APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 9 de abril de 2013

A COBIZA/A ENVIDIA

A SOMBRA ( I )


 "La envidia en los hombres muestra cuán desdichados se sienten, y su constante atención a lo que hacen o dejan de hacer los demás, muestra cuánto se aburren". Arturo Schopenhauer
A cobiza é universal, deriva da palabra latina "invidia" que significa a consideración de algo con malicia, tamén descontento con, ou desexo das posesións do outro. A Real Academia da Lingua define a cobiza coma tristeza ou pesar do ben alleo e tamén como emulación ou desexo de algo que non se posúe; un sentimento ou estado mental no que existe dor ou desdicha por non posuír o que ten o outro, sexan bens, cualidades superiores ou calquera outra clase de cousas. A cobiza é a nai do resentimento, un sentimento que non busca que a un lle vaia mellor, senón que ao outro lle vaia peor. Non é unha emoción indiscriminada e é especialmente relevante a cobiza que sentimos por aquelas persoas que pensamos que son equiparables a nós en aspectos psicolósicos que consideramos importantes (cobizamos ao próximo, ao compañeiro, ao amigo, ao veciño...).

Algunhas persoas posúen unha "singular constitución moral" que as protexe ante a cobiza, pero a maioría non a posúen. Quizais isto foi o que levou a Miguel de Unamuno a manifestar: "La envidia es mil veces más terrible que el hambre, porque es hambre espiritual...". Non precisa ideoloxía nin doutrina. Podemos ter suficiente comida, roupa, diñeiro para gastos de saúde elementais e para o colexio dos nosos fillos e a pesares disto, sentimos cobiza. Ata os "elexidos polo fado" nunca teñen suficiente: non teñen suficiente fama, nin suficiente éxito, nin suficiente diñeiro, nin suficiente recoñecemento.

A cobiza xorde dun sentimento de vacío interior que tentamos encher buscando fóra de nós o que pensamos que nos falta. Cando non somos quen de recoñecer o que somos nin de valorar o que temos, considerámonos incapaces e inútiles. Séntímonos defectuosos e incompletos e pensamos inxenuamente que posuíndo o que os demais teñen, seremos felices (cobiza de facer). Sentimos unha profunda desconexión co noso ser esencial, coa nosa identidade persoal e xorde a cobiza de ser. Polo que, ao non saber quen somos, adicamos a vida a observar aos demais, tentamos imitalos e nos alonxamos máis de nós mesmos.

A cobiza é unha emoción eminentemente social, posto que as reaccións afectivas inducidas prodúcense por comparación cos outros, e os pensamentos e as condutas manifestas están dirixidas en contra das persoas que dispoñen do que carecemos. É moi difícil que alguén admita padecela, especialmente porque con ela se asume que se cobiza o que teñen os demais, pero tamén porque se recoñece implícitamente inferioridade respecto da persoa que posúe o que se anhela. Normalmente, a cobiza ven acompañada doutras emocións como a ira e a infelicidade que favorecen os sentimentos de inferioridade e de culpa e fomentan as reaccións de hostilidade que desvirtúan a realidade.

Cabe preguntarse se se pode combater a cobiza. Seguramente é unha tarefa absurda, sobre todo cando se converte nun movemento social. Pero no que atinxe á cobiza individual, tal vez se poida debilitar a traveso da razón e a intelixencia. A intelixencia resulta aquí indispensable porque a comparación social é un dos procesos máis relevantes implicados no noso autoconcepto e na nosa autoestima que son fundamentais para medrar como persoas. Cando percibimos que os outros nos superan en habilidades, logros, ou calquera outra variable psicolóxica relevante, provócanos cobiza, pero se foramos quen de valorarnos, de compartir no lugar de competir, de enriquecernos interiormente no lugar de avaliarnos e compararnos constantemente co alleo trocariamos a cobiza por satisfación persoal.

A cobiza non perxudica a aquel a quen vai dirixida, xa que poderá pasala por alto con so ver que o cobizoso/a non fai máis que poñerse en evidencia e en ridículo. É ao propio cobizoso ao que lle provoca tormentos, deixando ao descuberto a súa pequenez, aínda que a cegueira non lle permita decatarse. Antístenes dí que: "o propio carácter (dos cobizosos) os corroe tanto como a ferruxe ao ferro...".
 
"A veces hay necesidad de alguien más pequeño que uno". La Fontaine

No hay comentarios:

Publicar un comentario