APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 16 de abril de 2013

O NOSO SISTEMA DE CRENZAS

A vontade ( II )

"Da el primer paso con fe. No tienes por que ver toda la escalera. Basta con que subas el primer peldaño". Martin Luther King


Para a psicoloxía cognitiva, a forma de percibir a realidade está determinada polas nosas crenzas e actitudes. Unha crenza é un estado da mente no que a persoa ten como verdadeiro o coñecemento ou a experiencia preto dun suceso ou dunha cousa. F.P. Ramsey dí, que ven a ser coma un mapa gravado no ADN ou en determinadas aprendizaxes que nos orientan no mundo para achar a satisfacción das nosas necesidades.

Os individuos se agrupan en torno a un conxunto de ideas cun potencial de verdade que van acumulando como saber e que constituirá o entramado social e cultural que xustifica a identidade das persoas que comparten crenzas similares. As nosas actitudes son crenzas cargadas de emoción que nos predispoñen a actuar de forma congruente con elas. As máis importantes son as referidas a un mesmo e están relacionadas coa autoestima, as que se refiren a outras persoas e as que teñen que ver coas relacións interpersoais que están relacionadas coas habilidades sociais.

O sentimento de certeza sobre o significado de algo, unha afirmación persoal que consideramos verdadeira, fórmase a partires das ideas que confirmamos ou cremos confirmar a traveso das nosas experiencias persoais. En moitos casos son inconscentes e afectan á consideración que temos de nós mesmos, dos demais, das cousas e das situacións que nos rodean. Tendemos a pensar que as nosas crenzas son universalmente certas e esperamos que os demais as compartan, pero non nos damos conta que o sistema de crenzas e os valores son algo exclusivamente persoal e en moitos casos moi diferente do dos demais.

A realidade que vivimos é unha elaboración mental nosa, o que fai que a vida sexa un manantial de esperanza para uns, un mundo cheo de alternativas para outros ou, unha inevitable fonte de sufrimento. As crenzas teñen unha forza moi poderosa no noso comportamento. Algunhas sérvennos como recursos pero outras limitan a nosa enerxía bloqueándonos. Poden modelar, influenciar e incluso determinar o noso grao de intelixencia, a nosa saúde, a nosa creatividade, o xeito en que nos relacionamos e o noso grao de "felicidade" ou de éxito.

As ideas chegan a nós e as aceptamos a priori, sen cuestionalas, coma o que cre que mañá sairá o sol. Ímolas interiorizando e van ocupando un espazo cheo de enerxía no noso interior. Proceden do que nos dixeron, do que oímos, do que vivimos. Pensamos que é a nosa "forma de ser", pero son o efecto doutras persoas e situacións: compañeiros, amigos, educadores, pais, medios de comunicación. Para un neo que medra nun contorno de violencia e marxinación, situacións de violencia, abuso e marxinación serán "normais" porque é do que se alimentou o seu sistema de crenzas. Por iso, será moi importante desenrolar un bo "sistema crítico" para modelar axeitadamente o noso futuro sistema de crenzas.

Existen ideas globais como: "a vida é bonita", "a vida é dura", "eu son así", "os homes son un desastre", "os cans son perigosos",  e regras: "se teño un bo coche a xente terame en conta", "se teño ingresos fixos terei seguridade". Algunas destas ideas e regras potencian a confianza en nós mesmos e a nosa capacidade, permitíndonos afrontar con éxito situacións complexas, pero outras réstannos enerxía e limitan o noso desenrolo persoal. As crenzas-actitudes que máis dano nos fan son as esixencias que fan que cando non se cumpre o que esiximos reaccionemos pensando e sintindo que é terrible, que non podemos soportalo, o que vai acompañado de odio cara nós e cara aos demais. No outro polo están os nosos lexítimos desexos e preferencias que debemos esforzarnos para que se cumpran, pero se non é asi, temos que aceptalo de bo grao quedando libres para centrarnos nas nosas posibilidades e disfrutar delas.

Se carecemos dun bo sistema crítico para modelar un axeitado sistema de crenzas, sentirémonos incapaces, estaremos bloqueando calquera oportunidade de desenrolar novas competencias e habilidades. A crenza e a súa conculcación e un poderoso instrumento de poder que será o filtro a traveso do que interpretaremos a realidade, por iso podemos dicir que para triunfar, debemos crer nelo. Posto que non podemos saber que é a verdade, temos que formarnos un sistema de crenzas axeitado utilizando a fe como instrumento para construir a nosa verdade. Aprender a coñecernos e coñecer cales son as claves das nosas crenzas esenciais para conseguir o control das nosas vidas, fomentar aquelas que nos potencian e trocar aquelas que nos limitan.

Para Bertrand Russell non existe método capaz de salvagardarnos da posibilidade de errar. A aspiración dunha seguridade absoluta constitúe unha das trampas en que caemos continuamente. Na opinión de Platón, o coñecemento non pode ser simplemente unha opinión verdadeira acompañada dunha explicación, senón que se trata dun coñecemento absolutamente necesario que lle da razón ao por qué das cousas. Isto só é posible mediante o concurso da dialéctica e da intuición intelectual, xa que para que haxa coñecemento é necesario intuir as formas intelixibles e entender a orde racional con que están estructuradas, tendo en conta que proveñen da idea de ben e que remiten a ela.

"La fe es una conquista difícil que exige combates diarios para mantenerla". Paulo Coelho

No hay comentarios:

Publicar un comentario