as abstractas os conceptos. O tempo e o espacio, e todo o que neles se dá; e dicir, a causa e o motivo, so teñen unha existencia relativa. A materia é pura causalidade e a súa función é a acción que enche o espacio e o tempo. Todos os fenómenos e estados imaginables coexisten no kosmos infinito. 
     
A causalidade pon en relación o espacio co tempo. Toda realidade non existe máis que para o observador. É por medio do entendemento puro, que intuímos a realidade. Pero o que o ollo, o oído e o tacto senten, non é intuición, é un mero dato. So cando o entendemento observa, e pasa do efecto á causa, aparece a realidade material estendida como acción no espacio-tempo. O entendemento, cos datos que lle proporcionan os sentidos aprende a intuir os fenómenos sensibles; pero a intuición non é só sensible, tamén é intelectual; é dicir puro coñecemento. Toda experiencia depende do coñecemento lonxe de ser este unha consecuencia dela.
     
Representación e obxecto son a mesma cousa, o ser da intuición é a acción. Toda causalidade só existe no entendemento para o pensamento. A realidade sen o entendemento non existe. Ningunha realidade se pode pensar sen suxeito. A realidade está condicionada perpetuamente polo suxeito; posúe idealidade trascendental. So a cohesión das representacións entre sí pola causalidade distingue a realidade vixil do soño. 
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario