APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 30 de abril de 2013

"A XUSTIZA"



"Si la justicia existe, tiene que ser para todos; nadie puede quedar excluido, de lo contrario ya no sería justicia." Paul Auster

O concepto de justicia constitúe unha das pezas básicas e máis complexas da linguaxe moral. Na linguaxe común intúese que as persoas deben recibir o trato que se merecen. "Dar a cada quen o seu", como diría Ulpiano. Ao principio, o termo xustiza estivo relacionado con xuntura, xusteza ou axuntamento de cada un dos seres coa orde ou cosmos. Para os gregos esa orde era a Phisys, que incluía á Polis. A xustiza non é algo que poidamos esperar senón algo que debemos buscar e percurar. A tendencia actual de establecer unha estreita relación entre xustiza e lei derivou na aplicación de normas e regras que beneficiaron a unha élite en detrimento do pobo. Polo que o criterio de xustiza non se pode limitar ao ámbito legal, xa que xusto non é o mandado, senón o debido.

Para Aristóteles a xustiza é igualdade proporcional e para Platón a xustiza é a virtude na que conflúen todas as demáis e está baseada na idea de ben que lle dá harmonía ao mundo. A traveso da xustiza, chegaremos á "felicidade" por medio da prudencia, a templanza e a valentía. 

Existen principios éticos e xurídicos universais, ahistóricos e independentes da vontade humana que proveñen do Logos, natureza divina ou racional do Ser que poden ser coñecidos polo ser humano co uso da razón, a intuición e a intelixencia e deben servir de criterio de xustiza na creación das leis. Sen embargo, o dereito termina sendo un fenómeno histórico cuxo contido depende das circunstancias concretas do tempo e o lugar onde se desenvolva e será reemprazado polos mandatos emanados do "soberano" para, segundo Hobbes, protexer ao home do resto dos homes; o lobo pasa a ser o "soberano". Coa excusa de ofrecerlles aos cidadáns a máxima "felicidade" e de protexer con leis a forza común e os dereitos dos cidadáns, refórzase cada vez máis o poder do soberano que pasa a ser inviolable e non suxeito a responsabilidade.

Segundo Hart e Nino, hai certos principios de xustiza universalmente válidos que se poden coñecer a traveso da razón humana e, no caso de que algún sistema ou norma non se adecúe a eles, non poderán ser utilizados como xurídicos. Os que hoxe se chaman "dereitos humanos", non son máis que unha nova forma de dereito natural cuxa validez se considera independente do que dispoñen as normas que integran o dereito positivo. Son facultades e poderes innatos ao ser humano que os ten polo feito de selo. A natureza da que se derivan os principios universais é a natureza do cosmos ou ben a natureza de Deus, da sociedade ou da historia, pero máis frecuentemente o é a natureza da persoa en particular como ser racional. H Grocio dí que o dereito natural vale aínda que se admita que non existe Deus, ou que, se o hai, non se interese polos asuntos dos homes e as mulleres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario