APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 10 de julio de 2015

"¡GRANDES TITULARES!"

"El futuro de la humanidad está en sus manos. ¡No se achiquen!". Jorge Mario Bergoglio

     Un dos grandes titulares dos medios de comunicación estes días é o de que o FMI (Fondo Monetario Internacional) sitúa a España á cabeza do crecemento dos países avanzados. Isto recórdame a mensaxe que a OMS (Organización Mundial da Saúde) transmitiu hai un par de anos con aquel titular alarmante sobre a Gripe A, polo que países como España investiron miles de millóns en vacinas que logo foron parar ao lixo. Quizais estea relacionado o titular antedito, co feito de que España estea á cabeza dos países europeos en pobreza infantil; que a taxa de paro estea no 22%  (iso nas estadísticas oficiais, a realidade é pior); ou que haxa persoas que teñan que remexer nos contenedores do lixo ou acudir a Caritas para meter un bocado na boca. 
   Os grandes números da Macroeconomía de nada serven para maquillar un mercado laboral no que a precariedade no emprego está a piques de se converter en crónica. A mensaxe dunha España que vai medrar por riba do 2,9% (está por ver que non sexa máis ca unha estratexia para sinalarlle o camiño a Grecia), creando empregos que raian na esmola, non se sostén. Se non mellora a calidade do emprego, de nada serve o crecemento, non sendo para engadir puntos no Ibex-35. É un feito contrastado que nunha crise que case se leva por diante a totalidade do estado do benestar (o pouco que queda costou Deus e axuda retelo), a diferencia entre ricos e pobres medrou, polo maior enriquecemento dos ricos e o maior empobrecemento dos pobres. 
     O futuro de toda unha xeración está en xogo. Un 24% da poboación traballadora ten contrato temporal, unha cifra que só supera Polonia. Se a taxa de paro descende faino porque xa tocamos fondo e se destruíu a maior parte do tecido da pequena e mediana empresa, e as que quedan se vaciaron de persoal, nalgúns casos trocando traballo fixo por temporal a tempo parcial, o que reconvirteu a maior parte dos contratos en medias xornadas involuntarias. Como mostra están os contratos xuvenís e os "ninis". ¡Xa está ben de grandes titulares en medios de comunicación subvencionados! Compre ser serios se non se quere comprometer o futuro laboral a longo prazo.
     Desde que Constantino abrazara a cruz como símbolo para vencer a Maxencio na Ponte Milvio, a igrexa se vestía de "traxe e mantilla" para xustificar o inxustificable; por iso é especialmente chamativo que o Papa Bergoglio, na súa estancia en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia), alarmado da situación de expolio a que se somete á poboación global, chamara a loitar polos dereitos dos desafiuzados do Mundo: "Tierra, techo y trabajo son derechos sagrados. Hai que luchar por ellos. Que el clamor de los excluidos se escuche en Latinoamérica y en toda la Tierra".
     

No hay comentarios:

Publicar un comentario