APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 11 de julio de 2015

"PATRIOTISMO MODERNO"

"Caso tras caso, vemos que el conformismo es el camino fácil, y la vía al privilegio y al prestigio; la disidencia trae costos personales."  Noam Chomsky


    O pasado, presente e futuro do patriotismo moderno pasa polas "portas xiratorias". O acceso á vía pola que circulan os patriotas modernos, sexan políticos, técnicos ou altos funcionarios, se afianza como modelo de prestixio na Eurozona. Unha vía moi fructífera para eles, pero letal para os intereses dos cidadáns. 
    O 40% dos avogados dos Estado se atopan en excedencia. Quizais a explicación teña que ver co que o pasado domingo, Rafael Méndez contaba en El País, que "unha tropa de avogados do estado en excedencia asesora a fondos de inversión estranxeiros que pleitean contra o Estado español. A élite da Administración Pública pode permitirse cobrar un "bo diñeiro" por asesorar contra o propio Estado e logo regresar como o "fillo pródigo" ao cobixo protector do "pai" Estado protector.
    Un avogado do Estado pode traballar na cúpula dun Banco, pasar logo uns anos na sede de Presidencia do Goberno, e voltar logo ao mesmo banco "enriquecido" pola experiencia sen que ninguén se pregunte en que consistiu tal experiencia; quizais participou nalgunha decisión importante que tivera que ver co sistema financeiro, pero parece que é algo asumido polo patriotismo moderno e ninguén se pregunta ren. ¿Quen mellor para discutirlle ao Estado que aquel que coñece ben as súas debilidades?
 Cóntanse por decenas os cargos púbicos que se sentan nos consellos de administración de empresas do Ibex-35. O dominio dos tecnócratas sobre a política non é algo que xurdira por obra e gracia do espírito santo; simplemente xorde como consecuencia do funcionamento das portas xiratorias. No ano 2009, cando se descubriu que as contas gregas foran "maquilladas", sóubose que a manipulación fora posible grazas ao asesoramento técnico de Golmand Sachs, o grande banco de inversións estadounidense. Do mesmo xeito que exdirectivos de Golmand Sachs foran colocados ao fronte do BCE (Banco Central Europeo), e en postos clave do FMI e doutras institucións financeiras. 
   No ensaio de Ignacio Sánchez Cuenca,  "La impotencia democrática" se citan os estudos de Christopher Adolph, un profesor norteamericano, para ilustrar o trasvase de funcionarios das institucións europeas a grandes bancos internacionais e viceversa. É coñecido pola opinión pública que o actual presidente da Comisión Europea, era primeiro ministro de Luxemburgo cando se autorizaban as argucias do grande ducado para funcionar como paraíso fiscal. Que os que describen a Grecia como estado fallido elixan como máximo responsable europeo a unha persoa das características de Juncker define os verdadeiros intereses das institucións europeas, que hai moito tempo que "mercaron" o modelo neoliberal como único ideario da política económica, poñendo os intereses dos bancos por diante dos intereses dos cidadáns. Por certo, xa se saberá porqué e qué consecuencias trae que Alexis Tsipras decidira dobrar os xeonllos, logo de que o pobo dixera rotundamente que non ás medidas da Troika nun referéndum democrático.

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario