APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 26 de marzo de 2014

CRÍTICA DA RAZÓN (I): ¿QUE SON?

"Homo animal rationale quia orationale...". Hobbes



Para Kant a razón humana está condicionada pola finitude e ligada á sensibilidade coa limitación do coñecemento á experiencia posible e ao simple fenómeno. Tras a viraxe trascendental de Kant só será posible derribar a autolimitación da razón e recuperar o hourizonte absoluto do coñecemento se o ser humano se establece a si mesmo como algo absoluto. Fichte e Hegel convirten o suxeito finito no elemento de desenrolo do espíritu absoluto.

Anteriormente Heráclito caracteriza ao ser humano pola percepción do logos; é dicir, do sentido e a lei do mundo. É por medio do pensamento que posúe a facultade de entender o sentido dos acontecementos e lle permite a posibilidade de penetrar os contrastes do mundo e adentrarse na verdade do Ser. O home "é a medida de todas as cousas" segundo Protágoras. Existe unha verdade eterna e vinculante por riba de todos os cambios do mundo sensible que intuimos esperta a nosa conciencia. A alma é o principio esencial e constitutivo do corpo.

O cristianismo logrará darlle á dimensión histórica un lugar de diálogo entre Deus e o home como marco da acción salvífica divina sobre a humanidade. É así como a historia alcanza o significado de salvación eterna. Nietzsche sacrifica a singularidade do acontecemento histórico ao eterno proceso circular e a liberdade de decisión histórica queda aplastada pola necesidade do acontecer universal. A necesidade constitúe o hourizonte derradeiro que todo o abarca e desde o cal o home se entende a si mesmo e aos acontecementos, polo que o ser humano se debatirá entre o ser absoluto e impersoal que o trascende e o Deus persoal que se revela na historia.

Con Bergson experimentamos a vivencia do tempo e que a realidade viva non se capta racionalmente. A dinámica da vida fuxe do estatismo do concepto. A fluencia da vida acontece por intuición directa. É unha vivencia comprensiva (Dukthey). Explicamos a naturaleza, pero entendemos a vida anímica. A finitude e a continxencia, a angustia e a preocupación, o fracaso, o ser-para-a-morte (Heidegger) deslizan silenciosamente os cambios da superficie que nos conducen á nulidade e ao sinsentido da existencia que é esencialmente temporal, constante devir histórico que se realiza no esquema constante das innumerables posibilidades do Ser. O home tropeza unha e outra vez coas súas propias limitacións. A única postura e tarefa posible é a vontade de verdade que apunta cara a trascendencia e que non podemos entender con conceptos racionais, só está aberta á intuición e se chega a ela mediante os símbolos. O obxecto se constitúe na conciencia (Husserl).

A antropoloxía debe ser logos e mythos explicada polo discurso histórico do conscente e o inconscente.  A persoa é un "animal rationale" e un "animal linguísticum".  A linguaxe aparece como "organon e criterio", como protofenómeno de mediación. H. Plessner ve na linguaxe o medio xeral de contraste das nosas experiencias típicas como o amor e o odio. Por medio da linguaxe utilizamos unha perspectiva do outro a base de dramatización e exposición da nosa experiencia. A linguaxe representa a liberdade humana condicionada. O ser humano e a linguaxe que o representa son ao mesmo tempo mediador e mediado, obxecto e suxeito, condicionante e condicionado.

Alma e corpo forman un sistema trascendental intuitivo que expresa as condicións de posibilidade do ser humano. A persoa non ten sentido e intelixibilidade senón sobre o baremo trascendental dun corpo e a súa correspondente estructura anímica. O corpo é a expresión das estructuras empíricas do humano, mentres que a alma constitúe a designación da súa estructura psíquica. A composición do corpo e a alma forman a categoría dialéctica do ser humano. É a mesma correlación que presenta a linguaxe a traveso da conciencia como logos dialéctico da materia e a forma. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario