APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 25 de octubre de 2013

O PODER DA ATRACCIÓN

"Pienso, luego existo." R. Descartes

Todo o que nos sucede atraémolo nós mesmos á nosa vida sen decatarnos porque non somos conscentes de que os nosos pensamentos e a nosa mente está concentrada nos acontecementos negativos ou positivos que vivimos. A forma máis sinxela de entendelo é pensar en nós mesmos coma se foramos imáns que atraen o que o pensamento e a mente está pensando. O que o noso pensamento e a nosa mente proxecta, faise realidade. Normalmente respostamos aos acontecementos e retroalimentamos o que sucede a continuación.

"Cualquier cosa que la mente pueda concebir, puede ser lograda." W Clement Stone

Por inercia histórica, a maioría de nós erguémonos pola mañán pensando no que non queremos e atraemos unha e outra vez eses acontecementos negativos dos que queremos fuxir. Se estamos rodeados dunha montaña de débedas enviamos un sinal de angustia e desesperación que alimentarán sucesos angustiosos e desesperantes, creando unha espiral incesante de efectos non desexados na nosa vida.

Temos que crer para crear. Cada vez que temos un pensamento está en proceso a creación dun acontemento. Trátase de poñer toda a nosa atención no que desexamos e loitar para conseguilo, poñendo toda a nosa fé nelo, eliminando medos e dúbidas. Se pensamos dese xeito, proxeitaremos unha imaxe nova de nós, positiva e satisfeita, e atraeremos situacións positivas e persoas positivas. Existen ao noso redor todas as posibilidades para vivir a nosa vida, só temos que elexir unha e concentrarnos nela para vivila axeitadamente. Será coma un bucle que retroalimentará a nosa experiencia como queremos que sexa.

Debemos entusiasmarnos co que facemos, vivir con paixón, alegres e agradecidos polo que somos e polo que facemos. Ser un e estar en harmonía co que queremos e co universo. Cando a intuición empuxa desde dentro, deixémola actuar.  Conscente ou inconscentemente a mente estalle dando forma ao que percibe. Somos os creadores da nosa propia vida. Normalmente imos co piloto automático posto e non temos o control sobre os acontecementos.

"La imaginación lo es todo. Es la vista previa de lo que la vida va a atraer." Albert Einstein

A intelixencia emocional é a ferramenta que che axuda a comprender os acontecementos e a conducir o teu pensamento cara o que realmente queres para conseguilo. Os teus pensamentos orixinan os teus sentimentos. Simplifiquemos as emocións en dous polos: sentirse mal ou sentirse ben. As emocións negativas fan que nos sintamos mal, tanto se lle chamamos culpabilidade, enfado ou frustración leva a un estado de insatisfación e desesperación. Por outro lado, o que nos fai sentir ben, sexa a esperanza, a felicidade ou o amor, deben estar en consonancia e en harmonía co que queres. Os sentimentos positivos son un mecanismo de retroalimentación, un reflexo do que está por vir. 

Podes sentir saúde, felicidade, amor, porque o universo corresponderá á natureza do teu sentimento. O que penses, o que sentes e o que se manifeste será siempre igual: "...do que sementes colleitarás...". Non sabemos cando nin como, pero se nos mostrará se non abandonamos. 

A nosa fisioloxía produce enfermidade como resposta aos malos pensamentos e ao desequilibrio. A enfermidade non pode vivir nun corpo cun equilibrado estado emocional. Pensemos no "efecto placebo". Todos sabemos que consiste nunha pastilla azucarada sen ningún principio activo que incida sobre o noso organismo para curarnos. É a nosa mente a que cré que pode curarnos e é ela a que nos cura. 

"Creas tu propio universo sobre la marcha". W. Churchill

Neste mundo globalizado, creamos pensamentos de loita contra e anti constantemente, hai unha loita anti-terrorista, unha loita contra a fame, unha loita antitabaco..., etc. O que non fai máis que alimentar aquelo contra o que se loita: o terrorismo, a fame, o tabaquismo..., etc. O problema non se resolve loitando contra, senón acercándose a..., o amor o une todo, o odio e a violencia o separa.

"A lo que te resistes persiste". Carl Jung 

"Sigue tu dicha y el universo te abrirá puertas donde solo había muros." J. Campbell










No hay comentarios:

Publicar un comentario