APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 30 de abril de 2013

A FORMACIÓN DE IMPRESIÓNS


"Prefiero que la gente me odie por ser quien soy a que me ame por lo que no soy". Kurt Cobain

O concepto de "si mesmo", autoconcepto ou "self" é a visión que temos de nós mesmos. Mediante a autopercepción somos quen de recoñecernos e reflexionar sobre nós mesmos; é dicir, reflexionar sobre as características e as cualidades que posuimos  e os estados interiores que nos atribuímos e que sentimos, o que nos permite formarnos unha idea de como somos e que xirará en torno ao concepto do "yo" e a autoestima.

O sentido de permanencia ao longo do tempo será fundamental para modular a tendencia que temos a formar unha impresión das persoas coas que nos relacionamos a cotío por medio da percepción. Seleccíonamos os datos que nos chegan do exterior facilitando o almacenamento e a recuperación na nosa memoria, pero tendemos a ir máis aló da información obtida, queremos predecir os acontecementos futuros e, dese xeito, evitar e reducir as sorpresas.

A nosa actitude cara determinadas persoas ou cousas vai depender da experiencia pasada, das nosas crenzas preconcebidas e das nosas expectativas e metas que modelarán a nosa impresión global. Ainda que teñamos pouca información, tendemos a formar unha impresión "completa" e global das persoas. Un rasgo que causa en nós un grande impacto pode actuar como un rasgo central ou, ser un rasgo sen interés no caso contrario. Se o primeiro que percibimos é un rasgo positivo, deixará unha imaxe máis favorable. Fixarémonos primeiro no atractivo físico, na personalidade e na procedencia e tenderemos a buscar con maior afán os elementos invariantes, pero ollo, porque as persoas temos atributos que non son observables a primeira vista. En xeral tendemos a probar e comprobar que a outra persoa se axusta á norma e que comparte os nosos valores, pero teremos en conta que homoxenizamos excesivamente a información percibida  distorsionando algúns datos e interpretando outros cando son disonantes coa interpretación global que facemos en función do noso interés, é o que se chama "efecto halo".

Segundo Salomon Asch, as nosas impresións respecto aos demais formámolas sobre a base da información máis importante, do rasgo máis central e relevante, desprezando outros máis periféricos ou dependentes. As características físicas e sociais e o valor que ten a persoa para nós, influirán na nosa percepción e formación de impresións e a valoración que fagamos do primeiro contacto determinará os acontecementos posteriores. Evidentemente debemos ter en conta que a persoa tentará "venderse" e amosar a súa mellor "cara" para controlar a información que presenta e influir na nosa formación de impresións e no noso comportamento.
"La belleza y la fealdad son un espejismo porque los demás terminan viendo nuestro interior". Frida Kahlo

No hay comentarios:

Publicar un comentario