Falamos dunha persoa que ten palabra como dalguén para o que a palabra é algo valioso, oposto a un mero flatus vocis; é dicir, emitir palabras que non significan nada, nin teñen sentido e intentar convencernos do contrario. O comportamento da persoa de palabra alcanza un explícito recoñecemento; verba sum servanda, o verbo debe ser respectado e gardar a palabra comprometida coma se tivese valor de lei.
Sen embargo, non toda palabra útil, se mostra convinte para satisfacer a fin que se persegue. Hoxe ten paupérrimo valor e se presentan cada vez con menor garantía de fidelidade; de aí a endeblez do espírito da fe e a confianza na xustiza. Deste estado lamentable da palabra teñen moito que ver quenes gobernan os intereses de calquera comunidade e, naturalmente, aqueles que utilizan o discurso como ferramenta de traballo; me refiro aos políticos e aos medios de comunicación, que son os que someten a ultraxe á palabra de cote por incumprimento do dictum da súa palabra.
O perigoso desprestixio causado á palabra retrata a quenes teñen a facultade de elaborala porque, ao desatender a fidelidade e fe que son propias do respecto debido, incluído o gramatical e o sintáctico, relegan o seu espírito ocasionando un importante quebranto na confianza do dereito e a xustiza. Este fenómeno presenta un maior nivel de preocupación se alimenta falsas esperanzas.
É engañoso inducir a crer posible calquera resultado automático desexado. Ningún político debe esquecer que o espírito das leis non ten potestade taumatúrxica e telo moi presente para elaborar o discurso fronte aos cidadáns, para non xerar, máis temprano que tarde, un paulatino escepticismo cara a palabra e para que a palabra dada sirva para algo. Dese xeito quedaría comprometido o respecto cara a palabra dada. Non estaría de máis que os nosos políticos leran máis e voltaran á lectura dos clásicos para habituarse a que o discurso fora transparente, atendera á fidelidade e á fe que lle son debidas e se abrira á comprensión do cidadán da pé.
No hay comentarios:
Publicar un comentario