APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 24 de junio de 2015

A VONTADE DO SER

"el hombre es la medida de todas las cosas." Protágoras

       É mérito de Heidegger volver a plantexar con toda a súa radicalidade a pregunta do Ser, xa que sen esta aclaración, a filosofía está cega no seu punto de partida. Independentemente do xuízo que nos merezan as conclusións, hai que volver ao fundamento da realidade que é o Ser, que se foi vaciando progresivamente de contido existencial ata caer no esquecemento; de aí, que sexa preciso retornar, como o fixera Husserl, ás cousas na súa representación fenoménica.
    O fenómeno é aquilo que se desvela do Ser e se amosa no ámbito do cotiá. "Phainómeno" deriva de "Phaino" que significa "poñer á luz", desvelar o encuberto. Durante moito tempo, nos desviamos esquecendo a senda que conduce á verdade do Ser, sen ter en conta que a persoa é un ser, só que un ser con finitude trascendental. 
   Para Kant, tempo, espacio  e causalidade existen na nosa conciencia con independencia dos obxectos. Cando chegamos a penetrar na doutrina de Kant, según a cal, tempo, espacio e causalidade non son aplicables á cousa en si (O Ser), senón só ao fenómeno, nos convencemos da esencia interior da vontade do Ser. Toda causa natural non é máis que unha causa ocasional para o fenómeno. 
     No Ser reside o coñecemento a priori do corpo e as formas. O fenómeno da vontade está suxeito ao principio de razón, pero non a vontade en si, que é a vontade do Ser. O temperamento obedece á vontade; pero a condición e o suposto de cada acción, obedecen ao intelecto. O corpo é a miña representación que se fai visible a través do pensamento. Calquera acción sobre o meu corpo, afecta ao pensamento e me produce pracer e dor; pero cada movemento vivo da vontade do Ser a través da paixón, conmove o meu corpo e perturba a miña ánima. 
       A vontade do Ser como cousa en si é diferente do fenómeno e de todas as súas formas. Só entra nas lindes do fenómeno cando se manifesta a través do principio individuationis como realidade múltiple. A forza que latexa nas plantas, que lle dá cohesión ao cristal, a que brota ao contacto dos metais, a que se revela nos átomos como forza de atracción e de repulsión, de unión e de separación, a que atrae a pedra cara a terra e  a terra cara o sol, son todas diferentes en canto fenómenos; pero esencialmente son o mesmo. O fenómeno é so representación, so a vontade é cousa en si; é o máis íntimo, o núcleo de todo o individual e tamén do Kosmos; a vontade do Ser. 
      A vontade do Ser está fóra do principio de razón e carece de causa; pero cada unha das manifestacións está subordinada ao principio de razón. A vontade da persoa, sen embargo, é libre e independente, e está suxeita ao principio de causa-efecto; toda necesidade está suxeita a un antecedente baixo o principio de razón, que é a forma xeral de todo fenómeno e o ser humano está sometido a el en todos os seus actos. A vontade da cousa en si se proxecta a través da conciencia. A persoa, como manifestación da vontade do Ser adquire liberdade como fenómeno sometido ao principio de razón. É libre na súa conduta para comezar en calquera momento un novo xénero de vida ou, o que é o mesmo, a ser o que queira ser. É obvio que está sometido á necesidade, pero isto só é unha fase precisa para medrar a través do coñecemento  (intellectus). 
    Os individuos, nacen, morren, sempre están chegando a ser e nunca son totalmente; non son máis que ideas que proceden da cousa en si, o Ser (as ideas de Platón). A materia cambia constantemente de forma en canto os fenómenos mecánicos, químicos, orgánicos, seguen o fío da causalidade;  Bacon afirma que todos os movementos mecánicos e físicos dos corpos se verifican logo dunha percepción previa destes. O observador posúe liberdade para transmudar a forma (a Realidade). A idea que se reflexa na materia obedece a parámetros instituídos polo observador (o ser humano) que converte o mundo nunha inmensa fábrica para o seu uso, convertendo ao home en homo homini lupus. A loita cósmica non é máis ca unha representación da loita entre os humanos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario