APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 11 de abril de 2013

O FADO/ O DESTINO


A vontade ( I )

 "Entra precisamente en los designios de la naturaleza que la voluntad llegue a la luz, pues solo con la ayuda de la luz puede conseguir la liberación". Arturo Schopenhauer
O Ananké era para os gregos, unha forza superior non só aos homes, senón aos mesmos deuses. O destino era personificado pola deusa Moira, rebautizada como Fátum na mitoloxía romana. O Fado (Fátum ou Sino), definiría ao poder sobrenatural, inevitable e ineludible que guiaría o destino da vida humana e a de calquera ser a unha fin necesaria. Para o estoicismo, fundado por Zenón de Citio no ano 301 a.C., o universo é un todo harmonioso e causalmente relacionado que se rexe por un principio activo, o Logos ou Pneuma ("Sopro", Spíritu en latín), alento ígneo, natureza (Physis), necesidade e Moira, principio cósmico e universal do que todo ser humano participa. Os estoicos pensaban que se pode acadar a liberdade e a tranquilidade tan só, sendo alleo ás comodidades materiais, á fortuna externa e dedicándose a unha vida guiada polos principios da razón e a virtude.

Platón, no décimo libro de "Las Leyes", cita á Divina Providencia que será utilizada por S. Agustín, no libro oitavo de "La Ciudad de Dios" para afirmar a existencia da providencia da divinidade e que actuará coma unha verdadeira personaxe na literatura posterior infuenciando os eventos. I. Kant, diría: "Poco imaginan los hombres (...) que, al perseguir cada cual su propia intención según su parecer y a menudo en contra de los otros, siguen sin advertirlo -como un hilo conductor- la intención de la naturaleza que les es desconocida. Y trabajan en pro de la misma, siendo así que, de conocerla, les importaría bien poco. Para Hegel: "En la cumbre de todas las acciones (...), se hallan subjectividades que realizan lo sustancial. En cuanto formas vivientes de la acción sustancial del espíritu universal (...), esta acción se les oculta a tales individuos y no es su objeto ni su fin". A idea dunha necesidade natural que rexe a todos os fenómenos e que se explica pola causalidade é un tema recorrente para Schopenhauer: "Que todo cuanto sucede tiene lugar, bajo la más estricta necesidad, constituye una verdad que se puede comprender a priori y, por consiguiente, de modo irrefutable...".

O Tao (Logos grego), é a orde natural  para os taoístas, que flúe lentamente, pero que nunca se detén. O Tao e o Chi, que é a enerxía universal, van da man. O Tao é o fluxo do Chi, o "camiño", a esencia primordial ou o aspecto fundamental do universo, o Dharma para algunhas relixións dhármicas como o Budismo, o Hinduísmo ou o Yahinismo; é a roda universal á que están unidos os individuos polo Karma, enerxía transcendente, invisible e inmensurable que se deriva dos seus actos. De acordo coas leis do Karma, cada unha das sucesivas reencarnacións quedaría condicionada polos actos realizados en vidas anteriores. O Karma explica os dramas humanos como a reacción ás accións boas ou malas realizadas no pasado máis ou menos inmediato. Isto traería como consecuencia que a persoa debería tomar conciencia de sí mesmo, o que lle permitiría aprender do sufrimento, dominalo e quitar proveito del para desenrolar unha vida plena.

O decurso da vida dunha persoa, por moi confuso que pareza, constitúe un todo en harmonía consigo mesmo e posúe unha tendencia, un destino determinado. Pero existe unha causalidade obxectiva do curso da natureza e unha causalidade subxectiva que só existe para cada individuo. Só a vontade é libre, dela se desprende o noso actuar e o do mundo. A liberdade equivaleria a ter o coñecemento do inexorable, do Hades, a comprensión do destino que lle permitiría ao sabio aceptar a orde cósmica e, en consecuencia actuar, non polo efecto dunha coacción, senón pola súa vontade consecuente con ese coñecemento do Fado.
Tapiz flamento que representa ao destino: As tres Moiras gregas (Parcas latinas e Normas nórdicas): Cloto fía a febra da vida, Láquesis mide coa súa vara a lonxitude da vida e Átropos corta o fío da vida.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario