APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 4 de julio de 2015

MENTE E MATERIA

"Las ciencias confirman lo que el espíritu presiente". José Martí

      A nova física volve a situar á persoa no esquema do universo e lle atribúe á mente unha posición central na natureza. Cada observación da realidade subatómica desencadea unha transformación apreciable na situación física.  Os mundos macro e microscópico se achan entrelazados; o grande cohexiste co pequeno; e a mente é a que fai que o sistema cuántico evolucione dun xeito determinado.
     Un estrano servilismo obriga ás partículas dotadas de spin a adoptar o ángulo fixado polo experimentador. A partícula parece ler a mente, suxerindo o dominio da mente sobre a materia. Se nos mergullamos no incerto e nebuloso mundo do átomo, o mundo da experiencia racional, rodeado e repleto de sentido común, pasa a ser unha impostura, e a materia concreta dos sentidos, se esvaece en vibrantes esquemas de enerxía cuántica, abríndose a un mundo paradóxico de múltiples e cambiantes perspectivas. 
      O que consideramos obxectos sólidos, non son máis ca unha pantasma vibrante de enerxía. O mundo é un entretecido de relacións que se estenden cara o exterior, no que cada compoñente está unido á realidade da totalidade, incluído o observador. As curvaturas do tempo e o paradóxico comportamento dos cuántos abre novos camiños á confirmación da crenza de que, no mundo que coñecemos, hai máis cousas das que os ollos poden ver. A teoría da relatividade xeral de Einstein afirma que o tempo é elástico e se dilata ou encolle dependendo dos observadores. O feito de que a dilatación do tempo vaia unido á contracción da distancia (espacio), e que non sexa fixo e universal, socava e remove o noso sentido común. 
      Parece que coa nosa presenza seleccionamos unha rexión do espacio-tempo con tres dimensións perceptibles e non somos quen de percibir os dominios dimensionalmente distintos que tal vez existan. As pequenas porcións do espazo son como pequenos outeiros dunha superficie plana. As curvaturas ou distorsións se transmiten dun outeiro a outro coma ondas. A variación da curvatura do espazo é o que ocorre no movemento da materia. No mundo físico non hai nada, excepto esa variación e todas as forzas da natureza son xeometría oculta en acción. 
     O mundo non é máis ca un vacío autoorganizado. Os campos e forzas se explican a si mesmos en termos xeométricos. O constituínte fundamental da realidade, máis ca o espacio-tempo, é o cuanto. Incluso os campos que expresan as forzas da natureza se interpretan como partículas en termos de "mensaxeiros". O mundo parece estar constituido por "cordas" e algúns teóricos atopan na versión das cordas como bucles pechados unha curiosa posibilidade: a existencia de dous mundos distintos. As partículas dentro de cada mundo terían as propiedades habituais, incluída a de interactuar a través das distintas forzas da natureza. As partículas do outro mundo terían a súa propia versión,  idéntica, pero separada desas forzas. Así non se produciría ningunha interacción directa entre as partículas dun e outro mundo excepto na gravidade. 
     O universo estaría penetrado por outro de "sombra", do que non nos decantamos (ambos lle dan forma ao Kosmos). Os cosmólogos saben que hai grande cantidade de materia invisible no universo que causa disrupcións gravitatorias. Compre Atopar o camiño para ir desde as cordas de tres dimensións ao comportamento de baixa enerxía das partículas de catro dimensións. Según a teoría de kaluza-Klein cunha enerxía equivalente a 10 elevado 19 veces a masa do protón (escala de Planck), se manifestarían directamente as sete novas dimensións (de un total de once). Á enerxía da escala de Planck as catro forzas da natureza se fundirían nunha soa superforza e todas as dimensións espaciais terían os mesmos dereitos. A dimensionalidade do Kosmos quedaría exposta en todo o seu esplendor. Podemoslle dar renda solta á imaxinación e pensar no día en que a humanidade controle a superforza. Poderiamos manipular o maior poder do universo porque en última instancia a superforza xera todas as forzas e todas as estructuras físicas; pero, moito me temo que ese poder non está ao noso alcance. 
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario