APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 16 de junio de 2015

MYKROPHYSIS


"El hierro cura lo que los remedios son incapaces de curar. El fuego cura lo que no alcanza a curar el hierro. Lo que no se cura con remedios, ni con el hierro, ni con el fuego, debe considerarse incurable." Hipócrates 

A persoa reproduce a natureza do Kosmos (physis tou Pantós). O organismo humano posúe a mesma capacidade de autorregulación que posúe a physis, coas súas mesmas propiedades, equilibrio e harmonía. Como anticipou Demócrito, o ser humano é un auténtico microkosmos.
     
A harmonía intrínseca da physis é quen de xerar harmonía e restablecer o equilibrio perdido por "defecto" ou por "exceso" dos principios activos da mykrophysis: o sangue, quente e húmido coma o aire, que emerxe do corazón e aumenta en primavera; a bilis negra, que se orixina no bazo, fría e seca como a terra, que aumenta en outono; a flema, fría e húmida como a auga, que aumenta en inverno e se orixina no cerebro; e a bilis amarela, quente é seca coma o lume, emerxe do fígado e aumenta no verán. 
    
Non existen enfermidades, senón enfermos. Cada enfermo está unido á súa enfermidade dun xeito único e irrepetible. A persoa, como mykrophysis, posúe a vis medicatrix naturae; é dicir, a potencia curativa da natureza para restablecer o equilibrio perdido coa enfermidade. O desequilibrio sobrevén por exceso ou por defecto; de calor, frío ou de nutrición. Se inicia no sangue, na médula ou no cerebro; ás veces por causas externas: a humidade, o ambiente, o esgotamento ou a privación; outras por causas internas, e teñen que ver co axuste psicóloxico.
      
Temos que prepararnos, reflexionando todos os días por espacio de media hora nun lugar tranquilo, para destruir vellos hábitos e malos pensamentos. Buscar a forma de axudar aos demais en todo o que poidamos e aprender a esquecer rápido as ofensas. Non airear os asuntos propios, non crerse débil, nin terlle medo ao futuro; porque o medo e a desconfianza atraen as malas influencias e o desastre.
      
Unha dietética que combine estilo de vida, alimentación e exercicio físico, son fundamentais para evitar desequilibrios severos e ter que recorrer ao phármakon ou á ciruxía. Compre respirar fondo e con frecuencia. Beber dous litros de auga diarios. Desterrar o pesimismo, a xenreira, o odio, o tedio, a tristeza, a vinganza e a pobreza de espírito. Fuxir das persoas maldicentes, viciosas, ruíns, murmuradoras, indolentes, chismosas, vaidosas e vulgares, para cambear o fado, porque non existe o azar e o fado se alimenta cos nosos actos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario