APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 21 de marzo de 2013

A TEMPERANZA (VONTADE VS PULSIÓNS)

"Somos lo que hacemos repetidamente. La excelencia entonces, no es un acto sino un hábito". Aristóteles.

Na linguaxe corrente, a palabra temperanza ten certo matiz negativo. Con frecuencia enténdese como freo, limitación ou represión das enerxías vitais. Pero o termo latino temperantia que significa equilibrio emocional, serenidade ante os embates da vida; refírese a "facer un todo harmónico dunha serie de compoñentes dispares". A súa finalidade é poñer en orde o interior da persoa, encamiñar as forzas vitais de xeito que se convertan en fonte de enerxía para a realización persoal.

O equivalente grego de temperanza é sophrosyne, sinónimo de sensatez, mesura, discreción, sabiduría, prudencia, disciplina, moderación e autodominio. A temperanza procura o equilibrio no uso e disfrute da vida e na satisfacción das necesidades básicas: comer, beber, sexo, amor, pertenza...Asegura o dominio da vontade sobre as pulsións e mantén o desexo nos límites da solidaridade. Pola contra, a intemperanza, destrúe a capacidade de percibir os pequenos detalles e impídenos mergullarnos na esencia das cousas, tan importantes para a vida diaria e o crecemento persoal, condenándonos a conformarnos co superficial.

Platón considera que sen sophrosyne non é posible a saúde mental e corporal: "...é a ánima o primeiro que hai que coidar ao máximo se se quere ter ben a cabeza e o corpo". Escribeu no "Cármides" que baixo a acción da palabra pracenteira, a ánima do oínte e consecutivamente o seu corpo, se serean, se esclarecen e se ordenan.

Marco Aurelio escribiu nas "Meditacións": "Fai acopio (...) daquelas cousas que dependen únicamente de tí, a sinceridade, a dignidade, a fortaleza, a moderación, a bondade, a liberdade, a sinxelez, a serenidade e a grandeza de ánimo..."."Non ocupes a mente con pensamentos innecesarios que só son fonte de dor e engaño...".

Para Aristóteles a sophrosyne é o medio para aspirar ao excelente e o excelente e o punto medio ente os extremos que debemos repeler, o exceso e o defecto.

A persoa moderada é dona de sí mesma para tomar o control da súa vida, síntese libre interiormente para tomar decisións, para asumir as consecuencias dos seus actos; a vida recobra os motivos que a intemperanza difumina.


No hay comentarios:

Publicar un comentario