APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 21 de junio de 2015

A PAIXÓN

"Adopta una virtud si no la tienes. 
La costumbre, ese monstruo que devora todos los sentimientos, 
siendo un demonio en materia de hábitos, es un ángel, 
porque para ejecutar acciones bellas y buenas 
lo mismo nos da un sallo o librea, 
que se ponen fácilmente." Hamlet (W. Shakespeare)

     O bonum summun é a felicidade, que é a actividade da alma. O costume e a educación modelan o acto convertíndoo en acto moral. Calquera idea que proceda da alma é moral e debe realizarse convertida en acto. So é inmoral o acto que vai dirixido contra a vida. Deste xeito, adquirindo unha boa educación e bos costumes atopamos pracer executando as accións. A paixón é o punto de encontro da alma co corpo. Unha acción na que a alma inflúe sobre o corpo, que se anima e se transforma encarnado noutro mundo para levar a cabo as accións da ánima. As paixóns son boas na súa natureza; coñecer e comprender a regra que as modera é fundamental para convertilas en accións e encamiñalas á fin axeitada.
    Non hai acción sen paixón. As paixóns non son inimigas da ánima, senón instrumentos afectivos; episodios necesarios para facer o camiño. A paixón, leva dentro de si o ímpetu que a leva a existir; persiste en certa potencialidade de ser constantemente renovada. Non intentamos, apetecemos, nin desexamos algo porque o xulgamos bo, senón que, pola contra, xulgamos algo bo porque o intentamos, apetecemos e o desexamos. Primero queremos e logo xulgamos. As paixóns perseveran no ser. A paixón non é cega, posúe algún tipo de discernimento. Unha idea confusa que insufla no corpo unha forma de existir máis intensa. Sentir paixón é unha forma de percorrer máis breve e intensa cara un saber que non pode proporcionar a ciencia.
     A opinión aristotélica de que a máis alta virtude é para os poucos, está en conexión lóxica coa subordinación da ética á política. O propósito da política non é a boa comunidade, senón o bo individuo. Un bo presidente non é máis digno de respecto que un bo albanel. O mérito moral non concerne únicamente aos actos volitivos. So se trata de considerar morais e virtuosos certos modos de acción. Ondequeira que dous modos de acción son posibles, é a conciencia, a que me indica cal é o apropiado. Unha persoa educada, non é necesariamente mellor que unha ineducada, todo dependerá da educación e o costume. Isto non impide afirmar que a máis alta felicidade está aberta a aqueles que son capaces de discernir o ben a través do intelecto, porque so levan á felicidade as accións que tenden á realización do ben.
     A vontade de perseverar da paixón pode verse frustrada ou realizada; no primeiro caso falamos de tristeza, no segundo de alegría. A alegría acompañada pola idea dunha causa exterior é o amor; mentres que a tristeza acompañada da idea dunha causa exterior é o odio. O pracer está amplamente asociado ao corpo, pero para gozar precisamos algo máis que os sentidos. A percepción non é en si mesma coñecemento. A cualidade do ben é un atributo do Kosmos. Todas as cousas inclúen algo divino e por isto teñen certa capacidade para praceres máis elevados.
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario