APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 28 de octubre de 2013

A REENCARNACIÓN


¿Poderán as malas accións desta vida levarnos, nunha vida futura, a un nivel máis baixo, en forma de insecto ou animal e, seremos recompensados polas nosas boas accións nunha futura reencarnación?

A ánima dota a todos os seres, animais, prantas e persoas, de movemento propio. Platón consideraba a Alma como a dimensión máis importante do ser humano. Segundo o "Timeo" a ánima estaba composta do idéntico e o diverso, sustancia que o demiurgo usou para crear a ánima cósmica e os demais astros. No "Fedón" vese como unha sustancia que busca desligarse dos límites e os conflictos que xorden pola súa unión co corpo. e que poderá vivir de forma plena a partires do momento da morte. Para Aristóteles a ánima configura a materia nun corpo natural organizado. Así se forma unha unidade sustancial composta de materia e forma. Alma e corpo son inseparables no ser vivinte.

Parece, segundo os documentos antigos, que a alma non está destinada só ao ceo ou ao inferno. Pudera ser que a alma se reencarnara noutra vida. Hai quen cré que a nosa vida actual é unha combinación de todas as experiencias pasadas. Desde a "Idade de Pedra", moitas sociedades primitivas enterraban aos seus mortos en posición fetal, disposto para volver a nacer. O hinduismo é a relixión máis antiga das que se practican e na que a aceptación da reencarnación é fundamental. O obxectivo último recibe o nome de Karma, sempre que nos quede Karma seguiremos reencarnándonos para cumplir a lei de causa-efecto. É preciso romper a cadea que nos ata ao interminable ciclo de reencarnacións para permitir que a alma escape do Samsara (ciclo de nacemento, vida, morte e encarnación) e volte ao Ser. O Jainismo e o Budismo son variantes do anterior.

A crenza occidental na reencarnación procede dos Exípcios. O faraón Amenemhat I da Dinastía XII que gobernou o País hai aproximadamente 4.500 anos, era coñecido como "aquel que repite os seus nacementos", propoñendo unha tentadora visión sobre a reencarnación. Os gregos e romanos atribuiron a crenza a un místico chamado Thot Hermes. Algúns cren que foi o autor do "Libro exipcio dos mortos". Os xeroglíficos e a arte dalgunhas tumbas e criptas exípcias representan con frecuencia a alma coa forma dun paxaro con cabeza humana chamado Ba. Despois de 3.000 anos de reencarnarse baixo forma de vida vexetal ou animal pensaban que tiñan dereito a renacer no corpo físico dun ser humano.


Foi en Grecia onde se anfianzou a crenza da reencarnación da alma. A deusa Psique tiña fama de ser un dos seres máis encantadores de todo o panteón dos deuses. O seu nome tamén foi utilizado para describir a un dos seres máis enigmáticos da natureza: a avelaiña ou volvoreta. Dado que a volvoreta (mariposa) nacera nunha forma máis baixa de vida como oruga, os gregos tamén utilizaron a palabra Psique para designar a alma, facendo fincapé  na capacidade da alma para emigrar dunha forma de existencia a outra superior máis perfecta. En todos os procesos naturais observamos este encadeamento e transformación: Cando algo arde, se transforma en calor, cando flúe a auga vai a algunha parte e cando ferve se transforma en vapor...etc..

Un dos firmes creintes na reencarnación foi Pitágoras. Dicían que posuía penetración mística na natureza e a orixe da vida. Afirmaba que vivira moitas vidas e que Mercurio, o deus da sabiduría, o imbuira coa visión de todas as reencarnacións. A súa crenza na reencarnación da alma foi ampliada por Sócrates, Platón e Aristóteles. Pero ainda que a reencarnación era proclamada polos máis admirados pensadores da civilización occidental, foi suprimida durante séculos ou permaneceu en estado latente.

Existen referencias bíblicas á reencarnación nos textos do éxodo e no libro dos salmos. Algúns místicos xudeos pensaban que existían ciclos de 1000 anos de duración entre as reencarnacións físicas da alma. Na Cábala xudea, que significa recibir, se mostran tres aspectos da alma: a vexetativa, a espiritual (alma emocional) e a superior endiosada e intelectual. Coa morte se preparan para separarse do corpo. No século XV xeralizouse o concepto de reencarnación xudea, pero no ano 1492, foron expulsados de España polos reis católicos dispersándose por Europa e co nacemento da era moderna e a necesidade de ser aceptados polo sistema científico de occidente a crenza na reencarnación foi suprimida converténdose en algo oculto.

Tamén existen referencias á reencarnación nos textos do "Novo testamento" (Cristianismo), pero foi o Emperador Constantino (San Constantino), quen logo de ter unha visión do que dicía ser o signo cristiano (unha cruz) que levaría como lema para derramar o sangue dos seguidores de Maxencio, instituiría o Cristianismo como relixión do Imperio e o que, no Concilio de Nicea, aproximadamente no ano 325 despois de Cristo, lle daría o golpe de gracia á crenza na reeencarnación, advertindo que non era bo para os intereses do imperio que a xente crera na reencarnación, era preciso que crera que só existe unha vida futura e que a calidade desa vida estaba determinada polo sometemento ás ordes da igrexa.










No hay comentarios:

Publicar un comentario